Skip to Content

PROXECTO DINOSAURIOS

Despois das vacacións e ao iniciar o presente curso escolar, e como se vén facendo ata agora, seguiuse traballando por proxectos na educación infantil. Este ano xurdiron temas de interese entre os nenos, como o de animais do zoo….. , e sen querer; ao falar de animais foron capaces de ir cara ó pasado mencionando a uns animais moi atractivos para eles: os dinosaurios.

 

                                                             

 

 

Debido ao gran interese á curiosidade que suscitou entre eles, foi o primero proxecto do curso que traballamos.

 

 

                                                  

O primeiro que se fixo, unha vez plantexado o tema, foi o de que sabemos?: e a partir de aí plantexamos uns obxectivos que nos axudaron a establecer o que se quería saber e grazas ao material que traían os nenos, a través da colaboración das súas familias, xunto co que dispoñiamos aprendimos moitas cosas dos dinosaurios.

 

 

                                   

 

 


Fixemos actividades moi divertidas:

                                                   

  • Vimos películas e unha serie relacionadas con el, como son EN BUSCA DE VALLE ENCANTADO y HARRY Y SU CUBO DE DINOSAURIOS

 

                           


  

  •   Debuxamos algunhas clases de dinosaurios e aprendimos características físicas de cada un das clases de dinosaurios, que se partiron dos que aparecían nas películas e que se reflectiron en fichas de traballo.

 

  • Elaboramos un conto, entre todos os cursos, a partir dunha secuencia de imaxes de dinosaurios e, que a día de hoxe seguimos elaborando en formato dixital, para a súa exposición no día do libro, no mes de abril, e intercambiando cos que elabora o CEIP Otero Pedrayo de Vigo.

 

      

Nenos dos dous cursos de 3 anos elaborando o comezo do conto de dinos

 

 

 

      

Presentación do conto. Feito polos 2 cursos de 3 anos

 

    

Nudo do conto. Feito polos 2 cursos de 5 anos

 

 

Desenlace do conto. Feito polos 2 cursos de 4 anos

 

  •  Tamén, elaboramos uns marcapáxinas, a partir de cabezas de varias clases de dinosaurios.(Pintando e curtando as cabezas dos dinos e pegando estas nun anaco de cartolina onde debuxamos o corpo e as patas de cada un dos dinosaurios )

 

  •      

                                                                  QUE CHULAS QUEDARON!!!!! 

 

  •  Confeccionamos, principalmente con material para reciclar, varias clases de dinosaurios; que por certo, quedaron moi chulos, grazas á creatividade dos nosos nenos, que fixeron en equipo e guiados pola gran mestra Meli. Nunha próxima entrada deste apartado da páxina web, amosaremos imaxes deste gran e precioso traballo.

 

  • Cantamos unha panxoliña (DINOSAURIOS EN NAVIDAD) en todos os cursos pero, que só representaron no festival de Nadal, os nenos dos dous cursos de cinco anos.

                                                

 

  •   Decoramos e ambientamos as clases e os corredoiros con figuriñas, debuxos, contos, …. de dinosaurios.  

                   

 

 Por último, agradécese a colaboración das familias polas cousas que os nenos aportaron para que este proxecto se realizase satisfactoriamente.



page | by Dr. Radut