Blog Deporte Escolar

Por beatrizgonzalez
21/06/24

O noso centro no Faro da Escola.

Durante este curso 23-24 o noso centro participou no Faro da Escola de Faro de Vigo. O alumnado foi quen de editar un xornal, para isto visitamos a sede de Faro de Vigo, e na escola editamos todas as noticias que tiveron que ver con nos. Noticias deportivas, de actividades no medio natural, do 50 aniversario, de Voz natura, conmemoracións etc.

Mestres do centro estiveron o día da súa impresión na rotativa.

E o día 20 de xuño recibimos no colexio a nosa publicación. Menuda emoción. 

Tamén recibimos 2 premios de Faro da escola. Mellor portada e mellor publicidade.

Grazas a Faro de Vigo por tanto.

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
19/06/24

Tui en Ruta 24.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui,  organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.

Dita actividade estivo destinada os/as 60 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.

A actividade tivo lugar o martes 18 e mércores 19 de xuño de 2024.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado, ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propuxemos dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 18 de xuño, estaba prevista unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo, debido as condicións metereolóxicas adversas, tivemos que modificar a actividade. Durante o día fixemos actividades deportivas no centro, pola tarde tivemos visita de David Fernández, que nos falou das diferentes modalidades de ciclismo, un referente a  no mundo do ciclismo a nivel mundial, finalizamos cunha ruta en bicicleta ata a praia de Guillarei onde tivemos contacto coa pesca grazas á familia de Pedro Medina. 

 

2ª Xornada: O día 19 de Xuño  levaríamos a cabo unha xornada de piraguismo.

 

Grazas ao Concello de Tui, á policía Local de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense  e as distintas entidades  que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa.

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
18/06/24

Promoción de Fútbol

Martes 18 de xuño de 2024.

O martes 18 de xuño de 2024 o alumnado de 1º,2º,3º,4º e 5º de Ed. primaria, gozou do deporte. Con Juan e varios xogadores coñecemos o Tyde Fútbol Club que adestra nas instalacións deportivas de Fútbol Alvarez Durán de Tui. Un deporte fantástico que nos animaron a practicar e a realizar durante o verán no seu campus.

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
17/06/24

50 Aniversario CEIP Nº2 de Tui

17-06-2024

Encontro de antigos alumnos, mestres e ANPAS da escola.

O pasado luns día 17 de xuño de 2024, tivo lugar na escola un encontro de antigos alumn@s, mestres e membros das distintas ANPAS que viñeron contarlle aos nenos e nenas de hoxe como era a escola de antes. Faláronlle dos deportes que facían, do comedor escolar, das merendas, das asignaturas, dos castigos etc... Unha xornada moi motivadora, emotiva e de reencontros coa que o pasamos moi ben.

 

 

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
15/06/24

Aloiada 24

O C.E.I.P. Nº2,   C.E.I.P. Nº1,  C.E.I.P de Pazos de Reis de Tui,  C.E.I.P. Rebordáns, C.E.I.P. Guillarei, C.E.I.P. de Caldelas e o CPR Hnos Maristas de Tui en coordinación dos seus departamentos de Educación Física, o Concello de Tui e as dirección dos centros educativos, organizaron 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia.

Dita actividade estivo destinada os/as 120 alumnos/as de 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Tui.

En coordinación co Concello de Tui, cos responsables do Parque Natural e coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e cos responsables dos clubes deportivos colaboradores, as datas nas que tivo lugar dita actividade foron o xoves 14 e o venres 15 de Xuño de 2024.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo, á vez que achegan ao noso alumnado ao seu entorno natural máis próximo, como é o Parque Natural do Monte Aloia. Para iso os nenos/as disfrutaron de dúas xornadas:

 

 

1ª Xornada: O día 14 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Iniciación a Escalada, Rappel, Orientación, Equitación e Primeiros Auxilios no Monte Galiñeiro. Coordinado coa Federación Galega de Montañismo.

 

2ª Xornada: O día 15 de Xuño  levouse a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubrimos as distintas rutas e riquezas histórico-culturales e naturais do Parque Natural do Monte Aloia. E pola tarde remate cunha toma de contacto cos deportes de auga: Remo e Piragüísmo.

 

Dúas xornadas intensas de deportes de aventura onde todo o alumnado e profesorado de 6º gozamos do medio natural e da convivencia. Moitas gracias a todas as administracións, clubes, colexios, entidades públicas e privadas que fixeron posible que o noso alumnado poidera disfrutar un ano máis de esta bonita aventura. Grazas.

Etiquetas: