Skip to Content

Monthly archive

Seguimos o deporte

I Torneo de Fútbol de San Benito.

Gondomar.

06/12/21

O pasado luns, día 6 de decembro de 2021, tivo lugar o I  Torneo de Fútbol de San Benito, no Concello de Gondomar. Neste torneo participou Mateo Freiría de 3ºC co seu equipo, o Atios. Xogaron moitos partidos e pasáronno moi ben, mostra diso foi a medalla que gañou o seu equipo.

Mateo quixo compartir este momento deportivo cos seus compañeiros de clase, así que nos falou da xornada e truxo a medaia para ensinárnola.

Moitas grazas Mateo e Noraboa campión!.

Deporte en Familia

Deporte en Familia.

Álvaro Matellanes visita Portugal.

12-0utubro-21

Álvaro Matellanes e a súa familia, aproveitaron a ponte do 12 de outubro para visitar Portugal. Estiveron en lugares con moito encanto, para facer deporte en familia. Álvaro quixo compartir estes entornos naturais con nós, para que nos animemos a visitalos. 

Moitas grazas a Álvaro e a súa familia.

Deporte en Familia

Javier e Jorge visitan o estadio do Benfica en Lisboa

Deporte en Familia.

11-12-21

A familia de Javier e Jorge Rodríguez Martínez visitaron Lisboa na ponte de outubro. Alí tiveron a oportunidade de visitar o estadio do Benfica. Eles foron os nosos periodistas deportivos en Lisboa. Aquí vos deixamos as súas fotos para que vos animedes a visitar este ou calquera estadio de fútbol.

Moitas grazas a Javier, Jorge e a súa familia.

Deporte en Familia

Muíños do Tripes.

Deporte en Familia.

 17 outubro de 2021.

Carlota de 4ºA, visitou coa súa familia, a ruta dos Muíños do Tripes en Tui, o domingo 17 de outubro. Aproveitando este momento do outono, fixo unhas fotos estupendas que quixo compartir con nós.

Moitas grazas a Carlota e a súa familia.

ECO-PATRULLA

 

ECO-PATRULLA EN MARCHA

Curso 21-22

 

Xa temos funcionando o equipo Eco-Patrulla e fan unha labor primordial no centro. Está formado por 6 nenos e nenas de 6º e 5º de primaria, que van rotando por semanas. 

As súas tarefas son:

-Revisar a horta, sacar malas herbas se houbese moitas e regar.

-Revisar todas as plantas do colexio e regar unha vez por semana.

-Manter o circuito da Milla en boas condicións e informar se hai algún desperfecto.

-Cando comecemos as tarefas de compostaxe terán algunhas responsabilidades que aínda están por determinar.

-Revisar os bancais de interior e regar se é preciso.

Todo isto queda rexistrado no libro da Eco-Patrulla.

 

ECO-RETO VOZ NATURA. DECEMBRO:REUTILIZAMOS

 

ECO-RETO DECEMBRO.

REUTILIZAMOS

 

Moitas actividades estamos a facer neste mes de decembro relacionadas co eco-reto Reutilizamos.

Nenos e nenas de infantil reutilizan bandexas de poliespam e recipientes de conservas ou otros alimentos para facer preciosos portafotos que nos poden servir para regalar no Nadal.

Tamén elaboraron xoguetes, un "Tira e encesta" con vasos de plástico. 

Outra actividade interesante que fixeron foi reutilizar papel de periódico, pintarono de cores e fixeron papel de regalo.

 

 

Oura actividade moi chula dos nenos e nenas de 5 anos de infantil fo  decorar CDs para facer bonitos adornos para colgar na árbore de Nadal coas súas fotos.

 

 

 

 

Na clase de relixión fixeron entre todos un bonito Belén con follas de diferentes cores e formas.

 

FACEMOS ANIMAIS CON ELEMENTOS DA NATUREZA

 

 

ELABORAMOS ANIMAIS CON ELEMENTOS DA NATUREZA

 

Os alumn@s de 4º animáronse a facer algunhas das actividades propostas por Voz Natura. Nesta ocasión elaboraron animais con elementos naturais.

Quedáronlle moi chulos!!

 

 

 

Gustavo Rodríguez e Aida Valiño

Gustavo Rodríguez e Aida Valiño

Día da discapacidade

10 de decembro de 2021.

 

O día 3 de decembro, celebrouse o día da discapacidade. No senso de sensibilizar ao noso alumnado, na diversidade funcional e as capacidades múltiples, estiveron con nós, o venres 10 de decembro Gustavo Rodríguez e Aida Valiño.

O alumnado de 1º e 4º tivo a oportunidade de visualizar, como calquera persoa pode participar nos Xogos olímpicos. Gustavo falounos das distintas categorías que podemos realizar en tríatlon. Contounos que xunto a Héctor Catalá estiveron en Tokio acadando a medalla de Prata. Falamos da natación, da bicicleta e da carreira a pé.

Moitas grazas por deixarnos tan boas sensacións e tantas gañas de practicar deporte.

SEMENTEIROS

3ºC FAN SEMENTEIROS DE PLANTAS AROMÁTICAS 

Curso 21-22

Os alumnos e alumnas de 3ºC xa prepararon os seus sementeiros de plantas aromáticas e condimentos coma Té, Manzanilla, Vainilla, Loureiro, Tomillo, Perexil, Menta, Fiuncho...

Aproveitaron para facelo en conxunto coa titora e a profe Bea de E.F.

Para sementar o Té e a Manzanilla empregaron as bolsiñas das infusións. Agora, coma sempre coas cousas da horta, toca ter paciencia, coidar, dar moito mimo e esperar para poder ver os froitos do traballo.

Bravo rapac@s!!

 

 

SEMILLEIROS

 

2ºA PLANTARON CABAZAS

Curso 21-22

  As sementes de cabaza son das que máis nos trouxestes as familias. 

  Na clase de 2ºA animáronse a facer semilleiros de cabazas. Cando  chegue a primavera pasaranas para a horta. 

  A parte de estar en contacto coa natureza traballaron matemáticas xa  que tiveron que calcular cantas precisarían si tiñan que plantar de tres  en tres.

 Conseguiremos comer exquisitas cremas de cabaza? 

 

 



by Dr. Radut