Skip to Content

Monthly archive

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Guillarei

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Guillarei

Curso 16-17

Mércores día 3 de Maio de 2017

 O pasado Mércores día 3 de Maio de 2017 tico lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Guillarei. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes foron 6ºC e 4ºC.

Aquí vos deixamos algúns momentos da xornada

 

CLUBE RIBEX DE TUI

O Club Ribex de Tui, gaña o Trofeo Rosaleira.

O pasado domingo día 28 de maio, tivo lugar o Trofeo Rosaleira, o Cuarteto de Ribex coa coreografía “ Fobia”, proclamouse campeón do mesmo. Neste cuarteto participa Patri de 6ºC.

Na mesma xornada o equipo Xuveníl show pequeño, coa coreografía “ Para siempre”, tamén se proclamou campeón no mesmo torneo e na súa categoría.

Aquí vos deixamos video e fotos para que disfrutedes do ben que o fan e as gañas e ilusión que lle poñen. Noraboa campionas, e un noraboa especial a Patri.

Información facilitada pola familia de Patricia de 6ºC. Moitas gracias

PROMOCIÓN PADEL

Promoción de Padel

O pasado venres 22 de setembro de 2017, tivemos a Laura, Miguel e Samuel do Club Padel 8 que ten a súa sede nas instalacións deportivas de Guillarei. Con eles coñecemos o padel e disfrutamos xogando coas súas raquetas e pelota. Tamén nos convidaron a visitar as instalacións de Padel de Guillarei e disfrutar de unha sesión gratuita. Moitas, moitas grazas.

Día de magosto

                                             MAGOSTO


O 20 de Outubro no noso colexio tivemos o magosto. Estivemos facendo os xogos populares,  foi moi divertido e entretido.

Ese dia comemos castañas e pan con chourizo (choripan) e tamén tivemos a baixada de carrilanas. Este ano houbo un gran número de carrilanas moi chulas: grandes,pequenas...

Tamén houbo moitos accidentes, pero ningún deles foi nada grave. Foron máis ben situacións "graciosas" que se produciron nesta actividade.

Gustounos moito o ambiente que houbo, xa que moitos nenos e nenas trouxeron as suas carrilanas e se divertiron tirándose con elas.

E todo iso fixemos ese dia con chuvia, pero que aínda así o disfrutamos un montón.

                                  Redactores:Jessy e Rodrigo de 6ºC

CAMPIONATO MUNDIAL DE BALONMÁN

Campionato Mundial de Balonmán

Francia do 11-29 de Xaneiro 2017.

Dende o  día 11 ata o 29 de Xaneiro de 2017, terá lugar en Francia, o Campionato Mundial de Balonmán Masculino, no que España xogará no grupo B, e atoparase nos seus primeiros partidos coas selección de: Eslovenia, Macedonia, Islandia, Tunez e Angola.

Aquí vos deixamos un enlace a web oficial do campionato, para que estades atentos aos partidos e aos horarios dos mesmos. http://www.francehandball2017.com/en/

Moita sorte Hispanos!!.

CAMPIONATO GALEGO DE REMOERGÓMETRO

Martina Juncal e Amaia Sebastián no

Campionato galego de remoergómetro.

A Malata (Ferrol)

22-01-17

O pasado domingo día 22 de Xaneiro tivo lugar, no pavillón da Malata en Ferrol, o campionato galego de remoergómetro. Unha disciplina deportiva unida ao remo. Nesta edición estiveron dúas participantes de excepción: Martina Juncal alumna de 6ºB e Amaia Sebastian alumna de 6ºC, ambalas dúas  esforzáronse moito para preparar este campionato, onde se atopaban as mellores remeiras de categoría alevín de toda Galicia. As dúas practican remo en Tui, un deporte, unha paixón e unha tradición a seguir no río Miño.

A nosa noraboa a estas dúas grandes deportistas e a seguir practicando remo. Así mesmo, aproveitamos para felicitar a todos aqueles antigos alumnos do noso colexio que estiveron en dito campeonato, así como a todos os remeiros que participaron neste campeonato, así como no campeonato Nacional que tivo lugar en Castrelo de Miño o pasado sábado e Domingo 28 e 29 de Xaneiro. Noraboa polo voso esforzo e polo voso traballo.

XORNADA DE ATLETISMO

DEPORTE ESCOLAR.

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 16-17

Mércores día 15 de Marzo de 2017

 O vindeiro Mércores, día 15 de Marzo de 2017 terá lugar nas instalación da A Macoca a xornada de Atletismo en pista que se levara a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes serán 5ºA,5ºB e 5ºC. 

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

As probas nas que participaran todos os nenos serán:

60 m. Lisos.

500 m. Lisos.                                    

Lanzamento de Vórtex.                                

Salto de lonxitude.

Lanzamento de peso (2 kg.).

Relevo 4x60 m.

Se algunha familia se quere acercar a disfrutar da proba e compartir a mañá con nós, animámosvos a facelo.

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 21 de marzo contra o equipo do Cangas B.

Os parciais foron: Cangas B- C.B. Tui: 3-3/5-9/3-6/4-8

Información facilitada pola familia de Iria Pato de 5ºC. Moitas gracias

PROMOCIÓN DE SLALOM

Promoción de Slalom.

Porto Deportivo de Tui

21 maio de 2017

O Vindeiro domingo 21 de  maio terá lugar a Promoción de Slalom, Copa Galega nas instalación do Porto deportivo de Tui. Ás 11:00h terá lugar a 1ª Maga e as 12:30h terá lugar a segunda.

 Animamos a todos os nenos e familias do cole a disfrutar de esta xornada de deporte no Río Miño.

O equipo Benxamín do Club Balonmán Tui, No Campionato de Balonmán na Rúa 2017

 O equipo Benxamín do Club Balonmán Tui,

 No Campionato de Balonmán na Rúa 2017

 O pasado 17 de maio de 2017, coma todos os anos, a Federación Galega de Balonmán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo celebrou o Balonmán na Rúa. Un ano máis, este evento tivo como sede na cidade de Vigo, concretamente na zona do Areal, en horario de 10:00 a 18:00 horas.

Alí estiveron @s alumn@s do noso colexio que forman parte do Club Balonmán Tui, nos equipos Benxamín e Alevín.

Uxía Soliño quixo compartir con nós a medalla que conseguíu co seu equipo

Noraboa a todos!.

 

 



by Dr. Radut