Skip to Content

"Pakolas" en Galán

O pasado 15 de marzo visitou o noso colexio Paco Cerdeira, "Pakolas" e o alumnado tivo a sorte de asistir ao seu concerto.

Paco Cerdeira é un músico, compositor e produtor con unha longa traxectoria no mundo da música. Leva xa trece anos adicado ao público infantil. Comezou traballando no grupo "Mamá Cabra" como músico, técnico de son e produtor dalgún dos seus espectáculos, cos que acadaron varios premios e recoñecementos.

No ano 2014, decide formar a súa propia banda e así nace "A Gramola Gominola". Crea cancións para un proxecto musical totalmente diferente ao visto ata ese momento, tendo como eixe central o Rock and Roll, explorando e mostrando moitos estilos da música contemporánea ligados ao rock.

No ano 2015 comeza o seu proxecto en solitario, "Pakolas", e nace así unha nova proposta. Segue traballando así con letras e composicións propias e co mundo dos contos.

Pakolas ofreceunos un espectáculo divertido, dinámico e participativo, cheo de enerxía e bo facer; espectáculo onde alumnado e profesorado disfrutamos ata o último acorde das súas cancións.

                                                          Pakolas

 

 



story | by Dr. Radut