Skip to Content

Monthly archive

DINAMIZACIÓNS INTERCENTROS

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Guillarei

Curso 16-17

Mércores día 3 de Maio de 2017

O vindeiro Mércores día 3 de Maio de 2017 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Guillarei. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºC e 4ºC. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

CELTA DE VIGO

 Nico de 4ºB compartiu con nós as botas de fútbol que lle regalou Beauvue o xogador do Celta de Vigo

O Xogador Beauvue do Celta de Vigo, regaloulle  a Nico de 4ºB, unhas botas de futbol oficiais, o pasado sábado, 20 de maio de 2017, á saida do adestramento que estaban a realizar nas instalacións deportivas da A Madroa en Vigo.

Nico un gran xogador e apaixoado do fútbol, quixo compartilas cos seus compañeiros hoxe.

PROMOCIÓN DE BÁDMINTON

Promoción de Bádminton

O pasado Xoves 14 de setembro , estiveron con nós Marisa e Jacobo do Club Bádminton Tui. Contaronnos moitas cousas interesantes de bádminton e invitaronnos a practicalo cando queiramos, no seu clube. Moitas gracias.

 

     

Ruta en Bici á Ponte das Febres.

Deporte en Familia.

Ruta en Bici á Ponte das Febres.

Tui

Javier Castro Gómez de 5 anos A, Daniel Castro Gómez de 3ºC e a súa familia, quere compartir con nós una ruta que disfrutaron en familia o domingo 12 de novembro de 2017.

Eles disfrutaron dunha ruta en bici dende a Veiga do Louro ata a Ponte das Febres, polo camiño de Santiago. Unha ruta moi recomendable para facer en bicicleta en familia, ainda que ten un tramo de carretera, non é perigoso e a súa meirande parte é carril bici.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vos animedes a facela coas vosas familias.

 Moitísimas gracias á familia Castro Gómez por facer deporte en familia e compartilo con nós.

PROPOSTA DE CONTOS DEPORTIVOS PARA LER

Proposta de contos deportivos para leer e disfrutar.

Dos alumnos de  3ºA e 3ºB

Onte Xoves día 26 de xaneiro de 2017, seguimos a recibir novas propostas de Contos deportivos para leer, os alumnos de 3ºA quixeron compartir con nós máis contos deportivos.

1º Elena  trouxonos un conto de “Tarta de fresa”. “ Tarta de fresa juega al fútbol”. Un libro de onde ademáis de xogar ao fútbol, os nosos protagonistas se dan conta que o máis importante é a amizade.

2º Uxía e Nico quixeron compartir con nós outra das súas lecturas favoritas das aventuras de Jerónimo Stilton “¡El misterioso caso de los juegos olimpicos!”. Un libro de aventuras onde a sospeita de que un equipo gañe todas as competicións, leva ao noso amigo a investigar e “La carrera más loca del mundo”. Onde o noso amigo ten que participar nunha carreira de patíns-cohete, un fin de semana de pesadilla.

3º Brais, Hugo e Nico tamén nos truxeron libros dos “Futbolísimos, El Misterio de los árbitros dormidos”. “El misterio del ojo de halcón” e o “Misterio del portero fantasma”. O que nos demostra que a moitos nenos e nenas do noso colexio lles encanta esta colección.

Moitísimas gracias a tod@s @s alumn@s de 3º por compartir con nós as súas lecturas favoritas. Dende o equipo de Deporte Escolar aproveitamos para animar a tódolos  nenos e nenas do noso colexio a disfrutar do apaixoante deporte da lectura.

BALONCESTO FEMININO

COPA DA RAIÑA 2017

O perfumerías Avenida de Salamanca convertiuse onte en campión da copa da raiña de baloncesto, despois de superar ao Girona nun encontro no que estivo contra as cordas na primeira metade pero no que se refixo capitaneado por una excelente Silvia Domínguez, que foi designada como mellor xogadora do partido, despois de dar una clase maxistral de bo baloncesto na segunda metade e levando ao seu equipo a victoria final por un 80-74.

Noraboa aos dous equipos por ese partidazo!!!!!

 

I TORNEO DE LIGA NACIONAL

 

I Torneo de Liga Nacional.

Bronce para o equipo Kaiak polo femenino

do Club Penedo de Caldelas.

 

O pasado fin de semana do 20 de Marzo de 2017, tivo lugar en Arcos da Fronteira en Cádiz o I Torneo da Liga Nacional, na que participou o Club Penedo de Caldelas, proclamándose terceiro a nivel nacional.

Ademáis no mesmo torneo logrou 3 ouros, 1 prata e 1 bronce.

A nosa noraboa a todo o equipo!!

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 6 de maio contra o equipo do Lavadores.

Os parciais foron: S.A.R- C.B.TUI: 8-3/4-4/5-10/8-4

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

EXHIBICIÓN DE JUDO

EXHIBICIÓN DE JUDO

O vindeiro sábado 17 de xuño, terá lugar, as 10:00 horas no pavillón novo de Tui, unha exhibición de Judo. Nela participarán tódolos nenos e nenas que participan nesta actividade extraescolar, para amosarnos o moito que aprenderon e o ben que se lles da.

Animádevos a ir a velos e a animalos.

 

MUAY THAI (boxeo tailandés)

MUAY THAI

 O pasado mes de setembro, César, mestre de Educación Física, estivo de lúa de mel viaxando por Tailandia, país fermoso situado no sureste asiático. Entre actividade e actividade, tivo a oportunidade de presenciar unha velada espectacular de Muay Thai (ou boxeo tailandés), deporte nacional e o máis popular do país.

É un deporte duro, tradicionalmente practicado polas clases baixas xa dende pequenos. Neste tipo de combate empréganse técnicas combinadas de pernas, brazos, pés, xeonllos e cóbados, ademais de barridos, suxecións e lanzamentos.



by Dr. Radut