Blog Deporte Escolar

Por beatrizgonzalez
03/11/23

A Milla Diver-xente.

O noso alumnado está a realizar millas a diario no patio do cole. O obxectivo é percorrer moitas millas e lograr a colección de medallas dos ODS. 

No mes de outubro e novembro recibiron as follas de rexistro das millas que fan cada día en cada clase, e unha cartiña coa primeira medalla. 

Tamén comezou o reconto mensual, no panel do corredor central, onde se irán rexistrando as millas de cada clase e as medallas que cada clase consigue.

Para cumplir co ODS 3 Saúde e Benestar e o ODS 5 Igualdade de Xénero, activarémonos durante o curso, para intercambiar millas por ods. E ti Activas-T con nós? 

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
03/11/23

 DEPORTE ESCOLAR.

 Encontros Multideportivos

 CEIP Nº2-CEP Pedro Caselles de Tui

 Curso 23-24

 Xoves  día 2 de  novembro de 2023

  O pasado xoves día 2 de novembro de 2023 tivo lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Encontros Multideportivos entre os CEIP Nº2- CEP Pedro Caselles. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h ,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºA, 4ºB. Xogamos a balonmán, volei, bádminton, baloncesto, xadrez e fútbol-sala. Grazas ao colexio Pedro Caselles pola súa visita.

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
03/11/23

Ping Pong | Ping pong, Pixel art design, Motion design animationTenis de Mesa 23-24.▷ Tenis de Mesa y Ping-Pong: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100%  GRATIS!

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.15 , 22 e 29 de novembro2023.

            Os vindeiros mércores  15, 22 e 29 de novembro de 2023, vai ter lugar a competición  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva no Pav. do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º a 6º que queiran participar.

Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro martes 7 de novembro de 2023.Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.

Preme aquí para descargar a folla de inscripción.

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
01/11/23

"Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado. Así cumplindo coa Axenda 2030 traballamos os ods 2 Fame 0 e 3 Saude e benestar.

As modalidades do programa fan ao alumnado protagonista da súa aprendizaxe en colaboración cos compañeiros e compañeiras. Os proxectos que realizarán os centros deben implicar aos axentes da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias, institucións…) e crear entre todos unha rede de traballo cooperativo que mellore o xeito de ensinar e aprender.

O reto para cada mes, para dar resposta aos ODS da axenda 2030 será comer froita e verduras de tempada. Aquí vos deixamos a proposta do mes de novembro.

 

Aquí vos deixamos un modelo de receita para recoller as vosas propostas. 

Etiquetas:
Por beatrizgonzalez
31/10/23

Imagenes de calabazas animadas - ImaguiCuchipandas terroríficas de Samaín.

Catrina GIFs | Tenor

O día 31 de outubro de 2023, celebramos a festa de Samaín. Gústanos moito vir vestidos con disfraces para esta época. Pero non podía ser menos importante ter enconta a alimentación típica desta data. Así, que en familia o noso alumnado elaborou recitas terroríficas para degustar na escola a media mañá.. Todas moi saudables!. Bueno algunha foi unha lambetada, que aos nenos nos gustan moito. 

Moitísimas grazas a todas as familias, por implicarse e axudar en eventos coma este. 

Etiquetas: