Skip to Content

Monthly archive

EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

 

 

Lectura poemas de Faustino Rey Romero

O día no que se celebrou o Magosto tivo lugar a lectura de poemas de Faustino Rey Romero en Radio TUI.

Algúns nen@s de 6º foron os encargados de facelo en representación do cole. Pasáronno moi ben e tiveron a experiencia de participar nun programa de radio local e de ver o seu funcionamento.

 

 

Poemas de Rey Romero

A PAZ

En relación con esta conmemoración participamos en diversas actividades: 

  • SEMANA DA COCIÑA

A semana do 24 ao 29 de xaneiro celebrouse a semana da cociña, no que tamén participou Infantil, e en colaboración coas familias, xa que viñeron pais e nais dos alumnos do cole a falarnos do seu país, a amosarnos a súa bandeira e a ensinarnos receitas típicas destes países. Receitas que eles mesmos prepararon e cociñaron e que logo nós, probamos.

      

    

     

 

  • APERTAS NA CORREDEIRA

Logo, o 31 de xaneiro despois de gozar da sesión de maxia, fomos cunha pancarta que iniciaba o desfile  e que amosaba que REGALABAMOS APERTAS. Tamén, fomos cos nosos colares co lema de DAME UNHA APERTA e dirxímonos á corredeira onde soltamos globos, vimos soltar a pomba branca, símbolo da paz, e regalamos apertas.

 

     

    

 

 

 

1 EURO POR KM. SOS CUERNO DE ÁFRICA

O Ceip Nº2 de Tui participou o día 17 de outubro na xornada organizada polo Concello de Tui e xunto co Cra Clara Torres na  campaña:

 

1 EURO POR KM S.O.S

CUERNO DE AFRICA

  

Este proxecto 1 euro por km pretende dar a volta a España correndo por relevos recadando fondos para axudar na loita contra a fame e denunciar o abandono e neglixencia dos gobernos ante a magnitude desta traxedia.


 O cole indo cara á catedral

 

Participaron nesta xornada os Alumnos de 4º, 6ºA, 5ºC, 5ºB e 5ºA que recibiron e  acompañaron aos corredores dende o Centro Interfederado ata a Catedral.


Na rúa Sanz o alumnado de 1º e 2º recibiría aos corredores e aos seus compañeiros acompañándoos seguindo con eles ata a catedral tamén, donde tivo lugar o recibimento dos corredores polas autoridades locais, e onde soou o Waka Waka do mundial simbolizando a Africa.

 

 

Os nenos de 1º ciclo do cole

 Os corredores co alcalde  

 

O cole na catedral cos corredores

 


VER CARTEL 1 EURO POR KM.  Clic

Ver máis fotos. Preme Clic

NADAL

 Neste curso preparamos un BELÉN, coa colaboración das familias e na liña común de traballo dentro do proxecto ARCE, na que se representa a eurocidade Tui-ValenÇa. 

 O traballo e o esforzo de tod@s veu recompensado polo gran resultado. Non hai máis que ver como quedou:

 Preme AQUÍ para ver máis fotos


Con isto desexamos a todos un

 BO NADAL E FELIZ ANINOVO

2012!!!!!

 Ademais, dende o Departamento de Música e coa colaboración dos mestres-titores e os especialistas de Inglés, preparamos e cantamos as panxoliñas de NADAL. 

 

  • Infantil 3, 4 e 5 anos - BUSCANDO UNHA ESTRELA

 

  • 1º Primaria - EN NAVIDAD

 

  • 2º Primaria - O APALPADOR

 

  • 3º Primaria - MUÑECO DE NIEVE

 

  • 4º Primaria - RODOLFO, EL RENO

 

  • 5º Primaria - MI BURRITO SABANERO

 

  • 6º Primaria - JINGLE BELLS

 

  • Coro 3º a 6º Primaria - FELIZ AÑO NUEVO, FELIZ NAVIDAD (Só a canción, polo momento)

Despois de participar o 4 de xaneiro no concurso de panxoliñas de Nadal no que obtivemos o 2º premio, celebrámolo cunha gran chocolatada. Preme aquí para ver fotos.

Bibliodetectives

Os nos@s nen@s do cole convertéronse en detectives despois de que no corredoiro aparecera o seguinte cartel:

Despois de investigar tiñan que introducir a súa resposta  na caixiña que hai ao seu carón e todos descubriron que se trataba de Xosé Neira Vilas.

 

Logo, tiveron que seguir investigando que libro publicara hai 50 anos:

Despois de investigar de que libro se trataba, os nenos puxéronse a ler cos profes MEMORIAS DUN NENO LABREGO e realizaron diversos traballos para agasallar ao   autor que nos vai visitar a TUI.


Cursos

 


Neste presente curso 2011-2012, na Educación Primaria contamos con dezasete cursos ou unidades, tres por nivel (agás en 4º Primaria, que son dous):





 



  • Cursos 1º EP

Alumnado do curso de 1ºA:  22


(Titora - Margarita López Portela)


 


 


Alumnado do curso de 1ºB:  22


(Titora - Verónica Martín Alaña)



 


Alumnado do curso de 1ºC:  21


(Titora - Mª  Carmen Vilches Saco)




 



  • Cursos 2º EP

 


Alumnado do curso de 2ºA:  23


(Titora - Eva Alonso Bouzada)



 


Alumnado do curso de 2ºB:  23


(Titora - Dolores Suárez Dopazo)



 


Alumnado do curso de 2ºB:  22


(Titora - Mª  Carmen Morla Bóveda)






  • Cursos 3º EP

 


Alumnado do curso de 3ºA:  18


(Titor - Víctor M. Peña Álvarez)


 


 


Alumnado do curso de 3ºB:  17


(Titora - Hermelinda Lago Núñez)



 


Alumnado do curso de 3ºC:  18


(Titora - Mª  Luisa Jácome Jofre)


 





  • Cursos 4º EP

 


Alumnado do curso de 4ºA:  25


(Titores - Mª José Alonso Da Silva - Xurxo Fernández Otero )



 


Alumnado do curso de 4ºB:  24


(Titora - Mercedes Pérez Pérez)



 



  • Cursos 5º EP

 


Alumnado do curso de 5ºA: 21


(Titora - Mª Carmen Álvarez Mosquera)


 


 


Alumnado do curso de 5ºB:  20


(Titora - Purificación Fernández González)



 


 


Alumnado do curso de 5ºC: 22


(Titora - Rogelia Vilar Meirás)


 





  • Cursos 6º EP

Alumnado do curso de 6ºA:  22 


(Titores - Luis H. Ruiz Santos - Berta Castro Valiño)



 


Alumnado do curso de 6ºB: 18


(Titor - Ángel Martínez Rodríguez)



 


Alumnado do curso de 6ºC: 22


(Titora - Mª Adoración Blanco Nogueira)


 



O OUTONO en Infantil

Os nen@s de Infantil traballaron dende o inicio de curso O OUTONO, na que estiveron lembrando e aprendendo todo o relacionado con el. Os nen@s trouxeron e foron vendo que froitos teñen lugar nesta época do ano, o que sucede nesta estación, que postres típicos se poden facer cos produtos típicos de outono, cancións, refráns, manualidades e outras actividades desta estación recollidas nos seus cartafois de traballo de clase.

 


           

 

                                         Os nen@s facendo "barcos" con froitos de outono

 

     

Exposición e degustación dos froitos típicos de Outono

 

NOTA: Grazas ás familias pola vosa colaboración neste proxecto

Fotos en GALERÍA: CLIC



by Dr. Radut