Skip to Content

Monthly archive

PROXECTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2021/2022 DOS CLUBES DEPORTIVOS DE TUI

PROXECTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2021/2022

DOS CLUBES DEPORTIVOS DE TUI.

Aquí vos deixamos información detallada das posibilidades deportivas que nos ofrece o deporte tudense, para que o alumnado do centro se anime a facer actividade deportiva a diario. Unha vida activa é importante para ter unha boa saúde física e mental. ( Preme enriba da imaxe).

INFORMACIÓN PARA PLANTAR NA MELLOR ÉPOCA

A MELLOR ÉPOCA PARA PLANTAR OU SEMENTAR

 

Aquí tedes unha recopilación das mellores épocas e formas para semantar, cultivar ou plantar alguns alimentos.

 

 

Deixámosvos un ficheiro adxunto por si non se ve ben na fotografía.

ECO-RETO NOVIEMBRE.INVESTIGAMOS

 

ECO-RETO NOVEMBRO

Os nenos e nenas de 4 anos de infantil animáronse co eco-reto de Voz Natura e investigaron sabore dos froitos do outono. Non so sabores, tamén texturas, cores e aromas.

Probaron granadas, uvas, peras, kiwis, caquis, castañas...

 

Atención á respiración

1.Atención á calma, tranquilidade, relaxación e respiración.

Este é o primeiro paso para practicar Mindfulness. Cando algo resulta excitante, dificil...non imos reaccionar automáticamente, senon que imos prestar atención á respiración.

Aquí vos deixamos algunhas propostas para calmarnos, estar tranquilos, relaxadosatender á respiración.

Propostas para Ed. Infantil e 1º Ciclo  

A Rá, Tranquilos e atentos. 3 min

O Espagueti. Tranquilos e atentos. 6min

Respiración da abella. 2:15 min

 Respiración da León. 2:28 min
 Pequenas relaxacións: 2:36 min  Respira. Videoconto. 8 min

 

Propostas para 2º e 3º Ciclo

A Rá, Tranquilos e atentos. 12 min

 Atención á Respiración. 10 min
 A respiración consciente. 6:15 min  Atención a la Respiración. 6:30 min
Centrarse na Respiración: 6:53 min  Introducción a Meditación e Respiración: 12min

 

 

Mindfulness. Escoita Activa

Mindfulness

O Sentido do Oído.

Escoita Activa.

 

 Durante a semana do 1 ao 5 de marzo de 2021, a atención plena tivo como obxectivo pararse na conciencia do que se escoita, escoitando soamente o que se atopa nese intre. Dende unha posición cómoda e tranquila tivemos que respirarescoitar sons e identificalos.

O venres día 5 de marzo, levamos a cabo unha actividade conxunta no centro, de Escoita Activa. Realizouse para todo o alumnado en horario de 12:45h a 13:15h, dentro do desenvolvemento de Mindfulness, que se está a levar a cabo no centro, con motivo do Proxecto Erasmus+.

A actividade consistiu en discriminar auditivamente os sons de música tradicional que escoitaban e reflexalos nunha ficha, ben debuxando, pegando ou escribindo o seu nome. Tivemos sonido de guitarra, gaita, acordeón, pandereta, tambor e triángulo. Unha actividade estupenda, que nos axuda a continuar desenvolvendo a atención plena, a relaxación e a escoita activa dentro do Mindfulness.

 

Moitas grazas á toda a comunidade educativa por colaborar en iniciativas coma esta. 

 

 Hearing (Mindfulness)

 From 1st to 5th of March, our main objective was the hearing awareness, so children had to focus on the present sound.

 On Friday 5th, all school community participated in a game where Rami, our music teacher, played different traditional instruments in different parts of the school and we had to draw, write or paste images, depending on the age, of the instruments that we heard. The instruments were the guitar, the bagpipe, the accordion, the tambourine, the drums and the triangle. It was a great activity that helped us to continue our relaxing and learning of the Mindfulness practice.

A Volta ao Mundo de Lúa Un agasallo de Pascua.

Á volta das vacacións de Pascua, tivemos una bonita sorpresa de Lúa, contándonos noticias de como segue a súa viaxe dando a volta ao mundo.

Coas nosas millas xa se atopa en Turquía. Dende alí enviounos un agasallo que usamos para xogar no recreo: Unha goma de saltar. 

Agora seguimos a saltar corda e a goma para poder pasalo ben durante ese ratiño de lecer. Agradecémolo moito sobre todo este ano que os recreos son tan diferentes aos de outros anos.

 

 Lua's world tour

Lua thank us for helping her to walk more miles and she wanted to appreciate our effort sending us an elastic band to play in our recess.

ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL. RUTA EN PATINETE

ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL.

RUTA  EN PATINETE

O mércores 9 de xuño o alumnado de 4º fixeron unha ruta en patinete.

Primeiro recibiunos a Policía Local que nos contou con detalle as normas de circulación dos patinetes.

Depois puxemos en práctiva o aprendido dende o cole ata a Ponte Romana en Guillarei para coñecer a fauna e flora do entorno.

Cando rematamos desplazámonos ata o Parque do Penedo seguindo o Paseo Fluvial para realizar un taller de alimentación saudable. Fixemos brochetas de froia que estaban riquísimas.

 

Finalmente disfrutamos de un taller de Mindfulnes da man de Vanesa Rodríguez. 

Moitísimas grazas a Vanesa e aos monitores de Medio Natural por ensinarnos tanto.

 

 Scooter route

On Wednesday 9th of June, 4th grade students participated in a scooter route in Tui. 

First, police gave us some rules about how we must circulate with our scooters. Then, we went from school to Penedo park. Besides, we made some healthy snacks and enjoyed an outdoors Mindfulness class. 

Deporte en familia.Rutas con encanto

                Programa de Rutas do mes de outubro

            polas sendas dos Muiños do Tripes.   

                           

RUTAS "POLO CAMIÑO REAL AOS MUÍÑOS DO TRIPES"

Ás rutas sairán dende o Lavadoiro de Riomuíños ás 10h. Percorrido circular de 9 quilómetros. Duración estimada 4 horas. Cada día haberá unha temática diferente.

  • Sábado 9 ás 10 h . Aproximación ao Camiño Real e os Muíños.
  • Luns 11 ás 10 h.  Recuperación de camiños históricos, a A Asociación Muíñeiros do río Tripes: pasado, presente e futuro.
  • Domingo 17 ás 10h. Arquitectura e oficios tradicionais.
  • Sábado 23 ás 10 h. A vida no S. XVIII: camiños e muíños
  • Domingo 31 ás 10 h. Lendas, contos e cantigas.

VISITAS GUIADAS POLA SENDA DOS MUÍÑOS DO TRIPES

Ás visitas sairán do  punto de inicio da Senda ás 11h. Percorrido circular de 4'5 quilómetros. Duración estimada 3 horas. Cada día haberá unha temática diferente

  • Domingo 10 ás 11h. Aproximación aos Muíños e a cultura muiñeira.
  • Martes 12 ás 11 h. A Asociación Muíñeiros do río Tripes: pasado, presente e futuro
  • Domingo 24 ás 11 h. Os muíños no S. XVIII
  • Sábado 30 ás 11 h. Lendas, contos e cantigas.

 

Carreira de San Martiño 21

Carreira de San Martiño 21

CEIP Nº2 de Tui

Venres 12 novembro de 2021

O venres 12 de novembro tivo lugar a Carreira de San Martiño, na nosa escola. Onde cumprindo coas medidas de seguridade Covid-19, levamos a cabo esta proba deportiva, na que o alumnado gozou de unha xornada estupenda.

A proba levouse a cabo por niveis, onde @s deportist@s deron o mellor de si para chegar o antes posible á meta.

Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos. Grazas a todo o alumnado e profesorado, por facer posibles momentos coma estes.

ECO-RETO VOZ NATURA. DECEMBRO:REUTILIZAMOS

 

ECO-RETO DECEMBRO.

REUTILIZAMOS

 

Moitas actividades estamos a facer neste mes de decembro relacionadas co eco-reto Reutilizamos.

Nenos e nenas de infantil reutilizan bandexas de poliespam e recipientes de conservas ou otros alimentos para facer preciosos portafotos que nos poden servir para regalar no Nadal.

Tamén elaboraron xoguetes, un "Tira e encesta" con vasos de plástico. 

Outra actividade interesante que fixeron foi reutilizar papel de periódico, pintarono de cores e fixeron papel de regalo.

 

 

Oura actividade moi chula dos nenos e nenas de 5 anos de infantil fo  decorar CDs para facer bonitos adornos para colgar na árbore de Nadal coas súas fotos.

 

 

 

 

Na clase de relixión fixeron entre todos un bonito Belén con follas de diferentes cores e formas.

 



by Dr. Radut