Skip to Content

SEMANA LETRAS GALEGAS 2021

Este ano o noso día, o día do galego, estaba adicado á escritora e tradutora Xela Arias.

Deixámosvos un vídeo que forma parte do documental que a RAG fixo sobre ela para que a coñezades....

Con anterioridade a estas datas, nas diferentes aulas do cole fixeron diferentes actividades para coñecer a figura desta escritora e a súa aportación literaria ao noso idioma.

E case sen darnos conta, chegou a semana das letras galegas....e ainda fixemos unha morea de cousas...

O noso alumnado ata segundo de primaria asistiu ao concerto do grupo Migallas coa obra "Pan de millo", que ben o pasaron!!!

 

  

 

 

Este ano, a pesar das circunstancias quixemos, con todo sentidiño e coidado, voltar á tradición galega dos maios. Coa colaboración de toda a comunidade educativa reunimos fiuncho, pampullos e outros vexetais para que o alumnado de sexto fixera un maio, en colaboración coas aulas de quinto. Quedou estupendo!!!

 

 

O alumnado de cuarto e quinto tamén traballaron sobre os maios,pero mesturando os nosos maios galegos cos bonnets británicos de primaveira. Tamén quedaron moi xeitosos!!

Próximamente poremos unha montaxe cos resultados....

 

As aulas de quinto se conectaron a través da plataforma Twitch ao programa da RTVG Dígocho eu para asistir a estrea do programa nesta plataforma. Un programa moi divertido sobre o galego que nos ensina moitas cousas sobre a nosa lingua.


 

Como actividade de todo o centro......a bailar!!! Un dos nosos bailes máis representativos é a muiñeira. E como somos moi inxeniosos...puxemos a todo o cole a bailar!!! Queredes ver como fixemos???

 

 

 

E por último, resaltar que a nosa mestra Ana Tiedra realizou no Concello de Tomiño en colaboración con Lucía Lomba e con Irene Silva unha instalación artístico-pedagóxica sobre Xela Arias "Entrelazos da memoria". O noso cole participou nesta actividade coloreando uns paxaros que formaron parte desta marabillosa instalación.

 

 



page | by Dr. Radut