Skip to Content

Música

CANCIÓNS POLA INCLUSIÓN

 

OS INSTRUMENTOS CONFINADOS

Xa está aquí a tradicional exposición de instrumentos con material de refugallo!

Este ano en versión confinada. Moitas grazas polo voso esforzo, fixestes un gran traballo.

Montaxe: Sandra (mestra de E.Musical)

 

Un pouco de Música

FESTIVAL FIN DE CURSO 2018

Podedes ver os vídeos das diferentes actuacións do alumnado de infantil e primaria no festival de fin de curso que se levou a cabo o pasado xoves 21 de xuño. Parabéns a todas e todos e feliz verán!

Premede aquí para acceder a ditos vídeos.

"Pakolas" en Galán

O pasado 15 de marzo visitou o noso colexio Paco Cerdeira, "Pakolas" e o alumnado tivo a sorte de asistir ao seu concerto.

Paco Cerdeira é un músico, compositor e produtor con unha longa traxectoria no mundo da música. Leva xa trece anos adicado ao público infantil. Comezou traballando no grupo "Mamá Cabra" como músico, técnico de son e produtor dalgún dos seus espectáculos, cos que acadaron varios premios e recoñecementos.

No ano 2014, decide formar a súa propia banda e así nace "A Gramola Gominola". Crea cancións para un proxecto musical totalmente diferente ao visto ata ese momento, tendo como eixe central o Rock and Roll, explorando e mostrando moitos estilos da música contemporánea ligados ao rock.

No ano 2015 comeza o seu proxecto en solitario, "Pakolas", e nace así unha nova proposta. Segue traballando así con letras e composicións propias e co mundo dos contos.

Pakolas ofreceunos un espectáculo divertido, dinámico e participativo, cheo de enerxía e bo facer; espectáculo onde alumnado e profesorado disfrutamos ata o último acorde das súas cancións.

                                                          Pakolas

 

 

Festival de Nadal

Premede na felicitación para acceder aos vídeos do Festival de Nadal. Tamén hai fotos de grupo na Galería.

                                                BO NADAL!

FESTIVAL FIN DE CURSO 2017

O venres 23 de xuño celebramos no colexio o festival de fin de curso. Houbo de todo: baile, cancións, algunha que outra sopresa... Podedes ver todas as actuacións na seguinte canle de youtube.

V EXPO INSTRUMENTAL - GALÁN 2017

Xa temos o vídeo da quinta edición da Expo Instrumental organizada polo departamento de música. O alumnado de 4º de primaria volveu demostrar can creativo é! Premede na imaxe para ver as obras dos artistas!

                                                                                 EXPO INSTRUMENTAL 2017 

ENTROIDO 2017

O pasado xoves 23 de febreiro celebramos no colexio o entroido. Xa están dispoñibles as fotos e os vídeos.

FOTOS ALFOMBRA

FOTOS PASACALLE

VÍDEOS

Distribuir contido


by Dr. Radut