Vida activa e deportiva

Coreografías de Acrosport

Neste vídeo podedes ver un pequeno resume das coreografías de Acrosport que presentou o alumnado de 4º, 5º e  6º.

Fomentando o deporte

Numeroso público acudiu esta última fin de semana á estación de montaña de Manzaneda para disfrutar da liga de trail. Como pode verse na fotografía, entre os asistentes estivo Anxo, alumno de 5º de Educación Infantil, que xunto ao campión do mundo Toni Bou, anímanos a manter unha vida activa a través do deporte.

Formación en Primeiros Auxilios

Este martes 17 tivo lugar no centro unha formación sobre primeiros auxilios e actuación en emerxencias escolares para profesorado e persoal colaborador do comedor escolar.

 

TIRO CON ARCO NO AGUILLÓN - 5º EP

Na mañá do luns 22 de maio, o alumnado de 5º de Primaria puido disfrutar dunha sesión de iniciación ao tiro con arco da man de Cristina Delgado e Diego Fernández, do club rués "Arqueiros do Sil". Dita actividade levouse a cabo nas instalacións ubicadas no Aguillón (A Rúa).

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer