Skip to Content

Monthly archive

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 18 de Febreiro contra o equipo do Novás, no Rosal.

Os parciais foron:

C.B. Novás- C.B. Tui: 5-7//6-6//8-3//8-7

Neste equipo que xogan vari@s alumn@s do noso cole: Alvaro, Yosra, Uxía e Lía, e un equipo moi novo e que está a xogar moi ben, mellorando moito en moi pouco tempo. Noraboa equipo!

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 3ºA. Moitas gracias

ACTIVIDADES DEPORTIVAS E DE TURISMO EN TUI

Actividades deportivas e de turismo en Tui.

 O Concello de Tui ven de presentar un folleto turístico de actividades a poder levar a cabo en Tui.

Na proposta aparece as posibilidades que nos ofrece:

·        O Monte Aloia, con taxis lanzadeira para facer a baixada polas sendas do Monte Aloia.

·         O Turismo polas rúas históricas de Tui, con rutas guiadas ao casco histórico e ao Tui Xudio

·         E paseos en barco polo Río Miño. Dende o vindeiro mes de abril un barco percorrerá o río Miño cunha duración de duas horas, sendo os horarios previstos ás 11:00h e as 19:00h.

Actividades en familia que vos animamos a realizar e a disfrutar en Tui.

 

FLIC FLAC VIGO

 O Club Flic Flac de Vigo acada 15 medallas no Campionato de España de Ximnasia acrobática.

 O Club de ximnasia acrobática Flic Flac de Vigo, obtivo 15 medallas no campionato de España que tivo lugar en Guadalaxara o nas datas previas ao 18 de maio.

 69 Ximnastas estiveron no campionato, acompañados polo seu adestrador Jorge Méndez, dos cales case a metade subiron ao podium.

 A ximnasia acrobática que está conseguindo grandes éxitos grazas ao gran traballo que está a realizar este gran club.

 Se algunha persoa lle apetece prácticar este deporte, non dubidedes en contactar por whasapp ao teléfono: 698125731

 Ademáis podedes ver videos interesantes do clube nos seguintes enlaces.

 https://www.youtube.com/watch?v=df-WWlDuoUU

 https://www.youtube.com/watch?v=_YqwV302AGU

 Noraboa!

 

PARQUE PENA AVENTURA

Deporte de aventura en Familia

Pena aventura Portugal.

Da man do profe Mateo, mestre de música no colexio, e dos nenos do seu colexio de Fisterra, descubrimos o parque de aventura de Portugal  “Pena Aventura”.

El PENA AVENTURA PARK é un parque de actividades lúdicas e deportes de aventura na Ribeira da Pena, no distrito de Vila Real, na zona Norte de Portugal. É un parque para todas as idades, cunha gran variedade de actividades na natureza, coa tirolina máis grande de Europa.

Aquí vos deixamos a súa web por se é do seu interese:http://www.penaaventura.com.pt/

Eurocidade Urban Trail Night

Eurocidade Urban Trail Night.

Sábado 11 de Novembro de 2017

Eurocidade Valença- Tui

O pasado sábado día 11 de Novembro de 2017 tivo lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, a proba levouse  a cabo entre Valença e Tui, a partires das 20:00h.

 Dende o equipo de Deporte no 2, do Ceip Nº2 de Tui, participamos na proba de apoio como voluntarios, en resposta ao noso proxecto solidario de centro “ Coas nosas mans o teu sorriso”, aportando a nosa colaboración na organización da proba. @s @alumnos de 6º Lara, Alejandro, Pablo, Jessy, Jessica e Brais xunto coas profes Bea e Sara, foron os encargados do reparto do avituallamento na zona portuguesa de Valença, onde atenderon a demanda de máis de 300 participantes. Unha iniciativa deportiva,educativo e pedagóxia, que fixo que os nosos colaboradores recibirán unha felicitación por parte dos organizadores e participantes da proba.

Tamén valorar a labor colaboradora de Alex de 4ºB, que xunto coa súa familia, foron voluntarios da proba,colaborando no circuito nas rúas de Tui, unha iniciativa familiar, onde o espíritu de colaboración e axuda de maneira altruista é tan importante para levar a cabo e facer posible estas probas deportivas.

Unha proba moi atractiva para disfrutar participando, colaborando ou animando en familia

Moitas gracias a todos por facer posibles actividades coma estas.

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 18 de Xaneiro contra o Porriño. Os parciais foron de 3-15//3-13//7-8//9-13 a favor do equipo tudense no que xogan vari@s alumn@s do noso cole. Felicitar o traballo de este pequeno gran equipo que  ademáis de gañar mellorou moitísimo no seu xogo.

Información facilitada pola familia de Uxia Soliño de 3ºA. Moitas gracias

FÚTBOL SALCEDA

Salceda Futbol.

O equipo Alevín do Salceda xogou esta fin de semana do 4 de Febreiro contra o equipo da Guía guardesa. O resultado final foi Salceda 5- A Guía 1. Noraboa equipo!

Información facilitada por Pablo Pérez  de 5ºC. Moitas gracias

CLUBE DE PATINAXE RIBEX

O club de patinaxe Ribex Tui

7º no campionato de España de patinaxe.

 O Club de patinaxe Ribex Tui, 7º no campeonato de España de patinaxe, celebrado a pasada fin de semana do 5 de Marzo de 2017 na categoría Show.

Este posto permitiralle ao equipo tudense particiapar no Campionato de Europa que terá lugar o vindeiro mes de xuño en Italia.

Noraboa a todo o equipo.

 

INDIANA BILL

E POR FIN CHEGOU O DÍA NO QUE FOMOS A INDIANA BILL

OUTRO ANO MÁIS PASÁMOLO XENIAL TIRÁNDONOS POLOS TOBOGÁNS, SALTANDO, RINDO, PASEANDO ENTRE OS LABERINTOS... PERO SEN DÚBIDA UNHA DAS COUSAS QUE MÁIS NOS GUSTAN É QUE AS PROFES SE UNAN A NÓS Sorriso.

 

 

 

 

DINAMIZACIÓN INTERCENTROS

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Pazos de Tui

Curso 16-17

venres día 26 de maio de 2017

 

O pasado, venres  26 de maio de 2017, tivo lugar no pavillón vello de Tui a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pazos de Reis. Na que participanron os alumn@s de 6ºA e 4ºA,

Aquí vos deixamos algunhas fotos do ben que o pasamos e do que disfrutamos durante a mañá.



by Dr. Radut