Skip to Content

Monthly archive

DECORAMOS AS LETRAS PARA O MURAL

DECORAMOS LETRAS PARA O MURAL DE VOZ NATURA

Curso 21-22 

Para elaborar o mural de Voz Natura pedimos aos alumnxs de cuarto que nos achegasen os que poidesen calquera elemento natural que tivesen na casa ou preto.

Trouxeron millo, piñas, flores, cortezas, cabaza de esponxa, paus, ramas, castañas, noces... 

Con todos, decoramos as letras do mural de Voz Natura e a mesa na que se van a por as cabazas.

 

 

 

     

 

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2021-22

A NOSA EXPOSICIÓN DE CABAZAS.

Curso 21-22

Todo o traballo das familias deu o seu froito. Chegaron moreas de cabazas de diferentes tipos, formas e cores . Tamén  trouxestes alimentos que podemos obter delas: cabelo de anxo, pipas de cabaza, mermelada... ,incluso esponxas naturais que se poden facer cun tipo de cabaza, a luffa.

Moitas grazas pola vosa implicación. 

 

Aloia Kids Trail 21.

Aloia Kids Trail 21.

Sábado 6 de Nov ás 16:00h.

O vindeiro sábado 6 de novembro de 2021, as 16:00h terá lugar a Aloia Kids Trail unha proba de correr gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui.Evento: Trail do Aloia 2021 (Tui) - Champion Chip Norte

As Categorías serán:

Sábado 6 de Novembro ás 16:00h.

BABY POWER: de 5 a 8 años

BABY ROCKET: de 9 a 12 anos

BABY WARRIORS: de 13 a 15 anos

 

Domingo 7 de Novembro ás 10:30h

ADULTOS: realizarán a súa proba o domingo 7 de novembro, a saída ás 10 30 da mañan e reservado para corredores maiores de 16 anos. 15km e con un desnivel de mais de 600 metros.

A inscrición na proba poderá realizarse cubrindo o seguinte formulario pinchando aquí:

https://ccnorte.com/evento/inscribirme/id/2200/trail-do-aloia-2021

Atoparedes toda a información en :

http://www.traildoaloia.com/

Dende o Equipo de Deporte no 2, animamos a todo o alumnado e familias a sumarse a esta iniciativa de vida sa e saudable, que temos a oportunidade de gozar en tui.

 

CONCURSO " AS AVENTURAS DE MELUCHA"

CONCURSO DE REDACCIÓN

AS AVENTURAS DE MELUCHA.

Curso 2021-22

Dende "Miel de Galicia" chegounos este concurso de redacción tan interesante e invitámosvos a participar.

 

As tres mellores historias serán ilustradas e editadas para que formen parte da biblioteca da escola.

 

 

Que teño que facer para participar

Para participar escribe un conto coas aventuras da abella Melucha  seguindo as bases que aparecen a continuación.É doado, debe estar escrito en en folios DinA 4, a man, en galego e un máximo de 5 folios.

Achégallo ao teu profe antes do 11 de novembro.

Bases completas

1. “As aventuras de Melucha” é un concurso literario co tema central do concurso “Mel de Galicia”, Melucha dende a flor ao tarro.

2. Poderán participar nenos e nenas matriculados en Educación Primaria de Colexios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Os traballos presentaranse en formato DinA4, escritos a man e con redacción en galego, máximo 5 folios.

 

5. Os tres mellores contos serán ilustrados e editados no libro “As aventuras de Melucha”.

6. Os cativos e colexios poderán optar aos seguintes premios:

Para os tres cativos gañadores un lote de Mel de Galicia, máis dez exemplares do libro “as aventuras de Melucha” e un diploma acreditativo.

– Para os trinta primeiros colexios que envíen os contos o premio será un hotel de insectos e un exemplar do libro “As Aventuras de Melucha”.

 

Esperamos as vosos contos! 

Campo a Través Escolar Zonal 20-21.

 Campo a Través Escolar Zonal 20-21.

Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño

Xoves  28  Outubro 2021

            Aquí vos deixamos as fotos e resultados da proba de Campo a Través, que tivo lugar o pasado xoves día 28 de Outubro de 2021, nas Instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño. Noraboa a tod@s participantes.

Resultados:

 

Fotos: 

 

Naturaliza-T

O luns 25 de outubro de 2021, inauguramos o novo proxecto anual de centro que se chama "Naturaliza-T". 

 

Entre todo o colexio imos a lograr esta nova misión, para iso comezamos pisando forte. 

1º Decoramos e preparamos as letras do noso lema: Naturaliza-T.

2º Gozamos da montaxe e de unha divertida proba de pistas, buscando e descifrando esta nova aventura que comezamos hoxe.

Agárdanos un novo curso naturalmente de aventuras, de ilusións sostibles, que dende o equipo de Deporte Nº2 estamos seguros que nos levará a seguir con unha vida activa, saudable e feliz.

Moitas grazas ao equipo de Biblioteca e ao Equipo de Extraescolares por agasallarnos con esta fantástica xornada.

COMEZAMOS CO PROXECTO DE CENTRO

 

NOVO PROXECTO DE CENTRO

Curso 2021-22

 

Comezamos un novo proxecto de centro con moita ilusión. Dende Voz Natura tentaremos implicar ás familias neste proxecto animándoos a participar nalgunhas das actividades propostas.

Unha delas foi a nosa exposición de cabazas, con ela pretendíamos dar a coñecer este producto autóctono que nos ofrece tantas posibilidades, tanto de alimento para animais e persoas coma para facer esponxas naturais ou decorar na festa do Samaín.

Tratamos de promover un desenrolo sostible, obtendo productos e alimentos da nosa terra, dando a coñecer as posibilidades que nos ofrece a natureza.

 

 

REUTILIZA, RECICLA E REDUCE!!

 

 

LEVAMOS LEITUGAS PARA CASA

 

LEVAMOS LEITUGAS PARA PLANTAR NA CASA

Curso 21-22

Os nenxs de 5 anos plantaron leiutugas nos vasos de iogur que reciclaron na aula. Están a tope co proxecto Naturiza-T, implicando ás familias no coidado das plantas, o reciclado e o consumo de productos autóctonos. Fomentamos así un estilo de vida saulable e feliz.

Leváronas para a casa para transplantar nas súas hortas, ou testos e coidalas.

 

 

Esperamos algunha fotiño para ver como crecen!!

ECO-RETO VOZ NATURA. OUTUBRO.

ECO-RETO LIMPAMOS A NATUREZA.

VOZ NATURA

Curso 21-22

Os nenos de primeiro animáronse a participar no eco-reto Voz Natura de Outubro. Limparon 25 metros de natureza. Quedaron sorprendidos coa cantidade de lixo que se pode atopar en tan pouco percorrido.

Grazas chicxs!!

 

Deixámosvos os eco-retos de cada mes por si vos apetece participar. É unha iniciativa tamén para as familias. Se vos animades a facer algún dos retos, achegádenos unha foto antes de que remate o mes do reto e subirémola ao noso instagram. Podedes sacar a foto sen que se vexan as caras. 

 

 

Deixámosvos o enlace ao pdf dos eco-retos por si a fotografía non se ve ben.

INFORMACIÓN PARA PLANTAR NA MELLOR ÉPOCA

A MELLOR ÉPOCA PARA PLANTAR OU SEMENTAR

 

Aquí tedes unha recopilación das mellores épocas e formas para semantar, cultivar ou plantar alguns alimentos.

 

 

Deixámosvos un ficheiro adxunto por si non se ve ben na fotografía.



by Dr. Radut