ARRINCAMOS.....E NON SÓ MALAS HERBAS!!!

Benvidos un curso máis a este recuncho adicado ao proxecto Voz Natura do centro!!

Neste 2020-2021 temos moitas novidades.....estade atentos.....nós xa temos a maquinaria engrasada e lista para botar a andar....botar sementes...

Polo de agora xa temos a nosa hortiña limpiña, grazas a que o noso conserxe mantivo á raia as malas herbas no verán.

 

Faltan uns cantos traballiños para tela lista de todo.

 

E neste curso 2020-2021....o noso centro animouse a traballar unha nova proposta dende Voz Natura e que ten que ver co Camiño de Santiago, a sostenibilidade, a reciclaxe........se esquecer a oferta de vida saudable que a ruta do Camiño nos achega no seu transcorrer pola nosa vila.

Sabíades que.....Ultreia ou ultreya (do latín ultra -máis alá- e eia -interxección para mover-) é un saúdo entre peregrinos do Camiño de Santiago?.

Antigamente o saúdo entre peregrinos era "Ultreia, suseia, Santiago" [sigue adiante, que máis alá está Santiago]. Cando un peregrino saudaba a outro dicíndolle "Ultreia" ("sigue adiante") e o outro respondía con "Et suseia!" ("e máis alá!").

Na actualidade o saúdo que se utiliza é "Bo Camiño!!"

Sabedes que lugar da nosa vila aparece na seguinte foto?

Que pon no cartel??

 

 

Estade atentos....pronto máis novas destes proxectos!!!