Skip to Content

Monthly archive

1ª XORNADA DE BÁDMINTON

1ª Xornada Alevín de bádminton

O pasado martes día 17 de xaneiro disputóuse a 1ª xornada da competición de bádminton na categoría Alevín (5º e 6º de Primaria).

Os nenos e nenas do noso cole pasárono xenial xogando e convivindo cos compañeir@s dos coles de Randufe, Nº1 e Clube de bádminton de Tui.

Esta categoría volverá a competir o martes día 31 de xaneiro.

Aqui vos deixamos unhas fotos e un vídeo como resume da xornada.

 

CLUBE DE PATINAXE ARTÍSTICO RIBEX

O CLUB PATINAXE ARTISTICO RIBEX DE TUI

SUBCAMPEÓN GALEGO EN GRUPOS SHOW.

O Club de patinaxe Artistico Ribex de Tui, participou o pasado sábado 4 de febrero nas instalación do Pav das Travesas.

Está era a primeira competición anual da modalidade, a que marca o comezo das competicións oficiais. Un gran traballo do equipo participante na modalidade de grupos show, que se fixo coa medalla de prata, que lle da acceso a competir no campeonato de España.

Noraboa a todo o equipo.

C.D. MALILLA DE VALENCIA

Fair Play no fútbol

C.D. Malilla de Valencia.

O C.D. Malilla, un equipo modesto de fútbol base de Valencia, está a promover unha iniciativa solidaria na loita contra a violencia e o triunfo do “Fair Play” no fútbol.

Así os seus equipos, fanlle paseiño ao arbitro ao comezo do encontró, e tralo pitido final, ambos equipos e máis o equipo arbitral, merendan xuntos e aproveitan para falar do partido.

Este clube foi fundado no ano 1969 e dende entón loita por erradicar a falta de respeto e a violencia do deporte rei…Comezando polo respeto ao equipo reval e aos colexiados.

Como este ano estamos a levar a cabo un proxecto solidario no noso centro “ Coas nosas mans o teu sorriso” aquí vos deixamos un reto para todos os nenos e nenas do noso colexio que xogades a algún deporte de equipo. Buscamos o equipo que consegue levar a cabo o Fair Play no seu equipo convidando ao equipo rival e aos colexiados  a unha merendola onde as boas practicas e o respeto sexan o máis importante ao rematar o partido. Aquel equipo que o consiga que nos envie a súa foto o antes posible. Animadevos a facer dos equipos tudendes os mellores no Fair Play.

Podedes atopar máis información sobre esta noticia en:

http://www.cuatro.com/deportes/futbol/Malilla-futbol_base-arbitros_0_2331000361.html

HORARIO CARREIRA DE SAN TELMO 2017

Carreira Popular de San Telmo 17.

Dom 23 de Abril 2017 (Tui )

O Vindeiro Domingo de San Telmo, día 23 de Abril pola mañá, vai ter lugar a Carreira de San Telmo 2017, na Corredeira de Tui. Dita xornada está destinada os/as nenos/as inscritos. Recordade que estamos de vacacións.

Categorías: Xuveníl  ( 5000m  nacidos 00/01 ás 11:00h), Senior ( 5000m  nacidos 82/99 ás 11:00h), Veteráns A e B ( 5000 m nacidos antes do ano 81, Cadetes e Infantil ( 2500 m nacidos 02/03/04/05 ás 12:00h), Alevíns (700 m nacidos 2006/2007 ás 12:15h), Benxamíns ( 350 m nacidos nos anos 2008/2009 ás 12:30h), Prebenxamín (  175 m nacidos 2010/2011 ás 12:45h), Pitufos ( 100m nacidos nos anos 12/13/14 ás 13:00h).

Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da súa proba para que lle deamos o dorsal. 

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a  tiveran senon traerán camiseta branca), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

O Club Atletismo realizará a tradicional OPERACIÓN KILO na que os participantes intercambiarán un kilo de un alimento non perecedeiro polo seu dorsal. Ditos alimentos serán entregados a unha ONG.

                ¡¡¡IMPORTANTE!!! Podedes atopar máis información da proba na páx web na web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar e  www. Atletismotui.com. 

II CAMPUS DE FÚTBOL SALA TOÑIN MARTIN

II Campus de Fútbol Sala Toñín Martín celebrarase en Tui do 3 ao 14 de xullo 2017

Os clubes deportivos tudenses de fútbol sala, A Quinta de Tui Fútbol Sala, Club Deportivo Tui Fútbol Sala e Club Randufe Futsal, baixo a coordinación do ex-xogador da selección española de fútbol sala, Antonio “Toñín” Martín, e coa colaboración do Concello de Tui, organizarán no mes de xullo, o II Campus de Fútbol Sala Toñín Martín. No mesmo agárdase duplicar a participación do ano pasado, cun máximo de 60 inscritos.

O Campus, que se realizará no pavillón do IES de San Paio, de luns a venres, de 10.00 a 13.30 horas, contará con adestramentos da man de monitores especializados, así como doutras actividades parelelas, como rafting, visitas turísticas, actividades na piscina municipal, adestramentos con xogadores da primeira división nacional, así como unha xornada de convivencia cos pais e nais.

Terá un prezo de 60€ e as inscricións poden facerse a través do enderezo electrónico campusfstui@gmail.com, podendo solicitar máis información a través do teléfono 690 05 85 79.

 

BAYBLADE: UN XOGUETE PARA O NOSO PATIO

Bayblade: un xoguete para o noso recreo.

Estes días, a mediados do mes de novembro, percatámonos de que un xoguete novo e moderno chegou ao noso patio: os Bayblades, uns trompos ultramodernos que fan as delicias dos máis pequenos.

 

 

 

1ª XORNADA DE BÁDMINTON BENXAMÍN

O pasado Martes 24 de Xaneiro tivo lugar a 1ª xornada da competición escolar de Bádminton,  na  categoría Benxamín  ( 3º e 4º) e Infantil ( repetidores de 6º)  no Pavillón do Ceip Randufe. Foi unha tarde na que xogamos moitos partidos e fixemos moitos amigos. Aquí vos deixamos mostra do ben que o pasamos.

Nesta xornada acompañounos o profe Marcos, darlle as gracias pola súa axuda e polo seu bo facer.

 

CAMPO A TRAVÉS 2016-2017

 

Campo a Través Provincial 16-17.

Circuito Loureiro-Camiño da Verdella- San Miguel de Oia ( Vigo)

Domingo 12 de Febreiro 17

O Vpasado Domingo día 12 de Febreiro tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva, no Circuito de Loureiro- Camiño da Verdella en San Miguel de Oia en Vigo. Do noso colexio participou o equipo Alevín Feminino e Benxamín Masculino. Foi unha mañán fría e con moita choiva, con un circuito moi asequible e moi vistoso. Felicitar aos nosos participantes, que como veredes fixérono moi ben.

Podedes ver os resultados premendo aqui



by Dr. Radut