Animación á lectura

Concurso de lectura: Unha bolsa de patatas fritas na Polinesia

 O 10 de xuño realizamos o concurso de animación á lectura sobre o libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia que estivemos traballando no club de lectura de terceiro curso ao longo dos meses de abril, maio e xuño.

O nivel de traballo e coñecemento do libro foi moi alto,  e redundou en que o desenlace final do concurso non se decidise ata a última pregunta, resultando gañador o equipo formado por Tiago, Lorenzo, Jordana e Mateo.

Nesta ocasión, todos os participantes no club de lectura tiveron un pequeno agasallo e un diploma que acreditaba o seu nivel lector. Asemade, os gañadores obtiveron un diploma de equipo gañador e outro agasallo máis.

Coñece a túa cidade

O 8 de xuñoOs nenos e nenas de Ed. Infantil visitaron coa axuda de Martiño os lugares máis importantes da nosa cidade.

Martiño recibiunos nas Burgas e desde alí guiounos nun percorrido pola Praza Maior, a Catedral e a Praza de San Martiño contaándonos historias moi divertidas.

Como nos portamos moi ben, rematamos a excursión no Parque da Alameda.

Que ben o pasamos!!

Primeiro premio nacional do concurso do Exército de Terra 2022

O traballo realizado polo alumnado de terceiro de educación primaria do noso cole, para participar no concurso escolar do Exército de Terra de 20022, baixo o título: "De base a base e leo porque me toca", foi galardonado co primeiro premio a nivel nacional despois de resultar, tamén, gañador da fase rexional.

O premio consiste en tres ordeadores portátiles, unha placa e un diploma, que deberá recoller unha representación do centro, nun lugar e data aínda por determinar, que posiblemente será en Madrid.

Moitos parabéns para todas as persoas participantes no proxecto.

 

Quedada sobre o libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia.

O último día do mes de maio, realizamos un encontro na biblioteca, con todos os membros do club de lectura para cambiar impresións sobre o libro traballado ao longo do terceiro trimestre: Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia de Jordi Sierra i Fabra.

A ampla participación de todos os seus membros fixo que o encontro fose moi produtivo xa que aproveitamos a ocasión para abordar varios temas de conservación do medio ambiente que levamos traballado ao longo do curso desde o noso PDI.

A experienncia foi moi enriquecedora.

Xa estamos desexando que volva a comezar o novo curso para pór a rodor de noov o Club de lectura.

Mochila viaxeiras en 6º de EP

No curso escolar 2021/2022 o alumnado de  6º curso utilizou dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.

As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido polo titor de 6º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que tivera unha ampla variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.

O material que acompañou a mochila do alumando de 6º curso de Educación Primaria foi o seguinte.

1º mochila:

  • NARRATIVA.
    El maravilloso mago de Oz.Lyman Frank Baum.
  • POESÍA.
    Poemar o mar. Antonio García Teijeiro.
  • CÓMIC.
    Magalina.Sylvia Douyé / Paola Antista.
  • REVISTA.
    Reportero DOC. N.º 290

2º mochila:

  • NARRATIVA.
    La espada del destino. Gerónimo Stilton.
  • POESÍA.
    Lueiro de papel. Antonio García Teijeiro.
  • CÓMIC.
    Amazonia. Gabrión.
  • REVISTA.
    Reportero Doc. N.º 285

Os alumnos e alumnas desfrutaron do contido das mochilas viaxeiras, completando as opcións de lectura co préstamo semanal de libros que se realizou na biblioteca do centro durante o presente curso.

Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos.

Dicir que o alumnado valoroun positivamente o contido das mochilas, achegando e compartindo os seus gustos persoais para vindeiras eleccións dos contidos das mesmas e reflectindo nos cadernos ,mediante debuxos ou textos, o que o contido dos libros elixidos lles suxire.

Libros que van e veñen no curso 2021/2022

Os nenos e nenas de educación infantil, ao longo do curso 2021/2022 seguiron levando os contiños da biblioteca á casa, para gozar da lectura coa familia, seguindo a iniciativa encadrada dentro do programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura: "Libros que van e veñen", co que buscamos a implicación das familias nas actividades da biblioteca, e no empeño por conseguir que as nenas e os nenos do CEIP Manuel Sueiro desenvolvan hábitos de lectura.

Nas seguintes imaxes quedan reflectidas algunhas das actividades que realizaron nas casas coas súas familias:

Libros que van e veñen en 4º de Ed. Infantil

Libros que van e veñen en 5º de Ed. Infantil

Libros que van e veñen en 6º de Ed. Infantil

From the Tate to the Sueiro

Tal e como consta na programación inicial do noso plan anual de lectura, nos cursos de 1º e 2º E.P., integrados nos plans de plurilingüismo e seccións bilingües, respectivamente, desenvolvimos un proxecto baseado nas actividades da TATE GALLERY for kids.

Este proxecto de área participa tamén do xeral do centro, desde o punto de vista da reciclaxe, tendo en conta que moitos dos materias empregados son materiais de refugallo.

Os/as nenos/as de 1º e 2º E.P. deron unha volta pola TATE GALLERY de London e basearon os seus traballos plásticos nas propostas do centro cultural.

Debuxaron aos seus friends, seguindo as indicacións da artista Joey Yu

Chegou o nadal e nada mellor que crear un reindeer. A Tate proponnos un unicorn, pero utilizando materiais de refugallo axudamos a Father Christmas no seu medio de transporte.

E pasamos da tradición ao futuro da man de “BLIPPY, THE ROBOT”. Seguimos os pasos da Tate pero ao noso xeito construímos os nosos robots.

Como fin de traballo, Tobias, o auxiliar de conversa, contounos a historia de Blippy e nós enviámolo ao espazo.

Aproveitando o país de orixe de Tobias e os recursos da Tate, coñecemos un pouco máis a Vincent Van Gogh: Sunflowers, Starry night, ben chulas que saíron as nosas propostas.

Empréstitos na biblioteca no curso 2021/2022

Durante o curso 2021/22 o servizo de préstamo da biblioteca funcionou con taotal normalidade desde a última semana de setembro e ata a primeira de xuño, sen verse afectado polo protocolo COVID.

Realizáronse préstamos dos seus fondos aos membros da comunidade educativa que o demandaron, para poder gozar coa lectura en tempos de lecer e nas súas casas.

Hora de ler en Ed. Infantil no curso 2021/2022

Neste curso 2021-2022  desfrutamos da lectura dun montón de contos con valores que traballamos con conciencia individual e de grupo, sobre todo as emocións e os sentimentos, en sesións de 20 minutos despois  do recreo e dunha pequena relaxación. En moitas ocasións a lectura do conto necesitaba dúas ou tres sesións, contando coas actividades que as acompañaban.

  • MONSTRUO DE COLORES de Ana Llenas , ED. Flamboyant.
  • El MONSTRUO DE COLORES VA AL COLE de Ana LLENAS
  • MONSTRUO ROSA. De Olga de Dios
  • RANA DE TRES OJOS De Olga de Dios
  • PÁJARO AMARILLO De Olga de Dios
  • UNA RICA MERIENDA ED. ANAYA. De Rocío Antón y Lola Núñez. De la colección, Y...ÉRASE OTRA VEZ.
  • EL HADA AGUA Y JABÓN, ESTA ES OTRA HISTORIA De Rocío Antón y Lola Núñez. ED. S.M.
  • AYUDEMOS A CENICIENTA, ESTA ES OTRA HISTORIA De Rocío Antón y Lola Núñez. ED. S.M.
  • A COLMEA. Petra Bartikova. BAÍA EDICIÓNS.
  • EL CICLO DE LA MIEL. ED. EVEREST Cristina Quental Marina Magalhaes.
  • A QUE SABE UN BESO De Olga de Dios.
  • ¿TE ABURRES MINIMONI? De Olga de Dios.
  • UNA EIRUGA MOI LARPEIRA. Erick carle . ed KÓKINOS.
  • 1,2,3 A CONTAR CACAS. GÉRALDINE COLLET. ÉRIC GASTÉ. Ed. CUBILETE.
  • Wangari y los árboles de la Paz. JEANETTE WINTER. EDICIONES EKARÉ.
  • Chivos Chivones. Texto de Bata. Kalandraka
  • A ovella que chocou un ovo. Gemma Merino. Picarona.
  • El conejo blanco. Bata. Kalandraka.
  • Chocolata. Marisa Núñez y Helga Bansch. OQO editora.
  • Hasta que podamos abrazarnos. Eoin McLaughlin y Polly Dunbar. Algar.
  • El lapicero mágico. Luis Amavisca. Nubeocho.
  • El Abejoso. Nadia Shireen. Ed. Cubilete.
  • Pingüino azul. Petr Horácek. Juventud.

Os obxectivos que pretendemos conseguir son os seguintes:

  • Aproximación a lectura de diversos contos coa temática dos nosos proxectos, e potenciando o traballo dos valores, dentro da aula, e na súa vida.
  • Motivar e estimular os nenos pola lectura  .
  • Desenvolvemento da creatividade, atención e linguaxe.

Para conseguilo realizamos diferentes actividades, entre as que destacamos:

  • Comezamos lendo o conto e ensinando as ilustracións .
  • Inventaron títulos relacionados co conto.
  • Imaxinaron ós protagonistas e outras personaxes do conto.
  • Fixeron  debuxos relacionados co conto.
  • Algúns contos sobre, todo os relacionados con educación emocional inventábanlle un título e entre todos escollían un .
  • Memorizaron  algunhas poesía , adiviñas  , e coplas  para recitalas na clase cada neno e nena aos demais compañeiros e compañeiras.
  • Elixiron  o seu conto favorito .
  • Pintaron e decoraron debuxos con materiais de reciclaxe, e reutilizando materiais do colexio que xa non servían.
  • Fixeron unha árbore en forma de símbolo da Paz e decorárono con pombas, recortadas por eles.
  • Fixemos pequenos proxectos documentais.
Distribuir contido