Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

VI CERTAME O VELLO DOS CONTOS

O alumnado de 5º de Educación Primaria participou no  VI Certame o vello dos contos coa elaboración dun podcast.

Foi coordinado pola mestra María Berini.

Preme aquí para escoitar o Podcast.

AVALIACIÓN DO SISTEMA EDUCATIVO

O CEIP de Galán foi seleccionado para participar na pilotaxe dunha ferramenta de avaliación competencial na aprendizaxe de matemáticas en 4º curso de educación primaria.

REMATAMOS O CAMPIONATO DE PARCHÍS

Hoxe xogaron a final do campionato de parchís Isabella de 5ºA e Andrea de 1ºA. Foi unha partida moi rifada. Finalmente gañou Isabella. Parabén ás dúas. Grazas tamén a David de 6ºC que colaborou na organización.

SAÍDAS E ACTIVIDADES PREVISTAS MAIO-XUÑO

Actividades previstas, no caso de actualizarse poñeranse nesta mesma entrada. Unhas son do Concello de Arteixo e outras programadas polo propio centro

Saídas a Biblioteca de Arteixo e a de Dora Vázquez en Oseiro: todo o alumnado do centro

6 de maio: 5º E.P, visita Granxa Escola Belelle. Autobús ALSA

8 de maio: 4º E.P, visita o Parque Zoolóxico Marcelle Natureza. Autobús ALSA

8 de maio: 5º C, visita Eroski en Arteixo. Autobús Concello

10 de maio: 2ºA e 2ºB, visitan Belas Artes na Coruña. Autobús Concello

13 de maio: acollida no centro das escolas de infantil de Vilarrodís e Barrionovo e gardaría Vagalume. Autobús Daniel de la Iglesia. (Actualizada)

14 de maio: 6º de E.P, visita con Xabier Maceiras, Froxel ( Manuel Murguía)

15 de maio: 6º A e 6º B, Belas Artes na Coruña. Autobús Concello

16 de maio: celebración do Día da Letras Galegas 2024

16 de maio: 2º C e 6ºC, Belas Artes na Coruña. Autobús Concello

21 de maio: E.Infantil, O Ventoso. Autobús ALSA ( Actualizada )

22 de maio: 3º E.P, O Ventoso. Autobús Daniel de la Iglesia. (Actualizada)

27-28-29 de maio: alumnado e profesorado do CEIP Laguna del Duero de Valladolid, visitan o noso centro

3 de xuño: 6º E.I, visitan os Petroglifos en Larín con Xabier Maceiras. Autobús Daniel de la Iglesia (ANPA Manuel Murguía)

4 de xuño: 5º E.I, visita Suevos, con Xabier Maceiras. Autobús Daniel de la Iglesia ( ANPA Manuel Murguía)

5 de xuño: 4º E.I, saída pola contorna

13 de xuño: sorteo cesta con material escolar, (saída 5º a Leitariegos 2025)

13 de xuño: 3º E.P, ruta polo litoral arteixán. Autobús Concello

14 de xuño: despedida do alumnado de 6º de E.P

18 de xuño: despedida do alumnado de 6º E.I do centro

21 de xuño: fin de curso

 

 

GUÍAS DO PROGRAMA NAVEGA CON RUMBO

O alumnado de quinto de educación primaria recibiu unha sesión formativa do programa Navega con Rumbo.

Deixamos unhas guías que poden ser de utilidade para a comunidade educativa.

Picade  AQUÍ

PARA ALUMNADO

PARA FAMILIAS

PARA PROFESORADO

PROBLEMAS ON LINE? 017

O NOSO PATIO DE RECREO

VISITA A CÓRDOBA. ALGUNHAS FOTOS

Estamos rematando a visita a Córdoba, aquí vos deixamos algunhas fotografías.

En Cáceres

Mérida. O anfiteatro

O Cerro Muriano

   Mezquita

 

Xornada de convivencia deporte adaptado co CEIP Eduardo Lucena.

Ligazón ao Instagram do centro de Córdoba da actividade.

https://www.instagram.com/p/C6JbdjmMUbx/?igsh=ZmF0eXZ5cDNtc204

RETOMAMOS AS SAÍDAS CON XABIER MACEIRAS, ESTA VEZ A UXES

O alumnado de 1º A e 1º B realizou a saída á Estación de Uxes, visitando a estación e un trozo da antiga vía do tren. Toda unha aventura!!!  Tedes as fotos na galería.https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=152

Programa educativo “Navega con Rumbo”

O alumnado de 5º de educación primaria participa no programa Navega con Rumbo o día 19 de abril de 10.00 a 11.00 horas. Programa da Consellería.

Distribuir contido


by Dr. Radut