Secretaria

RESERVA DE PLAZA EN CENTRO ADSCRITO

Dende o día 11 de xaneiro e ata o 8 de febreiro de 2022 está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de reserva de praza en centro adscrito (IES Cosme López Rodríguez). 

As familias poderedes cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual nos seguintes enlaces ou ou a través páxina web www.edu.xunta como se indica nas instruccións:

- INSTRUCCIÓNS

RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO A QUE SE ESTEA ADSCRITO (GL)

 - RESERVA DE PLAZA, CAMBIO DE UN CENTRO A OTRO AL QUE SE ESTÁ ADSCRITO (C)

ENQUISA SOBRE O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Co obxectivo de identificar as dificultades e fortalezas sobre o acceso e uso da internet do noso alumnado en caso dun posible confinamento, precisamos da vosa colaboración cubrindo o seguinte formulario por cada alumno/a matriculado/a:

 

ENQUISA SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS

ACTUALIZACIÓN DE DATOS DO ALUMNADO

Co gallo dunha mellor organización, funcionamento e atención ao alumnado do centro, precisamos,como cada inicio de curso, levar a cabo unha actualización de datos do alumnado que neste curso será online. Simplemente terán que acceder ao seguinte enlace e ir contestando dende calquera dispositivo electrónico (móbil, tablet ou pc) ás preguntas formuladas para cada alumno. Unha vez finalizado o formulario deberán premer en "enviar" para que os datos cubertos sexan recibidos no centro.

É de suma importancia para o centro que contesten á enquisa. O feito de non cubrila eximirá ao centro de todo tipo de responsabilidade en caso dunha incorrecta actuación por falta de información.

Un saúdo.

O Director

 

INFORMACIÓN - SOLICITUDES DE LIBROS

Infórmase ás familias que, pendentes de publicar o listado provisional de solicitudes de libros admitidos e denegados, poden pasar polo centro onde se lles informará persoalmente da súa situación en relación a este procedemento.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer