Skip to Content

Monthly archive

A ARTE E A NATUREZA

En infantil 5 anos fixeron un proxecto relacionado coa arte con motivo do día da arte. E como non podía ser de outra maneira.....o proxecto foi todo un éxito......de aprendizaxe e de resultado visual.

Tendo como referencia á artista xaponesa Yayoi Kusama, este innovador proxecto levado a cabo polas mestras Merce e Ana tiña elementos de refugallo (uns zapatos) e elementos da natureza (unhas plantas).

 

Actividades no Medio Natural. O Túnel de Dna Urraca. Tui

Actividades no Medio Natural.

O Túnel de Dna Urraca en Tui.

Durante o mes de xuño moito do alumnado de primaria, animouse cunha actividade novedosa de sendeirismo, para achegarse á cultura tudense que ten na súa historia, una ruta polo túnel de Dna Urraca, na época xudía en Tui.

Unha ruta da Concellalía de cultura do Concello de Tui, que puxo a proba a búsqueda e resolución de enigmas e probas que acadamos resolver.

 

 Estes pequenos e grandes exploradores lograron percorrela con éxito. Noraboa! 

 Outdoors activity "O tunel de dona Urraca"

1st grade students patcipate in the activity "O tunel de dona Urraca" organized by Tui's tourism office. They had a great time discovering some interesting places and information from Tui.

Actividad Deportiva en Tui

I Feira da Cabaza nas distintas parroquias ao longo do mes de outubro en Tui

EXPOSICIÓNS,DEMOSTRACIÓNS GASTRONÓMICAS, VISITAS GUIADAS...

Ao longo de todo o mes de outubro se vai celebrar no municipio tudense a I Feira da Cabaza con exposicións en moitas das parroquias tudenses e rutas de sendirismo guiadas: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns acolllerán de forma simultánea e paralela ao longo do mes de outubro exposicións de cabazas e actividades relacionadas con este produto da man de asociacións culturais e veciñais en cada unha delas. Unha mostra de produtos que irá medrando semana a semana, e na que se poderán ver múltiples variedades de cabazas, e algunhas de gran tamaño.

A Feira pecharase o sábado 30 e o domingo 31 de outubro en Tui centro cunha gran exposición e venda de cabazas e actividades paralelas con obradoiros tanto para público infantil coma adulto. Tamén cada fin de semana continuarán as visitas guiadas a pozas e regadíos nas parroquias que leva a cabo o club AndaTui.

Nas rutas previstas visitarán boa parte das pozas e regadíos existentes en cada parroquia para explicar a importancia que tiñan no cultivo da cabaza.

A feira está organizada pola Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas, Comunidade de Montes de Baldráns, Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, Pancho Cultural de Randufe, e Asociación Cultural San Fins de Rebordáns, contando coa colaboración do Concello de Tui. 

 

Dende o cole queremos unirnos a esta iniciativa e facer a nosa propia exposición de cabazas.

 

I Feira da Cabaza

LUGARES DE EXPOSICIÓN

  • Areas - Centro Cultural
  • Baldráns – Casa da escola
  • Caldelas – Multiusos da Comunidade de Montes
  • Guillarei – Centro Cultural
  • Paramos – Local no Monte das Penizas
  • Pazos de Reis – Centro Cultural
  • Pexegueiro – Centro Cultural
  • Randufe – Pancho Cultural
  • Rebordáns – Centro Cultural

RUTAS de Sendeirismo GUIADAS

 

  • Sábado, 2 de outubro ás 10 h. Paramos.  Saída dende o Alto das Penizas
  • Domingo,  3 de outubro ás 10 h. Caldelas. Saída dende o local da Comunidade de Montes na ribeira   
  • Sábado,  9 de outubro, ás 17 h.  Guillarei. Saída dende o casa  cultural
  • Domingo, 10 de outubro, ás 10 h. Rebordáns. Saída  dende  a casa cultural 
  • Martes, 12 de outubro, ás 10 h. Randufe. Saída dende o adro da Guía 
  • Sábado, 16 de outubro, ás 17 h. Pazos de Reis. Saída dende casa cultural no Anxo
  • Domingo, 17 de outubro, ás 10 h. Pexegueiro. Saída   dende a casa cultural
  • Sábado, 23 de outubro ás 17 h.  Baldrans. Saída dende a casa cultural
  • Domingo, 24 de outubro, ás 10 h. Areas. Saída   dende a casa cultural
  • Domingo, 31 de outubro, ás 10 h. Tui centro. Saída dende  o Paseo da Corredoira.

Máis información na web do Concello de Tui.

 

Campo a Través Escolar Zonal 21-22 para 3º e 5º

Campo a Través Escolar Zonal 21-22.

Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño

Mércores  24  Novembro 2021

            Campo a Través, en horario escolar de mañá, vai ter lugar o vindeiro mércores 24 de Novembro de 2021. A proba levarase a cabo nas Instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño, dentro do recinto escolar e instalacións deportivas do mesmo.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 3º e 5º de Educación Primaria, que competirán por equipo clase  e asistirán á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.

Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chándal do mesmo se o tiveran. @s nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e volverán  ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento será en autobús gratuíto.

Pinchade aquí se precisas descargar a autorización da proba para asinar e entregar na escola.

Deporte en Familia

Deporte en Familia.

Álvaro Matellanes visita Portugal.

12-0utubro-21

Álvaro Matellanes e a súa familia, aproveitaron a ponte do 12 de outubro para visitar Portugal. Estiveron en lugares con moito encanto, para facer deporte en familia. Álvaro quixo compartir estes entornos naturais con nós, para que nos animemos a visitalos. 

Moitas grazas a Álvaro e a súa familia.

AS GOTIÑAS DE AUGA E O ARCO DA VELLA.- INFANTIL 5 ANOS B

E seguimos traballando en galego nas aulas!!

Os nenos e nenas de 5 anos B, fixeron un contiño moi bonito. E qué ben o leron para que todos vos pasedes un momento agradable coa nosa lingua.

Xa sabedes.....animádevos a ler e a amosar os vosos traballos ao resto da comunidade educativa.

Animo rapaces!!

(Premer na imaxe para ver o conto)

CHEGA A PRIMAVEIRA...CARGADIÑA DE COUSAS BOAS!!

Chega a primaveira e no noso cole xa se nota!!

Na nosa periódica visita á horta xa podemos ver as framboesas teñen pasado o inverno ben e están a medrar como agardamos.

Queredes ver cómo van?

Pois así están case todas as plantas de framboesas.....bonitas, non si?

SEMANA LETRAS GALEGAS 2021

Este ano o noso día, o día do galego, estaba adicado á escritora e tradutora Xela Arias.

Deixámosvos un vídeo que forma parte do documental que a RAG fixo sobre ela para que a coñezades....

Con anterioridade a estas datas, nas diferentes aulas do cole fixeron diferentes actividades para coñecer a figura desta escritora e a súa aportación literaria ao noso idioma.

E case sen darnos conta, chegou a semana das letras galegas....e ainda fixemos unha morea de cousas...

O noso alumnado ata segundo de primaria asistiu ao concerto do grupo Migallas coa obra "Pan de millo", que ben o pasaron!!!

 

  

 

 

Este ano, a pesar das circunstancias quixemos, con todo sentidiño e coidado, voltar á tradición galega dos maios. Coa colaboración de toda a comunidade educativa reunimos fiuncho, pampullos e outros vexetais para que o alumnado de sexto fixera un maio, en colaboración coas aulas de quinto. Quedou estupendo!!!

 

 

O alumnado de cuarto e quinto tamén traballaron sobre os maios,pero mesturando os nosos maios galegos cos bonnets británicos de primaveira. Tamén quedaron moi xeitosos!!

Próximamente poremos unha montaxe cos resultados....

 

As aulas de quinto se conectaron a través da plataforma Twitch ao programa da RTVG Dígocho eu para asistir a estrea do programa nesta plataforma. Un programa moi divertido sobre o galego que nos ensina moitas cousas sobre a nosa lingua.


 

Como actividade de todo o centro......a bailar!!! Un dos nosos bailes máis representativos é a muiñeira. E como somos moi inxeniosos...puxemos a todo o cole a bailar!!! Queredes ver como fixemos???

 

 

 

E por último, resaltar que a nosa mestra Ana Tiedra realizou no Concello de Tomiño en colaboración con Lucía Lomba e con Irene Silva unha instalación artístico-pedagóxica sobre Xela Arias "Entrelazos da memoria". O noso cole participou nesta actividade coloreando uns paxaros que formaron parte desta marabillosa instalación.

 

 

Listaxe Material Escolar 21-22

MATERIAL ESCOLAR ALUMNADO

Con motivo da situación que estamos a vivir, e para evitar aglomeracións nas librarías os primeiros días de curso, adiantamos as listaxes de material por nivel.

O alumnado deberá vir con mascarilla, e traerá ao centro unha de reposto para deixar na aula gardada nunha bolsa de tea, estoxo...etc.

 

Educación Infantil

1º Educación Primaria

2º Educación Primaria

3º Educación Primaria

4º Educación Primaria

5º Educación Primaria (Actualizada 06/09/21)

6º Educación Primaria (Actualizada 06/09/21)

Material Educación Física

EN INFANTIL PLANTAN GRELOS

 

SEMENTEIRO DE  GRELOS EN INFANTIL

Curso 21-22

Os nenos e nenas de 5 nos  plantaron as sementes dos grelos. Agora toca regalos e  esperar para ver que ocorre. 

Temos todos moita ilusión por ver cando sairán!!

 

 

 

 

 

 



by Dr. Radut