Skip to Content

Outros

ASPECTOS A TER EN CONTA

Para poder comunicarvos co centro e o centro con vós, instalade a Aplicación AbalarMóbil (No adxunto tedes as indicacións de instalación da aplicación).

Cómpre que accedades á esta páxina para ir vendo novas e actividades que se celebran no centro. Na galería iremos colgando as fotografías dos actos e celebracións.

ENTRADAS:

Servizo de mañanceiros, desde as 7.00 - 8.50. Organizado polo Concello de Arteixo.

Entrada pola mañá, a partir das 8.50 horas. Haberá profesorado de garda nos accesos de infantil e primaria.

Se se chega máis tarde das 9.05, peche do centro, a familia ou persoa acompañante ten que acceder co alumnado ao interior do centro, conserxería, e asinar a chegada tarde e xustificar a falta de puntualidade ao profesorado titor.

Se o alumnado se incorpora a media mañá o o recolledes no centro, é o mesmo, asinar a recollida e xustificar a falta.

SAÍDAS:

A saída é ás 14.00 horas. O alumnado de comedor ten dúas quendas de saída, 15.20 e 15.50 h. O alumnado de comedor entregarase na porta do hall da entrada ao centro, as familias accederán ata este hall.

ASISTENCIA:

É necesario xustificar as faltas de asistencia ao centro. Se hai 3 faltas de asistencia sen xustificar procederase ao inicio do protocolo de absentismo. As faltas de puntualidade serán contabilizadas tamén.

PRIMEIRO DÍA DE CLASE:

O alumnado de Educación Infantil accede polo seu patio ata as aulas correspondentes acompañado de profesorado de garda.

O alumnado de 4º de Educación Infantil entra en distinto horario acompañado das súas familias ata a propia aula.

O alumnado de 1º de Educación Primaria accederá coas súas familias ata o hall exterior do centro. Chamarase según o curso: 1º A ou 1º B e incorporanse a cada aula co profesorado titor.

O resto de alumnado de Educación Primaria accede ao patio exterior. Chámanse por grupos e suben ás aulas co profesorado titor.

COMEDOR

O servizo de comedor abrangue de 14.00 horas a 15.50 horas. Da organización e servizo informarase proximamente. Estanse rematando as obras do espazo de comedor.

ACTIVIDADES EXTRESCOLARES

De 16.00 a 18.00 organizadas polo Concello de Arteixo.

 

SEMANA DE ROSALÍA 2022. CERTAME DE POESÍA DO CONCELLO DE ARTEIXO

No  mes de febreiro celebrouse a semana de Rosalía de Castro no Concello de Arteixo cun certame de poesía dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

O xoves 24 de febreiro deuse a coñecer o alumnado finalista que terá que asistir á declamación do poema o sábado día 26 na Biblioteca Central.

As alumnas finalistas do noso centro son:

- Aroa Castro Felipe, Mi día en verso.

- Celia Varela Andrade, Los ronquidos de mi padre.

- Lara Haz Conde, Pola contaminación.

- Lúa Baña Baña, A bolboreta fantástica.

- Valeria Tomé Piñeiro, As cores das paisaxes.

- Alicia Cancelo Esparza, Mil palabras.

- Clara Recarey Vilar,  A miña primeira amiga.

PARABÉNS A TODAS !!!

 

Ligazón ao blog da Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo. Certame de poesía de Rosalía de Castro

INFORMACIÓN CONTACTOS COVID-19. SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

Na seguinte ligazón atoparedes información para contactos do

Servizo Galego de Saúde.

Biblioteca aberta polas tardes

A Biblioteca do centro estará aberta polas tardes a partir do día 21 de xaneiro de 2020.

Para quen?

Para o alumnado de Primaria que realizou a inscrición no horario correspondente.

Que se pode facer?

Estudar, ler, realizar consultas e facer as tarefas escolares.

A listaxe de alumnado admitido está exposto no taboleiro.

 

NAVEGA CON RUMBO

O "Plan Navega con Rumbo" é unha das iniciativas que se están a promover desde a Xunta de Galicia dentro do Proxecto Abalar.

O obxectivo é que as rapazas máis novas e os rapaces máis novos tomen conciencia dos beneficios e riscos que supón a navegación polo ciberespazo en toda a súa extensión, tanto a través das páxinas web como tamén das redes sociais, das que cada vez son usuarios máis asiduos.

O alumnado de 5º de primaria recibiu hoxe unha charla sobre este tema; charla impartida por membros do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

                                                                                                   NAVEGA CON RUMBO

 

COIDEMOS O NOSO COLEXIO

Estimadas familias:

Xuntamos un díptico acerca do coidado do centro coa finalidade de recordar a súa historia, valorar os logros acadados ao longo de todos estes anos e a necesidade de transmitir aos novos membros da comunidade educativa a importancia de traballar xuntos cara á súa mellora.

Tamén aproveitar a ocasión para educar aos alumnos e ás alumnas na obriga cívica que teñen de coidar, respectar e valorar os bens comúns que comparten.

Nas titorías faranse traballos específicos acerca do tema. Podedes ver no arquivo adxunto a unidade didáctica.

Haberá unha exposición na entrada do centro que se publicará na páxina web.

Agradeceríamos que deixen ideas e propostas de mellora na caixa de suxestións instalada na planta baixa.

Traballemos xuntos por unha boa formación para todo o alumnado co centro.

Premede na imaxe para ver o díptico.

                                                           COIDEMOS O NOSO COLEXIO

 

Visita ao Parlamento

                          VISITA AO PARLAMENTO

                         

                         

                         

                         

                         

                         

Día de Rosalía (2017)

A continuación podedes ver os murais realizados polo alumnado de 5º de Primaria co gallo do Día de Rosalía, celebrado o 24 de febreiro. Este traballo foi elaborado en grupos de 4 nenas e nenos nas clases de lingua galega.

                   MURAL 1

                           MURAL 2

                           MURAL 3

                           MURAL 4

                           MURAL 5

 

Distribuir contido


by Dr. Radut