Skip to Content

Monthly archive

PROMOCIÓN DE LIBROS DEPORTIVOS

Promoción de libros deportivos. 

Hoxe anton de 6ºA quixo compartir con nós, un libro deportivo “ Gol”. Un libro de Luigi Garlando, onde 8 nenos e 8 nenas se unen en un equipo onde o seu obxetivo será que para gañar soamente fai falla DIVERTIRSE. Anímamovos a leer e disfrutar de este libro apaixoante onde a diversión está asegurada.

VI EUROCIDADE BTT

VI Eurocidade BTT

A VI Eurocidade BTT, prueba deportiva de ciclismo de montaña, vaise celebrar o 12 de marzo na Eurocidade.

A proba organizada pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas,  agárdase na mesma unha participación cercana aos mil ciclistas. Terá lugar ás 9:00h dende o paseo da corredoira en Tui.

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Infantil do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 26 de marzo contra o equipo do Bueu

O Resultado foi:

Bueu- C.B. Tui: 23-20

Neste equipo que xogan vari@s antigos alumn@s do noso cole: e tamén o fai Maya Moledo de 6ºC. Con este resultado o equipo conseguiu ser Campeón de Copa. Noraboa equipo!

O Vindeiro Venres día 31 de marzo o equipo desprazarase a Xallas na Coruña para xogar a fase de ascenso. O equipo xogará partidos o Venres, Sábado e Domingo. Moita sorte campionas.

Información facilitada pola familia de Maya Moledo de 6ºC. Moitas gracias

PROVINCIAL DE BÁDMINTON

Campionato Provincial Escolar de Bádminton

Curso 16/17

O Vindeiro Domingo 28 de  Maio terá lugar o Campionato Pronvincial Escolar de  Bádminton, no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas. O horario dos partidos será de 10:00h a 13:30h.  E a participación será co equipo de Agrudebam tal como foi a participación na fase previa ao Provincial, que tivo lugar domingo de San Telmo.

CAMPIONAS DE EUROPA

A SELECCIÓN FEMENINA DE BALONCESTO CAMPIONA DE EUROPA

A selección feminina absoluta de baloncesto proclamouse campiona de Europa por terceira vez na súa historia.

Facendo un partido final contra Francia para enmarcar tanto en ataque como en defensa esta xeración acada a súa quinta medalla nos últimos 5 anos.

Ouro no Eurobasket 2013, prata no mundial 2014, bronce no Eurobasket 2015, prata na Olimpiada de Río 2016 e ouro Eurobasket 2017.

Apoiemos máis ao deporte femenino que tantas alegrías nos está dando.

Noraboa campionas!!!

 

 

Xornada de Xogos Populares Galegos

Xornada de Xogos Populares Galegos

Xoves 19 e Venres 20 de Outubro de 2017

O pasados xoves 19 e venres 20 de outubro tivo lugar a xornada de xogos populares galegos. O xoves foron os nenos de Ed. Infantil os que disfrutaron de xogos antigos contados e ensinados polos nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria. O venres foron os alumnos de Ed. Primaria os que disfrutaron de estes xogos: zancos, carreira de carretillos, chave, a rá, a petanca, a billarda, bolos celtas, a goma, os trompos, etc…

Rematamos a xornada coa tradicional baixada de carrilanas. Este ano contamos con 29 increibles carrilanas, fabricadas con moito entusiasmo polos nenos e as súas familias, verdadeiras obras de arte. Moitas gracias por facer posible que os nenos de agora disfruten cos xoguetes de antes.

PROPOSTAS DE CONTOS DEPORTIVOS PARA LER

Proposta de contos deportivos para leer e disfrutar.

Uxía Soliño de 3ºA.

Hoxe martes día 17 de xaneiro de 2017, Uxía Soliño de 3ºA, quixo compartir con nós os seus contos deportivos favoritos. Contounos as aventuras que vivíu na súa lectura e o moito que lle gustaron.

1º Falounos dos “Os Bolechas queren saber…como son os xogos olímpicos e paralímpicos do verán”. Un conto de Pepe de Carreiro que fai un recorrido polos diferentes deportes olímpicos.

2º Tamén nos falou dos “Os Bolechas van de viaxe….as carreiras de Poio”. Neste conto os Bolechas viaxan a Poio unha vila mariñeira e turística que está moi perto da cidade de Pontevedra. As carreiras máis importantes que disfrutan os Bolechas son: as carreiras de remo, as carreiras de sacos e as carreiras de beber….nas que os Bolechas conseguirán ser…. Descubríredelo lendo este apaixoante conto.

3º Uxía tamén compartiu con nós dous contos de Xerónimo Stilton, dos que lle encantou sumerxirse na súa lectura.

·         “ El Marathón más Loco”. Xerónimo Stilton coñece de primeira mán un programa de adestramento para participar nunha carreira deportiva en Ratonia, para iso conta coa axuda do gran atleta e amigo Rataldo Rock.

·         “ El Superratónico día….de campeonato”. Neste conto Xerónimo Stilton é un gran apaixoado do Fútbol coma moitos nenos e nenas do noso colexio. O seu equipo favorito e o equipo de Fútbol de Ratonia. Pero Xerónimo é un afeccionado respetuoso. Por enriba de todo está ser respetuoso, leal e amigable.

Moitísimas gracias a Uxía Soliño por compartir con nós as súas lecturas favoritas. Dende o equipo de Deporte Escolar aproveitamos para animar a tódolos nenos e nenas do noso colexio a disfrutar do apaixoante deporte da lectura.

SÍNDROME DE ASPERGER

18 DE FEBREIRO

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS

CON SÍNDROME DE ASPERGER

 

     

 

 Entramos en www.autismo.org.es para enlazar con esta presentación da CONFEDERACIÓN AUTISMO ESPAÑA, onde podemos coñecer as características das persoas con Síndrome de Asperger (AS).

 

 

JAVIER GÓMEZ NOYA

Javier Gómez Noya gaña o Triatlón de Abu Dhabi

O Galego Javier Gómez Noya, volveu esta fin de semana do 4 de marzo de 2017, á competición deportiva, despois de esa inoportuna caída que lle quebrou o soño de pelexar polo ouro na olimpiada de Río de Xaneiro.

Despois de moitos meses de constancia e preparación, esta fin de semana, participou na proba de Triatlón de Abu Dhabi, que era a primeira proba das series de 2017, onde gañou, colocándose primeiro do ranking das probas de este ano.

A nosa noraboa para este grande do triatlón, o pentacampión do mundo.

Podedes atopar máis información en:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2017/03/04/gomez-noya-vuelve-grande/00031488637603704951149.htm

SENDA POLO RÍO MIÑO

 

Carolina de 4ºA e a súa familia, queren compartir con nós unha proposta de deporte en Familia, a nova senda que vai dende a vella ponte internacional ata o parque do Penedo.

Despois de ir co colexio a actividade de un abrazo no río, Caro levou a súa familia a disfrutar de este entorno tan bonito, na ribeira do Río Miño.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vos animedes a disfrutar de este lugar coa vosa familia.

Moitas gracias a familia de Caro por esta información tan interesante.

 

 



by Dr. Radut