Skip to Content

Monthly archive

Recinto escolar

O CEIP Plurilingüe Nº 2 de Tui é un centro educativo de titularidade pública, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que imparte dúas etapas educativas:

- 2º ciclo de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos)

- Educación Primaria (de 6 a 11 anos).

Foi inaugurado no curso 1973-1974, en febreiro de 1974, hai 49 anos.

Atópase adscrito ao IES San Paio, no que se matricula a maior parte do noso alumnado, unha vez  rematada a Educación Primaria.

O recinto escolar é amplio e conta con zonas verdes de xogo para Primaria e para Infantil así como pistas deportivas. 

Podes realizar unha visita virtualPreme na imaxe e bota unha ollada ao noso centro (é un vídeo longo, polo que pode tardar un pouco en cargar).

 

gif

 

Dentro do recinto escolar, atópanse cinco edificios:

 

  • No Edificio Principal, o máis grande, están as aulas, 18 no presente curso escolar, distribuídas en dous andares. No mesmo edificio localízanse as aulas de Música, Informática, Apoio, Idioma, Titorías para cada ciclo, Salón de Actos, Taller cociña e Biblioteca.

 

gif

 

 

  • Secretaría para funcións administrativas: atención ás familias e despachos do equipo directivo, orientadora e sala de profesores/as. Tamén, neste edificio, está ubicada a "radio escolar".

 

  • Comedor escolar,  xestionado pola ANPA e acondicionado para o xantar do alumnado que solicita este servizo. Anteriormente foi a casa do conserxe, despois a oficiña do CRA de Tui e, actualmente o comedor escolar grazas á colaboración do Concello de Tui, da Deputación de Pontevedra e da Consellería de Educación.  Durante este curso, tamén utilizaremos o antigo comedor escolar co alumnado de Ed. Infantil.

 

  • Ximnasio coa infraestrutura adecuada para impartir as clases de Educación Física. O alumnado tamén utiliza, dependendo da idade, os pavillóns municipais (novo e vello) que se atopan próximos ao recinto escolar. 

 

gif

 

 

  • Casiña de Barro para a realización de actividades polas tardes como barro e pintura. Tamén está ubicada a oficina da ANPA "As Olivas", onde as familias poden facerse socias e apuntar aos alumnos/as a numerosas actividades, nos comezos de cada curso escolar. 

 

 

  • Patio cuberto entre o edifcio principal e o ximnasio. Este curso será o primeiro en verse cumprida esta reivindicación que viña do século anterior. Grazas ao Concello de Tui, poderemos disfrutar desta infraestrutura que permitirá o xogo do alumnado tamén nos días de choiva.

 

 

Aulas e Dependencias do Centro

                                                                                                                                gif

O  CEIP Plurilingüe Nº 2 de Tui é un cole moi grande, con 18 grupos da alumnos/as e outras dependencias.                                                  

Na planta baixa, e por unha entrada só para eles, están os nenos e nenas de Educación Infantil. Utilizan 6 aulas, cuns servizos adaptados ao seu tamaño e as súas necesidades.

Tamén, na planta baixa, están as aulas de 1º e 2º de Primaria.

No 1º andar, están as aulas de 3º, 4º, 5º e 6º.

 

 

 

 
 

 

 

Pero ademáis de todas estas aulas temos outras dependencias como:

  • Salón de actos que é bastante grande,  pero ainda así, non cabemos todos/as e, cando facemos unha representación, temos que ir por QUENDAS de 200 máis ou menos.
  • Restaurante de Lúa.-  Onde facemos un montón de actividades relacionadas coa boa alimentación. 

 

  • Sala de Informática.- situada no primeiro andar, ao carón da de música, con 15 ordenadores con acceso a Internet. Aquí vimos unha hora á semana.        

 

 

  • Aula de música .- Baila, canta, toca instrumentos e escoita música...

 

  • Aula de Inglés.-A space where many different avtivities can be made... In English.

  •   Ximnasio. - está no noso patio ao lado do edificio principal, e alí facemos deporte, psicomotricidade e xogamos  a un montón de cousas

 

  • Biblioteca.- Nela hai unha zona para os máis pequenos, e outra para os maiores. Ademais de ler contos, podemos consultar en enciclopedias ou buscar en internet información no recuncho dos ordenadores.

  • Horta Escolar.-Dentro do programa Voz Natura, promovendo un estilo de vida saudable, temos posto en marcha unha horta escolar na que todos os niveis participan no cultivo e coidado de alimentos típicos da zona.

 

 

  • Radio escolar.- Estudo onde se gravan os programas da nosa emisora "O 2 na Onda" coa axuda de todo o alumnado.

 

  • Aula Pedagoxía Terapéutica.- Un lugar onde traballar nun entorno de aprendizaxe baseado nas necesidades e características do alumnado, aportándolles seguridade e fomentando as súas capacidades.

 

  • Aula Audición e Linguaxe.- Onde se traballa a audición, a comunicación e a linguaxe.

 

 

 

 

 

Xornada de deportes alternativos

                                                                                                                                                            gif

O CEIP Nº 2 é un colexio que non falta a un evento deportivo. Pero neste caso tocounos  a nós ser os anfitrións dunha " Xornada de Deportes Alternativos" que se celebrou no noso patio o pasado día 19 de Outubro.

Esta actividade estivo organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño  "agrudebam" e financiada pola Fundación Deporte Galego co obxectivo de dinamizar a práctica deportiva de base a través da interrrelación dos centros da zona e tentando ofrecer a máxima diversidade de cara a enriquecer ao noso alumnado.

Acodiron os alumnos/as de 6º de diversos colexios do Concello e algúns dos arredores.

Así, un total de 500 nenos e nenas de colexios como os de  Randufe, Maristas, Rebordáns, Nº 1, de 3 colexios do Concello de Tomiño, Sobrada, Barrantes e Tomiño e un do Concello de Salceda xogaron con nós ao longo de toda a mañá  a  xogos que non coñecíamos moi ben ata entón.

 

 

chegada

 

Xogamos todos mesturados, rotando cada media hora por un xogo novo que nos ensinaban uns monitores/as.

Os xogos aos que xogamos foron: 

 

Xogos con paracaídas  

Beisbol

 paracaidas  beisbol
 
Rugby

kin-ball

 rugby  kinbal

Balón - Pau 

 xockei

 pau

xockei

 

Profesorado do Centro

 

                                                                                                                                             gif

No presente curso, o número de alumnado matriculado no centro é de 391 nenos/as de Educación infantil e Primaria.

Para o funcionamento do Centro, este curso, somos 31 mestres/as a tempo completo e outro mestre máis, de Relixión Católica, que  comparte o seu horario co CEIP de Rebordáns.

Director:                 Luis H. Ruiz Santos

Xefe de Estudios:  Ramiro García Entenza

Secretaria:         Noelia España Casares

0rientadora:        Mª Luisa Pérez Saracho 

 

 

O Profesorado que traballa no centro está distribuído da seguinte maneira: 

 

  • Titoras de Educación Infantil
Rita Beatriz Gómez Martínez
4º EI A                                                             
María Díaz Rodríguez   4º EI B  
Elizabeth Álvarez Rocha    5º EI A  
Mercedes Rodríguez Iglesias           
5º EI B  
Lucía Martínez González 6º EI A  
Patricia Bellón Rodríguez   6º EI  B  
Noelia España Casares       profesora de apoio  
Iris Rodríguez Rodríguez
profesora de apoio  

   

  • Titoras de 1º e 2º nivel de Primaria

 

Cristina Novoa rRdríguez                 
1º A                                                                       
José Juan Pérez Meirás      1º B  
     
María Estrada Rodríguez 2º A  
Raquel Vázquez Santos
2º B  

 

 

  • Titores/as do 3º e 4º nivel de Primaria

 

Mª del Carmen Vilches Saco  
3º A                                                                                             
Mª José Alonso Da Silva 
3º B  
     
Rosa Mª Ferreira Carrera               
4º A  
Mª Lorena Pérez Da Silva   
4º B  
     

                 

           

  • Titores/as de 5º e 6º nivel de  Primaria
Purificación Fernández González      
5º A                                                                         
Yaiza Álvarez Fernández
5º B  
Fernando Garrido Figueiras 5º C
 
     
Xosé Canedo Rey - Luis H. Ruiz
6º A  
Mª Carmen Núñez Coballes 6º B  
Ángel Martínez Rodríguez
6º C  

 

Especialistas

Pilar Gómez-Valadés Alonso             Inglés

Monserrat Fernández Domínguez     Inglés

Mª José Carrete Marcos                  Pedagoxía Terapéutica

Antía Sapiña González                      Audición e Linguaxe

Beatriz González Rodríguez              Educación Física

Xosé Canedo Rey                              Educación Física

Ramiro García Entenza                      Música

Rosa Mª Alfaya Vila                          Relixión Católica

Juan José Rodríguez Lamela             Relixión Católica (compartida)

 

Coordinadores de Nivel

  • Coordinadora do Ciclo de E. Infantil:     Rita Beatriz Gómez Martínez        
  • Coordinador do 1º Nivel de Primaria:     José Juan Pérez Meirás
  • Coordinadora do 2º Nivel de Primaria:   Raquel Vázquez Santos
  • Coordinadora do 3º Nivel de Primaria:   Mª Carmen Vilches Saco
  • Coordinadora do 4º Nivel de Primaria:   Rosa Mª Ferreira Carrera
  • Coordinador do 5º Nivel de Primaria:     Mª Purificación Fernández
  • Coordinadora do 6º Nivel de Primaria:   Mª del Carmen Núñez Coballes

 

 

Coordinador Equipo Normalización e Dinamización Linguística

Fernando Garrido Figueiras

Coordinadora Actividades Complementarias e Extraescolares

Mª del Carmen Núñez Coballes

Coordinadora PLAMBE (Biblioteca Escolar) :        Rosa Mª Alfaya Vila

Coordinador Contratos-programa:                        Luis H. Ruiz Santos

Coordinadora TIC :                                                Mª José Carrete Marcos

Coordinadora ABALAR :                                         Mª del Carmen Núñez Coballes

Coordinadora Plurilingüismo :                                  Monserrat Fernández Domínguez

Dinamizadora Plan Igualdade e Mediación E.:      Mª Luisa Pérez Saracho

Dinamización da Revista e Radio Escolar:             Equipo TIC

Dinamizadora Proxecto Lector:                             Rosa Mª Alfaya Vila

Dinamización PLAN PROXECTA:

- Deporte Escolar, Centros activos e saudables: Beatriz González Rodríguez

- Aliméntate ben e bocata saudable:                    Patricia Bellón Rodríguez

Dinamización ERASMUS+:                                      Beatriz González Rodríguez

Dinamización Voz Natura:                                      Monserrat Fernández Domínguez

Coordiandoras de PFPP:                                          Patricia Bellón e Mª Luisa Pérez

 

 

Aulas e Dependencias do Centro

 

                                                                                                                                gif

O  CEIP Nº 2 de Tui é un cole moi grande, con 23 aulas e outras dependencias.                                                  

Na planta baixa, e por unha entrada só para eles están os nenos e nenas de Educación Infantil. Son en total 6 aulas. cuns servizos adaptados ao seu tamaño.

Tamén na planta baixa están as aulas do 1º Ciclo de Primaria, 1º e 2º agás 1ºB e 2ºA que tivo que situarse no 1º piso.

No 1º Piso están os do 2º e 3º Ciclo, xa máis maiores para subir e baixar as escaleiras. En total 13 aulas.

 

   
   

 

 

Pero ademáis de todas estas aulas temos outras dependencias como:

  • Salón de actos.- que é bastante grande  pero ainda así non cabemos todos/as e cando facemos unha representación temos que ir por QUENDAS de 200 máis ou menos.
  • Cociña.- donde comen todos os días os nenos e nenas que o soliciten. Pero ademais alí facemos un montón de actividades relacionadas coa boa alimentación. E non nos podemos esquecer das celebracións dos cumpleanos que celebramos na cociña.

 

  • Sala de Informática.- situada no primeiro andar xunto coas aulas de 1ºB e 2ºA e ao carón da de música, con 15 ordenadores con acceso a Internet. Aquí vimos unha hora a semana.          

 

   

 

 

 

  • Aula de música .- onde podemos bailar, tocar instrumentos, escoitar música...

  •   Ximnasio. - está no noso patio ao lado do colexio, e alí facemos deporte, psicomotricidade e xogamos  a un montón de cousas

 

  • Biblioteca.- Nela hai unha zona para os máis pequenos, e outra para os maiores,nas que ademáis de ler contos podemos consultar en enciclopedias ou buscar en Internet información no recunho dos ordenadores. Tamén hai un lugar no que podemos xogar a xogos de mesa que utilizamos nos recreos.Pero tamén os pais e nais poden usar a biblioteca, todos os días a partires das 14:00 horas está aberta para que pasen a ler os xornais ou calquer libro que queiran

 

   

 

 

HORARIOS

 

 

Horarios de clases: xornada única de mañá desde as 09:15 ás 14:15 horas repartidas en seis sesións:

                  1ª sesión: de  9:15 a 10:05 horas

                  2ª sesión: de 10:05 a 10:55 horas

                  3º sesión: de 10:55 a 11:45 horas

                  Tempo de lecer de 11:45 a 12.10 horas

                  4ª sesión (lectura): de 12:10 a 12:35 horas

                  5ª sesión: de 12:35 a 13:25 horas

                 6ª sesión: de 13:25 a 14:15 horas

 

  • Horario de Secretaría: todos os días lectivos en horario de 09:15 a 14:00 horas

 

  • Horario de atención aos pais e nais: os martes de 16:00 a 17:00 horas, previa petición de cita a cada titor/a ou profesor/a. En caso de non poder acudir neste horario, cada familia deberá poñerse en contacto con cada titor/a para encontrar outro momento adecuado para todos, e así poder falar do seu fillo/a.

  

  • Horario da biblioteca escolar: todos os días lectivos de outubro a maio en horario de tarde de 16:00 a 18:00 horas para consultar ou traballar. O horario de préstamos está establecido no horario de mañá para cada aula.

 

  • Horario de  actividades extraescolares: todos os días lectivos de outubro a maio de 16:00 a 18:00 horas, seguindo un calendario establecido ao comenzo do curso, no que, cada familia, anota aos fillos/as na actividade e horario que lle conveña.

 

  • Horario de comedor: todos os días lectivos de 14:15 a 16:00 horas. Para anotarse ao comedor terán que recoller unha solicitude na secretaría do centro e remitila por FAX ou  por correo electrónico á empresa do catering (ARUME).

 

  • Horario da aula matinal: todos os días lectivos de 07:30 a 09:15 horas.

 

  • Horario da aula de tarde: todos os días lectivos de 16:00 a 18:00 horas.

 

 

HORARIO PORTAIS

                                                                                                                        

Con  motivo da posta en funcionamento dos portais mecanizados informamos dos horarios de apertura dos mesmos nos días lectivos:

PORTAS PEATONAIS

POLA MAÑÁ: de 8:00 a 9:25 h.

POLA TARTE: de 13:55 a 18:10 h.

PORTA DE VEHÍCULOS ( SÓ PARA TRANSPORTE ESCOLAR E PERSOAL AUTORIZADO )

POLA MAÑÁ: de 8:15 a 9:25 h.

POLA TARDE: de luns a venres de 13:55 a 14:45 h.

                          Luns e mércores (bus escolar) de 15:50 a 16:10 e de 17:50 a 18:10 h

 

Pregamos a máxima puntualidade na incorporación ás aulas. Pasados 10 minutos da hora de entrada. os alumnos e as alumnas acompañados co familiar que o acompaña accederán ao centro pasando por secretaría,cubrirán un xustificante polo retraso e incorporaranse ás súas respectivas aulas.

Lémbrase que só poderán acceder ao recinto escolar os vehículos autorizados.

 

Ademáis das portas de acceso da Avenida Concordia, mecanizouse unha porta de acceso ao pavillón novo na parte traseira do patio.

O obxecto desta porta é poder acceder o profesorado de Educación Física, co seu alumnado, ás dependencias dos pavillóns municipais.

Provisoriamente, esta porta terá un horario de apertura que pode facilitar, nun momento dado, o acceso ás familias nas entradas e saídas. Este horario será:

POLA MAÑÁ: de 8:45 a 9:25 h

                         de 13:50 a 14:25 h

POLA TARDE: de 15:50 a 18:10 h

Se esta porta está pechada, o acceso ao colexio é pola porta da Avenida da Concordia

Esperamos a colaboración de todos/as para o mellor funcionamento do centro educativo e a seguridade dos alumnos/as.

 

 

A NOSA ASOCIACIÓN

Coa denominación  ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS "AS OLIVAS" constitúese unha asociación ao amparo da Lei Orgánica 1/2002 de 22 de Marzo con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar carecendo de ánimo de lucro.

Son fins da asociacións:

  1. Desenvolver e defender os dereitos do colectivo pais-nais e alumnos/as.
  2. Promocionar e apoiar actividadees extraescolares, educativas e formativas.
  3. Sensibilizar sobre a importancia de dita Asociación á comunidade escolar.
  4. Promover a relación e intercambio entre asociados así como tamén promover a igualdade de todos os alumnos sen ningún tipo de discriminación.
  5. Desenvolver actividades de todo tipo encamiñadas a cubrir as necesidades dos asociados/as e outros colectivos, así como ás dirixidas a achegar recursos para cumprir cos fins fundacionais.

Para o cumprimento destes fins realizaranse as seguintes actividades:

  1. Dinamización dun espazo de encontro.
  2. Organización de actividades socioculturais, deportivas, lúdicas...
  3. Organización de cursos, seminarios, conferencias e actos similares.
  4. Elaboración e edición de materiais formativos, revistas, folletos ou calquer outro tipo de publicación para a difusión das ideas da asociación.
  5. Deseño e execución de cantas accións ou actividades sexan precisas para conseguir a participación de asociados/as.
  6. Fomento das relacións de colaboración coas institucións públicas, empresas privadas e organizacións non lucrativas que permitan un mellor cumprimento dos fin fundacionais.

XUNTA DIRECTIVA

A Xunta Directiva da ANPA "As Olivas" para o curso 2011/2012 está formada da seguinte maneira:

Presidenta - Dna Susana Sampayo

Vicepresidenta.- Dna Lourdes Fernández (Multipdeporte, barro, xadrez galego)

Secretaria.- Dna Susana Sestelo (Coiro e marroquinería)

Vicesecretaria.- Dna Olalla Amado (Pintura)

Tesoureira.- Dna Sandra Martínez   (Guitarra)

Tesoureira.-Dna Mar Sanmamed

Vocais.- 

              Dna Carmen Rodríguez   (Disom)  (Aula Matinal) 

              Dna Judit López   (Judo)  (Inglés lúdico)

              Dna Marta Girón (Musicoterapia)

              Dna Susana Martínez   

              Dna Nélida García (Cociña)

              D. Antonio Valcárcel 

              D. Eduardo Méndez

              D. Manuel Couto

              D. Miguel Fernández

              D. Rubén Riplingger

              D. Daniel González

             

Entre paréntese noméase a actividade que ten asignada como coordinador/a

OUTRAS ACTIVIDADES DA ANPA "As Olivas"

O longo do curso dende o ANPA "As Olivas" tentamos organizar outras actividades formativas e educativas para os nenos/as do CEIP Nº 2 de Tui. Entre elas destacaremos:

CONCURSO DE DEBUXO.- Este ano o tema é "A MIN GUSTAME A FROITA" tentanDo traballar  e colaborar na educación para a saúde. Os premios aos gañadores/as por ciclo foron entregados o luns 1 de Febreiro no día da Conmemoración do Día da Paz.

DÍA DA PAZ.- Nesta data tal e como ven acontecendo nos últimos anos, a ANPA colabora co colexio nesta celebración. Así nesta ocasión todo o alumnado acudiu por tunos a unha representación de maxia na que o pasamos moi ben e ata poidemos colaborar facendo trucos.

DÍA DA CONVIVENCIA.- Como dende os últimos cursos celebrarase a V Xornada de Convivencia  cos nenos/as do CEIP Nº 1 de Tui na que nos xuntamos para facer xogos, competicións e outras actividades durante toda a xornada. Dende a ANPA colaboramos en tal xornada conscientes na importancia da mesma para a educación dos nos fillos/as. Así tentamos que diversas marcas e casas comerciais do concello e comarca colaboren connosco co fin de conseguir a merenda ou outros materiais para a celebración da xornada .

DÍA DA NEVE.- Como nos últimos cursos dende a ANPA organizamos unha xornada de neve e se o tempo o permite e o 12 do mes de Febreiro viaxaremos a Cabeza de Manzaneda disfrutando da natureza e dun fenómeno que nas nosas latitudes non soe ocorrer. Esta actividade organizada pola ANPA  é prestada pola empresa CEGEME.

OUTRAS ACTIVIDADES.- Dende a ANPA estamos a traballar na procura de máis actividades para o presente curso das que se lles irá informando puntualmente.

O COMEDOR

cullerA ANPA " As Olivas " xestiona dende o curso 2005/06 o comedor do colexio. Na actualidade este servizo témolo contratado en modalidade de catering.

Así mesmo a ANPA tramita a subvención que ofrece a Xunta para este servizo que repercute nos nenos/as unha vez que esta é recibida.

O horario do comedor permite enlazar as clases da mañá coas actividades extraescolares da tarde tendo en todo momento a supervisión dun monitor/a.

 

 

 gif comedor 

 

 

 

Para facer uso do comedor cada familia pódese acoller  a unha destas opcións:

  • Uso do comedor todos os días. O prezo é de 4,05 euros/menú. O pago faise mediante domiciliación bancaria, solicitando o impreso á ANPA.

 

  • Uso do comedor días soltos fixos. O prezo é de 4.30 euros/menú. O pago faise mediante domiciliación bancaria, solicitando o impreso á ANPA.

 

  • Días soltos extraordinarios. O pago faise mediante o ingreso de 4,70 euros/menú na sucursal NOVA CAIXA GALICIA da nosa localidade (Na conta ca ANPA dispón nesa entidade) presentando o resguardo no colexio antes das 9:00 horas do día que fará uso do servizo. Cabe dicir que esta última opción só deberá empregarse  en casos extraordinarios e sempre quedará a disposición da capacidade do comedor, resolvendo por parte da ANPA as posibles aceptacións ou non.

Todas as baixas que se produzan deberán de comunicarse  no colexio antes das 9:00 horas para poder dar de baixa o menú, ben chamando por teléfono ou presentándose na Secretaría do Colexio. (Tfno 986 600923)

Os nenos/as que non teñan actividades extraescolares pola tarde deben de ser recollidos ás 16:00 horas no corredor do comedor.

 

A mascota do comedor é "COMICALLA"; unha mascota que resultou gañadora nun concurso de debuxo celebrado Centro comicalla 

 

.

 

 

AULA MATINAL

Dende a ANPA e sempre na procura de mellores servizos e tentando conciliar a vida familiar e laboral, púxose en marcha a "Aula Matinal". Así as familias poden deixar os seus fillos/as no colexio a partires das 8:00 horas a cargo dunha monitora ata o comenzo das clases ás 9:15 horas. Durante este tempo os nenos/as xogan, almorzan (deberán portar eles o almorzo) e realizan diversas actividades.

Á espera de ter un espazo propio para a actividade, este curso a Aula Matinal está no lugar do Comedor Escolar.

matinal

 

 

Cada unha das  familias pódese acoller a unha destas  dúas opcións:

  • Por meses enteiros
  • Por días soltos.

O prezo para o presente  curso é de 26 euros /mes ou 3 euros/día según a opción elexida



by Dr. Radut