Skip to Content

Monthly archive

PROXECTO DINOSAURIOS

Despois das vacacións e ao iniciar o presente curso escolar, e como se vén facendo ata agora, seguiuse traballando por proxectos na educación infantil. Este ano xurdiron temas de interese entre os nenos, como o de animais do zoo….. , e sen querer; ao falar de animais foron capaces de ir cara ó pasado mencionando a uns animais moi atractivos para eles: os dinosaurios.

 

                                                             

 

 

Debido ao gran interese á curiosidade que suscitou entre eles, foi o primero proxecto do curso que traballamos.

 

 

                                                  

O primeiro que se fixo, unha vez plantexado o tema, foi o de que sabemos?: e a partir de aí plantexamos uns obxectivos que nos axudaron a establecer o que se quería saber e grazas ao material que traían os nenos, a través da colaboración das súas familias, xunto co que dispoñiamos aprendimos moitas cosas dos dinosaurios.

 

 

                                   

 

 


Fixemos actividades moi divertidas:

                                                   

  • Vimos películas e unha serie relacionadas con el, como son EN BUSCA DE VALLE ENCANTADO y HARRY Y SU CUBO DE DINOSAURIOS

 

                           


  

  •   Debuxamos algunhas clases de dinosaurios e aprendimos características físicas de cada un das clases de dinosaurios, que se partiron dos que aparecían nas películas e que se reflectiron en fichas de traballo.

 

  • Elaboramos un conto, entre todos os cursos, a partir dunha secuencia de imaxes de dinosaurios e, que a día de hoxe seguimos elaborando en formato dixital, para a súa exposición no día do libro, no mes de abril, e intercambiando cos que elabora o CEIP Otero Pedrayo de Vigo.

 

      

Nenos dos dous cursos de 3 anos elaborando o comezo do conto de dinos

 

 

 

      

Presentación do conto. Feito polos 2 cursos de 3 anos

 

    

Nudo do conto. Feito polos 2 cursos de 5 anos

 

 

Desenlace do conto. Feito polos 2 cursos de 4 anos

 

  •  Tamén, elaboramos uns marcapáxinas, a partir de cabezas de varias clases de dinosaurios.(Pintando e curtando as cabezas dos dinos e pegando estas nun anaco de cartolina onde debuxamos o corpo e as patas de cada un dos dinosaurios )

 

  •      

                                                                  QUE CHULAS QUEDARON!!!!! 

 

  •  Confeccionamos, principalmente con material para reciclar, varias clases de dinosaurios; que por certo, quedaron moi chulos, grazas á creatividade dos nosos nenos, que fixeron en equipo e guiados pola gran mestra Meli. Nunha próxima entrada deste apartado da páxina web, amosaremos imaxes deste gran e precioso traballo.

 

  • Cantamos unha panxoliña (DINOSAURIOS EN NAVIDAD) en todos os cursos pero, que só representaron no festival de Nadal, os nenos dos dous cursos de cinco anos.

                                                

 

  •   Decoramos e ambientamos as clases e os corredoiros con figuriñas, debuxos, contos, …. de dinosaurios.  

                   

 

 Por último, agradécese a colaboración das familias polas cousas que os nenos aportaron para que este proxecto se realizase satisfactoriamente.

Visita ao PARADOR 3º Primaria

        Os nenos de 3º Primaria foron de excursión a visitar o Parador Turístico de TUI no que coñeceron ao fondo o funcionamento do hotel do Parador, xunto cos seus titores e as mestras de AL e PT. 

        Foron andando cara ao hotel, dende o colexio, observando as rúas de Tui e xa no hotel coñeceron as súas dependencias e escoitaron aos encargados que lles explicaban como funciona un hotel e cada un dos emprazamentos de dito hotel (dende a recepción ata aos cuartos do persoal administrativo do hotel). 

        Preme aquí para ver fotos do día da visita ao Parador.

Usuari@s da nosa biblioteca

 

Son todas as alumnas, alumnos, mestras, mestres e familias do colexio. Todos eles poden empregala. 

  Os/as profesores/as contan cun carné de usuario/a e os alumnos e alumnas cun carné e con marcadores para poder coller os préstamos.

CAMPAÑA DE DEPORTE ESCOLAR

 

Como cada ano, neste curso 2011-2012 vaise poñer en marcha a Campaña de Deporte Escolar, na que o noso centro participa en diferentes modalidades deportivas. Todos/as nenos/as de 3º a 6º de Primaria participaran no Programa Xogade en Horario Lectivo. As demais modalidades deportivas levaranse a cabo fora do horario lectivo como o ano pasado. Os/as nenos/as interesados en participar con nós nas diferentes  competicións deportivas teñen que cubrir un impreso que se lles entregarán no seu momento e elexir as modalidades deportivas nas que queiran participar (As competicións e partidos serán comunicados posteriormente):

Tenis de Mesa / Cross / Fútbol-sala / Bádminton / Duatlon / Voley / Balonmán 

 Baloncesto / Biatlón  / Natación

 

 

IMPORTANTE 

Comunicar a todos/as os/as participantes que a equipación deportiva do colexio ( camiseta e pantalón curto), podedes adquirila a través do Anpa, sendo convinte que os participantes se fagan con ela ó igual que co chándal do cole.

Coreografía SAMAÍN 2º a 6º Primaria

Era noite de trebón

nun vello e mouro castelo

A auga caía a chuzos

e os lóstregos a metros

Óese dentro un barullo

de alaridos e lamentos

Era noite de trebón

nun vello e mouro castelo

Bule, bule, bule, bule

Bailan, bailan os espectros

Bailan, bailan esqueletes

Sapos, monstros e morcegos

Bailan, bailan as pantasmas

Monstros, bruxas e curuxas

Bule, bule que aínda é cedo

E hoxe toca pasar medo.

 

ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE

No 1º trimestre deste curso 2010-11, partcipamos en moitas actividades:

Talleres de coeducación, xogos populares, II Cross de San Martiño, Magosto e Nadal.

 

 

TALLERES DE COEDUCACIÓN

Co motivo da campaña relación Home-Muller 100% positivo organizada polo Concello, participamos en Talleres de Coeducación. Nestes talleres aprendimos moitas cousas e demostramos que tod@s podiamos facelas. Só é cuestión de poñerse e acostumarse. Nestes talleres realizamos, entre outras máis cousas: pasar o ferro, facer camas,  varrer e fregar o chan, colocar bombillas, poñer a mesa, dobrar a roupa, .....

       

       

XOGOS POPULARES

Como tódolos anos partcipamos nesta actividade e pasámolo pipa. Todo grazas aos nenos monitores dos tres de 6º, que nos explicaron moi ben, por quendas; en que consistían os xogos para que puideramos xogar. Os xogos, entre outros, eran os seguintes: pano, carozos, zancos, chave, ra, ....

  

  

II CROSS de San Martiño

Fomos os primeiros do colexio en participar e pasámolo moi ben demostrando que eramos moi rápidos. Uns máis que outros pero, o importante é que partcipamos con gañas e ilusión.

   

MAGOSTO

Neste día, antes de probar e comer as castañas, montámonos nas carrilanas que @s nen@s maiores foron traendo da casa e que fabricaron con axuda das familias. Pasámolo moi ben probándoas e vendo o chulas que van quedando ano tras ano; xa que cada vez vai a máis en canto á partcipación por parte dos nen@s e as familias. Incluso, ata as profes non quixeron perderse a oportunidade de montarse nelas.

      

       

 

Logo, estivemos comendo as castañas. QUE RICAS ESTABAN!!!!!

    

NADAL

Os dous últimos día de clase do ano, os nenos de Ed. Infantil cantamos tres panxoliñas. un día cara aos nenos miores do cole e ó seguinte día, cara aos nos pais. Os nen@s dos dous cursos de 3 ANOS fomos de rockeros, cantando a panxoliña NAVIDAD ROCK. Os cursos de 4 ANOS fomos vestidos de cores para cantar LOS COLORES VAMOS AL PORTAL e os nen@s dos cursos de 5 ANOS fomos de DINOS e cantamos a panxoliña de DINOSAURIOS EN NAVIDAD.

     

 

Logo, tivemos a cuchipanda e a visita de PAPANOEL, que non podiamos perdonar que non nos fixera unha visita e  trouxonos caramelos para todos. A pesar de que, uns estabamos máis contentos que outros. Tamén, leu as nosas peticións que por certo, cumpríronse. Ó volver das vacacións, comprobamos que nos deixou algúns agasallos.

       

E como premio do concurso de Panxoliñas no que participou o cole, gañamos diñeiro. E con iso, fixemos unha chocolatada na hora da merenda. Que rico estaba!!!!

             

                     

Normalización Curso 2018 - 2019

Actividades para o Samaín.

Polo Samaín

Videoconferencia ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES 5º Primaria

 

Os alumnos de 5º asistiron a unha video conferencia, co motivo do “Ano internacional dos bosques”, que resultou moi interesante e na que os nen@s prestaron moita atención.

                            



by Dr. Radut