Animación á lectura

Contos de Terror

Este martes na celebración de Samaín o alumnado do centro desfrutou contos de medo na biblioteca.

 

Celebración Samaín

Recordade vir disfrazados ao cole! Pero evitando complementos e máscaras.

 

CONTACONTOS: DONAS DE SÍ

Quique Mauricio, xunto a Tania Solla, interpretaron o o contacontos ilustrado do programa Donas de Si da Secretaría Xeral da Igualdade, achegando os nomes das grandes mulleres da historia: Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, Ernestina Otero, María Victoria Moreno, Ángela Ruiz Robles, e Rosalía de Castro.

 

 

ENCONTRO CON... LEDICIA COSTAS

Durante o segundo trimestre do presente curso, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria lemos o libro "O neno de lume" da escritora viguesa, Ledicia Costas. Na mañá do martes 23 de maio tivemos a sorte de contar coa autora na Biblioteca do centro, quen lles relatou como comezara a escribir e como se podía vivir de escribir libros. Logo tivo lugar unha quenda de preguntas que a escritora foi respondendo de xeito individual e, finalmente, asinoulles os libros ao alumnado que así o quixo, así como outros libros da autora que había na Biblioteca do centro e achegados polos mestres e mestras.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer