21 DE MARZO, DÍA DO SÍNDROME DE DOWN

Down Galicia edita un libro de Os Bolechas para fomentar a inclusión entre a infancia.

 

 

                                                                                                           Down Galicia edita un libro de Os Bolechas para fomentar la inclusión entre  la infancia | Downlugo       

 

“Xela celebra o seu aniversario” é o título do libro co que a Federación Down Galicia e as súas entidades membro pretenden concienciar ás xeracións máis novas do valor da inclusión e da importancia de vivir nunha sociedade diversa e non excluínte.

Creada por Pepe Carreiro e protagonizada polas personaxes de Os Bolechas, a historia preséntanos a Xela, unha rapaza coa síndrome de Down que estuda no seu mesmo colexio e coa que teñen unha gran amizade. Coa celebración do seu aniversario como fío condutor, o conto explica cunha linguaxe facilmente compresible que é a síndrome de Down e intenta combater ao mesmo tempo os mitos e prexuízos máis habituais sobre esta alteración cromosómica.

A tirada inicial, financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, será distribuída a todos os centros educativos de atención infantil e primaria e ás bibliotecas públicas da Comunidade Autónoma de Galicia cando a situación actual o permita.

 

A importancia da sensibilización

Dar visibilidade á diversidade existente na sociedade, sobre todo nas idades máis temperás, contribuirá a crear un mundo máis tolerante e respectuoso, onde as diferenzas sexan valoradas e non se utilicen como pretexto para discriminar a ninguén.

Desde o Movemento Down en Galicia queremos animar ao profesorado galego a empregar este recurso nas súas aulas para traballar sobre a realidade das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, ao tempo que se pon en valor a importancia da inclusión de todas as persoas.

Consulta o libro premendo nesta ligazón.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer