Skip to Content

1 EURO POR KM. SOS CUERNO DE ÁFRICA

O Ceip Nº2 de Tui participou o día 17 de outubro na xornada organizada polo Concello de Tui e xunto co Cra Clara Torres na  campaña:

 

1 EURO POR KM S.O.S

CUERNO DE AFRICA

  

Este proxecto 1 euro por km pretende dar a volta a España correndo por relevos recadando fondos para axudar na loita contra a fame e denunciar o abandono e neglixencia dos gobernos ante a magnitude desta traxedia.


 O cole indo cara á catedral

 

Participaron nesta xornada os Alumnos de 4º, 6ºA, 5ºC, 5ºB e 5ºA que recibiron e  acompañaron aos corredores dende o Centro Interfederado ata a Catedral.


Na rúa Sanz o alumnado de 1º e 2º recibiría aos corredores e aos seus compañeiros acompañándoos seguindo con eles ata a catedral tamén, donde tivo lugar o recibimento dos corredores polas autoridades locais, e onde soou o Waka Waka do mundial simbolizando a Africa.

 

 

Os nenos de 1º ciclo do cole

 Os corredores co alcalde  

 

O cole na catedral cos corredores

 


VER CARTEL 1 EURO POR KM.  Clic

Ver máis fotos. Preme Clic



page | by Dr. Radut