Na casa comemos ben!

 

Moi boas, como sabemos, estes días estamos a ter unha situación un tanto excepcional a cal nos obriga a estar na casa, e como pasamos tantas horas preto da cociña é importante recordar que temos que manter uns bos hábitos de alimentación para axudar ao noso corpo a estar san e manterse forte. Por iso e como xa sabemos, temos que beber moita auga, comer moita froita e verduras, e deixar os zumes industriais e refrescos para ocasións “especiais”.

Vamos a intentar realizar polo menos 5 comidas saudables ao longo do día que serían: Almorzo, Media-mañá, Comida, Merenda e Cea. Recorda que as comidas sexan nutritivas e aléxate das comidas azucradas ou graxentas, desfruta da comida que se fai na casa, e si queres un consello: si colaboras na súa preparación… aínda sabe mellor!!

Para que che sexa mais fácil visualizar como realizar comidas saudables déixoche a pirámide alimenticia e a distribución de nutrientes por prato, para que teñas unha referencia de como se pode facer.

Propóñovos que cociñedes en familia e preparedes un prato ou elaboredes un menú saudable e saquedes unha foto das vosas elaboracións. Seguro que o pasades xenial e será RIQUISIMO!! l!!

Moito ánimo, queda na casa e xogade en familia. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer