Blog Deporte Escolar

Por beatrizgonzalez
02/06/24

A Milla

Maio 2024

ODS 14,15 e 17

Biodiversidade

O Carballo en Galicia.

Durante o mes de Maio de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario. Neste caso recibiron as últimas medallas do noso proxecto correspondentes ao ODS 14,15 e 17. Unha vez completadas todas as medallas, tocou sortealas e cada quen levou a súa de agasallo como recordo por esta gran viaxe polos ODS Diver-xentes.

A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.

 

Este mes tocou coñecer a influencia do Carballo no Baixo Miño. Unha madeira con moito respeto e agarimo nesta zona.

Despedimos un proxecto fantástico que deixa unha pegada importante no noso alumnado. A por esa axenda 2030 cumplindo os Obxetivos de desenvolvemento sostible.

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
29/05/24

Ruta do Río Lagartón

Mércores 29 de maio 2024.

 O pasado, mércores día 29 de maio de 2024  tivo lugar a ruta do Río Lagartón, para todo o alumnado de 2º. Tivo lugar en horario de 9:15 a 14:15h. Consistiu nun paseo,  dende o colexio polo Camiño de Santiago, Veiga do Louro, Río Lagartón e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos durante a actividade.

Unha fantástica xornada onde todo o alumnado gozou das propostas, da natureza, das árbores, prantas e alimentación saudable, facendo unha boa xestión dos residuos. 

Moitas grazas a Óscar, Pablo, Juncal e Lucía P, grazas a eles todo foi máis doado.

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
28/05/24

"Vive o Rural"

Corazón de Carballo

Alumnado de 1º Ed. Primaria.

O pasado martes 28 de maio de 2024, os alumnos e alumnas de 1ºEP visitaron a granxa escola de Corazón de Carballo. Foi un gran día de convivencia gozando do horto, animais e talleres moi divertidos.

Grazas á Deputación de Pontevedra e o “Programa Vive o Rural” puidemos desfrutar desta experiencia.

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
24/05/24

DEPORTE ESCOLAR.Gifs Animados de Atletismo

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 23-24

Venres 24 de maio de 2024

 O pasado venres, día 24 de maio de 2024 teivo lugar nas instalación da A Macoca a xornada de Atletismo en pista para o alumnado de 5º de Educación Primaria.

Unha xornada na que participamos en lanzamento de vortex, lanzamento de peso, salto de lonxitude, carreira de 60m, carreira de 500m  e proba de relevos.

Grazas a Agrudebam pola organización.

AgruDeBaM | Tomiño

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
22/05/24

Paseo  fluvial polo rio Miño

d@s nen@s de primeiro.

O pasado mércores día 22 de maio de 2023, o alumnado de 1º de Educación Primaria, realizou unha viaxe en barco polo Río Miño, no Cabo Fradera, grazas á Comandancia Naval do Miño. Unha actividade de achegamento ao entorno natural, que fixo as delicias dos máis cativos. Aprenderon dos deportes de auga, das plantas e da fauna do mesmo.

Moitas grazas a Comandancia Naval do río Miño por darnos a posibilidade de vivir o río dende dentro.

Etiquetas: