6º Curso

REINTEGRO LOTERÍA DE NADAL

Todos aqueles que o desexen poden pasar polo centro, todos os mércores ata o 20 de marzo inclusive, en horario de 16:00h a 18:00h para cobrar o reintegro da lotería da excursión de fin de curso de 6º de Educación Primaria.

SORTEO CESTAS DE NADAL 2023

Este xoves 21 de decembro de 2023 tivo lugar o sorteo das 4 cestas de Nadal.

Os números agraciados son os que seguen:

1º PREMIO: 0813

2º PREMIO: 1746

3º PREMIO: 1927

4º PREMIO: 0454

Parabéns aos premiados!

Enlace do video: https://youtu.be/mWo9ttgMIKQ

Moitas grazas por toda a participación. 

 

 

SALVEMOS O PLANETA

O pasado 6 de novembro o alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu a visita dun membro do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) para informarnos dos riscos e prevención de incendios dos nosos montes como parte do noso proxecto "Salvemos o Planeta".

Encontro Dixitalweek 2023 en Santiago de Compostela

O mércores 8 de novembro de 2023, o alumnado de 6º de Primaria, acompañados pola mestra de Inglés e polo seu titor, puideron participar nunha conferencia e obradoiro sobre a realidade virtual, dentro do programa Dixitalweek 2023.

Así pois, desde unha perspectiva activa, lúdica e cooperativa, ao longo da Dixitalweek, os rapaces realizan distintas actividades académicas relacionadas coa contorna tecnolóxica, así como de tempo libre e obradoiros (xogos, veladas e excursións) que, a maiores do eido estritamente académico, lles axudarán á mellora da súa autonomía e á interacción con rapaces de distintas zonas de Galicia.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitou os obradoiros, onde puido coñecer de primeira man as destrezas dos rapaces nestes eidos, e onde aproveitou para subliñar a importancia “dobremente beneficiosa” desta iniciativa que combina “a aprendizaxe oral do inglés coa formación en competencias dixitais”.

Neste encontro de hoxe, os alumnos realizan actividades de práctica idiomática en distintos escenarios comunicativos vinculados ás contornas tecnolóxica e científica. A maiores, tamén participan en actividades físicas e de socialización que contribúen a mellorar o traballo en equipo entre os participantes.

Para ilo contan co apoio de profesionais como Manuel Vicente, divulgador e presentador do programa Efervescencia da Radio Galega e premio de Xornalismo Científico en 2018, e Déborah García, química, investigadora, e comunicadora científica, que traballa no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas, CICA, da Universidade da Coruña.

DIGITALWEEK

Avaliadas as solicitudes presentadas, dende a Consellería proponse a relación de centros seleccionados e as quendas que lles corresponde, para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria durante o curso 2023/24.

Prema na imaxe para obter mais información:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer