OCA XIMNÁSTICA !!!

 

Reglas del Juego de la Oca

 

Ola !!

Despois desta atípica Semana Santa, vamos a retomar os bos hábitos. Espero que durante estos días estiverais activos e dinámicos, dándolle ao voso corpo o exercicio que tanta falta lle fai, e mais nestes momentos nos que se atopa mais parado.

 

O que vos traio hoxe como proposta é outro xogo de mesa para divertirse en familia ao mesmo tempo que realizamos actividade física. Trátase do clásico xogo da OCA, no cal en cada casilla terás un pequeno reto físico para realizar. Cada casilla terá unha actividade diferente, según donde caias terás que facer unha cousa ou outra antes de pasarlle o turno aos demais xogadores.

 

Para este xogo solo teredes que imprimir o taboleiro, podedes usar calquera cousa como ficha e un dado.

Espero que lle deades unha oportunidade a este xogo, que seguro que vos fai pasar momentos divertidos.

(Preme no seguinte enlace para ver o taboleiro):

 

A OCA XIMNÁSTICA

 

Moito ánimo e a seguir traballando esos corpos !!!!

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer