Skip to Content

Monthly archive

XORNADAS DE PROMOCIÓN E CAMPIONATO DE LOITA

XORNADAS DE PROMOCIÓN DE LOITA 

O vindeiro luns día 10 haberá unha xornada de promoción de loita no ximnasio do colexio, destinada a todo o alumnado de 4º.

O mércores día 12 organizarase unha xornada de competición entre o alumnado de 4º do CEIP Nº2 e o CEIP de Rebordáns no pavillón vello de Tui.

Tódalas familias que queiran asistir, poden facelo. O horario da competición é de 10:30 a 12:30.

 

GUSTAVO RODRÍGUEZ CAMPIÓN DE ESPAÑA

 Gustavo Rodriguez Campeón de España de Triatlon Media distancia

 Pamplona

 13/05/17

 O tudense Gustavo Rodríguez gaña por terceira vez o Half Triathlon Plamplona-Iruña e proclamase Campión de España de Media Distancia, o pasado sábado 13 de Maio de 2017, cun tempo de 3:40:36, realizando as probas de Natación, ciclismo e carreira a pé.

A nosa noraboa a este gran triatleta tudense!!

Benvida ao curso 2017/18

Benvidos ao curso 17/18

 

O equipo de deporte escolar davos a benvida a todos ao curso deportivo 17/18. Esperamos que sexa un curso cheo de cor e ilusión.

Por outra banda, queremos enviarlle un biquiño de despedida ás profes Mari Carmen Seves e á profe Lore ás que imos a botar moito de menos. E queremos darlle a benvida aos novos profes do equipo Sara, Yessica e César que esperamos que disfruten con nós de tódalas actividades deportivas e pasen un bo curso.

Calendario de Toda a Competición 17/18

Calendario de Competición 17/18.

 



by Dr. Radut