Samaín 2018:

Un ano máis na última semana do mes de outubro celebramos o Samaín no noso centro con divertidas e terroríficas actividades.

Comezamos decorando o noso centro con diferentes murais e manualidades. E sobre todo, coas cabazas e vasoiras que prepararon os nenos e nenas coa colaboración das súas familias.

 

En primeiro lugar, temos que dar as grazas a todas esas familias que colaboraron cunhas merendas terroríficas que estaban moi ricas. E tamén a colaboración no noso centro axudando a organizar as mesas, comidas e bebidas. Grazas de corazón!!

    

Foi tamén unha xornada moi motivante para o noso alumnado por varios motivos. Por un lado, o esperado túnel do terror, cheo de ruidos estranos e obxectos arrepiantes; e o visionado de cortos de medo na Biblioteca, ambientada para a ocasión. E, por outro lado, a visita das compañeiras de Telemiño e o xornal "La Región" que entrevistaron a profes e cativos sobre esta conmemoración. (Atentos á páxina web onde informaremos cando sae o artigo no xornal).

  

Logo, no patio, cantamos entre todos a canción do Samaín e os nenos e nenas de 4º de Primaria representaron o baile zombie: "This is Halloween". Rematamos comendo esas terroríficas merendas e cun gran baile. Pasámolo xenial!!!

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer