Polo día con enerxía !

Como sei que temos que estar metidos na casa e que dentro as posibilidades de movernos son menos... o corpo vaise acostumando a estar quieto, perdendo mobilidade e axilidade, polo que para evitar iso vouvos a propoñer un sinxelo exercicio para activar o voso corpo polas mañas e que vos servirá para axudarlle ao voso corpo a manterse en forma.

O exercicio é “Saúdo ao sol” Trátase dun exercicio de ioga que combina forza, resistencia, flexibilidade e concentración.

Como verás que o corpo cho agradece porque se vaia a sentir xenial, quero que o coides tamén pola tarde e noite, facendo varias posturas de animais ao longo do día como a do can, a do gato, cangrexo, tiburón... as posibilidades son moitas!! E son os propios animais os que vos van a explicar como facelo.

AnÍmote a que o probes a facer tódolos días e que xuntes ao resto da túa familia a que o faga contigo, o exercicio en compañía sempre senta mellor.

Recorda, tres veces ao día entra na páxina e fai click no enlace que che toque, pon ese corpo a funcionar !

 

SAÚDO AO SOL POLA MAÑA

https://www.youtube.com/watch?v=iKfYvENTi40&list=PLBal9AttAE0trW71zxDCcoo4mA0Si5B_n&index=2

 

PARA REAXUSTARSE A MEDIA TARDE

https://www.youtube.com/watch?v=jMOZz7GHaog

 

PARA ESTIRAR E DESCANSAR POLA NOITE

https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY&list=PLBal9AttAE0trW71zxDCcoo4mA0Si5B_n&index=8

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer