Skip to Content

Monthly archive

CORAZÓN DE CARBALLO

CORAZÓN DE CARBALLO

Os nenos e nenas de 2º foron de visita á granxa escola Corazón de Carballo e pasárono xenial. Dividíronse en 3 equipos: visitar aves, visitar cadras e ver como funcionaban os molinos antigamente. Pasaron o día e voltaron moi entusiasmados!

 

Promoción de Balonmán.

Promoción de Balonmán.

O pasado luns 13 de setembro estiveron con nós monitores do Clube Balonmán Tui. Con eles xogamos a balonmán no pavillón novo e pasámolo moi ben. Eles ademais son xogadores de balonmán e animáronnos a probar este deporte que a eles tanto lles gusta. Moitas grazas.

 

Noraboa ás gañadoras do sorte de agasallos que levou a cabo o Club Balonmán Tui.

Campo a Través Escolar Zonal 20-21.

 Campo a Través Escolar Zonal 20-21.

Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño

Xoves  28  Outubro 2021

            Aquí vos deixamos as fotos e resultados da proba de Campo a Través, que tivo lugar o pasado xoves día 28 de Outubro de 2021, nas Instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño. Noraboa a tod@s participantes.

Resultados:

 

Fotos: 

 

Eurocidade Urban Trail Night. Sábado 27 de Novembro de 2021 Eurocidade Valença- Tui

Eurocidade Urban Trail Night.

Sábado 27 de Novembro de 2021

Eurocidade Valença- Tui

 O pasado sábado día 27 de Novembro de 2021, tivo lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, entre Valença e Tui, a partires das 20:00h.

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, participamos na proba de apoio ao avituallamento, como voluntarios. Agradecemos a colaboración de Lucía, Aeneas, Alejandro, Xenxo e Julián alumnos do noso cole e as súas familias. Pero tamén a colaboración especial de Montse, Fernando, María, Juan e Bea Paniagua. A organización do Urban Trail Night felicitou a todo o equipo de voluntarios, grazas a eles a proba foi un éxito.

Moitas grazas equipo.

 

PLANTAS

Á clase de 3ºB chegou Ramón.

   

O alumnado de 3ºB recibiu no mes de decembro un agasallo especial. Ramón un amigo da escola que lles viu a ensinar moitas cousas da auga regaloulles un cactus, pero non é un cactus calquera. El é Ramón un novo compañeiro de clase ao que cuidar e mimar, para que medre saudable.

CONTACONTOS EN GALEGO: A EIRUGA LARPEIRA.....QUÉ FAME!!.- INFANTIL 5 ANOS B

...E seguimos traballando en galego cos nosos nenos. Nesta ocasión, os nenos e nenas de Infantil 5 anos B, traballaron un conto marabilloso: A eiruga larpeira. Fixeron entre todos os decorados do conto e aprenderon moitas cousas en galego sobre as eirugas e a comida....eles e elas sí que son larpeiros!

Para que vexades qué bonito é este conto e vos animedes a lelo...aquí vos deixo a sesión de contacontos que fixeron coa axuda da súa mestra.

Bravo nenos e nenas!!!

Fai clic na imaxe....

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 
 
(preme na imaxe para visualizar o video)

SEMENTANDO SEN PARAR!!!

O alumnado de infantil, nesta ocasión o alumnado de 5 anos e de 3 anos B, fannos chegar unha pequena mostra do seu gran traballo na horta de Lúa. Os nosos pequenos agricultores pasaron uns momentos moi divertidos nela.

 Non Stop Seeding!

Our 5 year old children visit Lua's garden and they gave us some pictures showing the great work that they've done.

 

Ginkana do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar 21 .

Ginkana do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar 21 .

15 Xuño do 2021

O día 15 de xuño tivo lugar a ginkana deportiva con pistas e xogos que achegan o noso alumnado ao Camiño de Santiago. Levouse a cabo para o alumnado de 3º, nas inmediacións da cidade de Tui,  cunha duración de una xornada lectiva, en colaboración do centro coas  familias, o Concello de Tui e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.

 

Grazas a tod@s por facer posible, que o alumnado de 3º disfrutara de esta actividade  de vida saudable e feliz, nun entorno como é o Río Miño.

 

 

 

 Santiago's way ginkana

On June 15th 3rd Grade enjoyed a ginkana in Tui where they discovered some parts of Santiago's way. Thnks to Tui's council and some parents our students learnt a lot and had a great time.

Deporte en familia. Rutas con encanto. Subida ao Monte Tetón en Tebra.

Deporte en familia.Rutas con encanto.

Subida ao Monte Tetón en Tebra.

O mércores 25 de setembro, Abel de 4ºA fixo coa súa familia a subida ao Monte Tetón que se atopa no límite oeste do Concello de Tui co Concello de Tomiño, entre as parroquias de Malvas e Tebra.

Na súa subida estiveron vendo os petroglifos, que alí se atopan e incluso subiron ata o banco, que se atopa no máis alto do monte, para ter unhas fantasticas vistas do Val de Tebra.

 

Aquí vos deixamos un enlace para que vos animedes a visitalo coas vosas familias, como fixo Abel: Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón.

 



by Dr. Radut