Canto sabes sobre o aparello locomotor?

Boas rapaces e rapazas !!!

Despois de ver un pouquiño como estaba formado o aparello locomotor (sistema muscular e óseo) e a súa función, vamos a ver cantas cousas recordades e sabedes sobre eles.

Para iso propóñovos a resolución dun test, este test faise a través dun vídeo, e teredes que escoller a resposta correcta de entre tres posibles nun tempo máximo de 5-7 segundos. (Non marcar, senon pensala).

As preguntas destos test son de niveis moi diversos, polo que moi seguramente non coñezas a resposta a moitas delas xa que son dun nivel elevado, pero non te preocupes nin te desanimes, todo o contrario, cando pase o tempo de responder o propio vídeo daráche a resposta correcta podendo así aprender unha cousa mais!!

Anímovos a que o intentedes facer e anotedes a cantidade de preguntas que respondestes correctamente (podedes ir poñendo nun papel unha marca por cada pregunta correcta e contalas ao final), si queredes podedes axuntarme no correo os vosos resultados (Test Muscular, Test Óseo) co número de respostas correctas de cada un.

 

TEST SISTEMA ÓSEO

 

TEST SISTEMA MUSCULAR

 

Por  certo, como levades iso de facer exercicio?? Recordovos que tedes no apartado de Corpo activo Corpo vivo unha serie de rutinas diarias de exercicio mais dinámico para poñer ese corpo a funcionar, e tamén tedes outras actividades de Ioga no apartado de Polo día con Enerxía ! 

Abre os enlaces e ponte a funcionar, recorda entrar tódolos días, xuntar a toda a familia e facer as rutinas de exercicios para poñer ese corpo en funcionamento!!

En compañía o exercicio é alegría !!

A seguir así !! 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer