ECO-PATRULLA

 

ECO-PATRULLA EN MARCHA

Curso 21-22

 

Xa temos funcionando o equipo Eco-Patrulla e fan unha labor primordial no centro. Está formado por 6 nenos e nenas de 6º e 5º de primaria, que van rotando por semanas. 

As súas tarefas son:

-Revisar a horta, sacar malas herbas se houbese moitas e regar.

-Revisar todas as plantas do colexio e regar unha vez por semana.

-Manter o circuito da Milla en boas condicións e informar se hai algún desperfecto.

-Cando comecemos as tarefas de compostaxe terán algunhas responsabilidades que aínda están por determinar.

-Revisar os bancais de interior e regar se é preciso.

Todo isto queda rexistrado no libro da Eco-Patrulla.