ANPA 22/23

                                                        A Rúa, 22 de setembro de 2022

 

 

Estimados pais e nais, Dende o ANPA Sil, queremos saudarvos de novo, neste novo curso que recen comezou. A xunta directiva de dita asociación, está composta polas seguintes persoas: Presidenta: Cecilia Fernández Rodríguez

Vicepresidenta: Patricia Alonso Fernández

Secretaria: Anabella López González

Tesoreira: Felisa Vizcaya Cives

Vocal: Concepción Rodríguez González

Quedamos todas a vosa disposición, para suxerencias, críticas e demandas relacionadas co centro, e ca educación d@s nos@s fill@s. Ademais de achegarnos as vosas reclamacións de modo persoal, tamén temos a vosa disposición a seguinte dirección de correo electrónico: anpamanuelrespino@gmail.com, e tamén através do whatsapp, no número 607 34 22 31, que é o telefono de Cecilia, a presidenta da ANPA.

Somos un grupo de nais/pais comprometid@s coa educación dos nosos fill@s e coa mellora da comunidade educativa en xeral. Pensamos que, ademais do compromiso individual que temos como educadores dos nosos fill@s, debemos implicarnos de forma conxunta e entender que as familias somos un membro máis da comunidade educativa, xunto c@s propios alumn@s e @s profesores.

Voltaremos a por en marcha unha canle de comunicación mediante o Whatsapp, con un grupo de difusión con un representante de cada curso, para que transmita a información polos grupos de cada curso, se transmita aquela información que nos pareza relevante.

Tras dous anos con actividades restrinxidas, primeiro pola pandemia, e o ano pasado polas obras no colexio, que nos limitaron en canto a dispoñibilidade de espazos para a realización de ditas actividades, este ano tratamos de por de novo en marcha varias actividades.

Solicitamos a vosa colaboración, e queremos pedirvos que vos unades como socios, para poder poñer en marcha novas actividades e proxectos. Para isto solicítase unha cota de 15 €/familia, a ingresar na conta da Asociación antes do 15 de outubro do presente ano, indicando o nome/s e o curso d@/s alumn@/s.

Esta cuota de asociado ofrece como sempre un desconto nas actividades e cursos que se desenrolen a través da ANPA.

O número de conta para realizar o pago da cuota é: ES82 2080 0411 3130 0004 5488

Agradecemosvos que enviedes o xustificante de pago ó correo da Asociación: anpamanuelrespino@gmail.com, indicando un número de teléfono de contacto.

Recordámosvos que podedes contactar connosco para o que necesitedes, no que respecta a vida escolar dos nosos fillos.

Un agarimoso saúdo,

A directiva da ANPA

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer