Skip to Content

Taboleiro

DÍA NON LECTIVO

Luns 20 de maio, día non lectivo

AVISO. LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

A listaxe provisional está publicada no taboleiro interior do centro e accesible a través da aplicación informática o 25 de abril. Poderase formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar, no caso de centros públicos, e ante a titularidade, no caso de centros privados concertados.

Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

O prazo de reclamación abrangue do 26 de abril ao 3 de maio de 2024, reclamacións que poden presentar no centro.

A atención das familias que presentaron solicitude de admisión no CEIP de Galán

No ADXUNTO tedes o pdf co escrito que podedes cumprimentar e entregar, incluso outra persoa que autoricedes, no centro.

PUNTO LARANXA NO CENTRO

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar,  así como a actualización do Protocolo Educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar, que está publicado nesta páxina no apartado de convivencia.

Unha das medidas establecidas nestes documentos é a instalación do Punto Laranxa.

É un espazo físico e virtual. O Punto Laranxa físico está instalado na planta baixa, na hall da entrada, visible e accesible para toda a comunidade educativa.

O Punto Laranxa Virtual está habilitado na páxina web do colexio na barra dereita. Os usuarios e usuarias disporán dun formulario cun único campo de texto para escribir a súa mensaxe.

Aquí tedes a imaxe tal como queda no noso centro.

ESCOLARIZACIÓN ALUMNADO 2024-2025

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2024-2025

Instrucións:

1. Prazo de presentación de solicitudes ordinaria de admisión.

O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)

O prazo de admisión abranguerá do 1 ao 20 de marzo de 2024.

2. Solicitudes

O modelo ED550B e os respectivos anexos están dispoñibles a partir da data de inicio do prazo de presentación na aplicación admisionalumnado, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nos centros docentes onde se facilitará, de forma gratuíta, unha copia en papel ás persoas interesadas que o soliciten.

3. Forma de presentación

a) Presentación electrónica. Modelo ED550B - Anexo II e Anexo II bis, comprobación de datos e consentimento, para o que necesariamente tedes que dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital ( como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como Chave365.

b) Presentación presencial

Pode presentarse no centro docente indicado en primeiro lugar na solicitude.

Tamén se pode  presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. As solicitudes deberán ir acompañada de ser o caso de libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas...

INFORMACIÓN

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

Orde o 21 de outubro 2022

Previsión postos escolares vacantes

Calendario proceso de escolarización

 

IMPRESOS

Solicitude de admisión en galego

Solicitude de admisión en castelá

 

LISTAXE DE RESERVAS DE ALUMNADO PARA O IES DE PASTORIZA

AVISO: Todo o alumnado de 6º que presentou a reserva para o IES de Pastoriza está admitido no posto reservado. Pódese consultar a listaxe no taboleiro interior do CEIP de Galán.

BOLETÍN CFR A CORUÑA DE FEBREIRO PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

BOLETÍN FEBREIRO 2024 CFR A CORUÑA. PICA AQUÍ

AVISO FAMILIAS DE SEXTO

O xoves 22 de febreiro publicarase no taboleiro interior do centro a listaxe de alumnado co posto reservado no IES de Pastoriza. As listaxes que se publican ao longo do procedemento son as xeradas pola aplicación admisionalumnado.

AVISO DE TRANSPORTE ESCOLAR

Publícase o comunicado recibido no centro para información das familias:

Comunicámoslles que hoxe día 15/02/2024 está programada unha concentración de tractores con posibles cortes de tráfico na entrada da cidade da Coruña. Dita movilización tería comezo ás 11.30 horas na Avenida Alfonso Molina con dirección á sede da Delegación do Goberno no centro da cidade. Esta convocatoria pode ter repercusións importantes no tráfico da cidade e das súas áreas metropolitanas.

De acordo os horarios previstos da movilización, estimase que podería dar lugar a atrasos nas expedicións de saída o mediodía do transporte escolar, tanto na recollida nos centros escolares coma na chegada ás paradas dos vehículos escolares.

Agradecemos a difusión desta información a través das canles de comunicación coas familias para facilitar a coordinación do necesario.

Grazas pola súa colaboración.

Un saúdo.

Inspección de Servizos Complementarios

Distribuir contido


by Dr. Radut