Skip to Content

Monthly archive

PROMOCIÓN DE BALONMÁN

PROMOCIÓN DE BALONMÁN

  O pasado Venres 15 de setembro, estiveron con nós Martín, Samuel e Bego do Clube Balonmán Tui. El eles xogamos a balonmán no pavillón novo e pasámolo moi ben. Eles son xogadores de balonmán do clube e animáronnos a probar este deporte que a eles moito lles gusta. Moitas grazas.

 

II TORNEO de NADAL de Bádminton

II TORNEO de NADAL de Bádminton

organiza o Club Bádminton Tui

patrocina a Deputación de Pontevedra.

 O  venres 22 de decembro, de 16:00 a 21:00 h.

no Pabillón do IES San Paio de Tui

 Categorías: 

SUB 11 - SUB 15 - ABSOLUTO

y también RECREATIVO (categoría destinada a aficionados)

O vindeiro venres 22 de decembro o Club Bádminton Tui organiza o II Torneo de Nadal de Bádminton, que estará patrocinado pola Deputación de Pontevedra. Será no Pabillón do Ies San Paio de Tui. As categorías serán Sub-11, Sub-15, Absoluto e Recreativo.

Inscripción son 5€, siendo gratuita para socios y jugadores del Club Bádminton Tui.

Entregaranse trofeos aos catro primeiros de cada categoría e sorteo de agasallos entre todos os participantes.

Será Necesario inscribirse previamente, adxuntamos ficha aquí, que  deberán enviar cuberta ao e-mail:cbtui2015@gmail.com antes do vindeiro día 12 de decembro.

Para máis  información poden chamar ao teléfono 649 901 305 ou por vía mail a:  cbtui2015@gmail.com

 

 

FESTA DO JUDO VIGUÉS

Festa do Judo Vigués

O pasado día 18 de decembro de 2016, tivo lugar no Ifevi en Vigo a festa do Judo Vigués,na que participaron varios nenos e nenas do noso colexio, Lía Salvado, Erea Diez, Titanio, Ruth Blanco, Aloia Pato e moitos máis. Foi unha xornada moi importante para tod@s @s participantes, boa mostra diso é a foto que adxuntamos do Faro de Vigo.

Esta información foi facilitada pola familia de Aloia Pato e Uxía Soliño. Moitísimas gracias por achegarnos información tan interesante.

2ª XORNADA DE BÁDMINTON ALEVÍN

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 16-17

 O vindeiro martes  31 de xaneiro dará  seguiremos coa competición escolar de Badminton, a 2ª xornada da categoría alevín ( 5º e 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:40h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Randufe directamente, teredes que estar alí ás 16:55h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161

ACTIVIDADES DEPORTIVAS EUROCIDADE TUI-VALENÇA PARA O ANO 2017

 

Actividades deportivas da Eurocidade Tui-Valença para o ano 2017

 

Unha trintena de actividades de 18 modalidades deportivas conforman o programa que

para este ano 2017 oferta a Eurocidade Tui Valença no ámbito deportivo.

 

  • VI Eurocidade BTT que terá lugar en marzo.

  • 22/04/2017 I Copa San Telmo en fútbol.

  • Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade,

  • 8-10/04/17 III Torneo Baloncesto.

  • 11/06/17 VI Eurocidade 10 de atletismo.

  • 17-18/06/17 III Torneo de Judo.

  • 25/06/17 IV Campionato de Kung.

  • VII Travesía a Nado (xuño).

  • II Festival Aéreo (xullo).

  • II Descenso en Boias (xullo).

  • VI Torneo de Balonmán (agosto).

  • IV Trofeo de Hoquei (setembro).

  • II Campionato de Xadrez (setembro).

  • IV Torneo de Tenis (setembro e outubro).

  • 13-15/10/17 II Rallie Eurocidade.

  • IV Torneo de Baile Deportivo (novembro).

  • 25/11/17 II Urban Trail Night.

  • I Liga de Padel (anual)

Animamos a todos os nenos e nenas do noso centro así como ás súas familiasadisfrutar do

deporte na eurocidade.

 



 

GUSTAVO RODRÍGUEZ CAMPIÓN DE TRIATLÓN

Gustavo Rodríguez Campión do Triatlón Illa de Madeira Portugal

O pasado domingo, 26 de marzo tivo lugar en, na illa de Madeira en Portugal a proba de Triatlón, onde o tudense Gustavo Rodríguez se proclamou vencedor do mesmo.

Noraboa Tavo!!

 

PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 20 de maio de 2017

O vindeiro,  sábado día 20 de maio,  vai ter lugar o Campionato Provincial da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 9:30h a 14:00h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. Nesta xornada non haberá autobús, pois os participantes van coas súas familias. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio e chandal do mesmo.. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

pasatempos

                                                            

 

EQUIPO ALEVÍN DO CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana contra o Galicia Social. Os parciais foron de 2-4//1-4//0-9//2-9 afavor do equipo tudense no que xogan varios alumn@s do noso cole.

Noraboa por esta nova victoria.



by Dr. Radut