Skip to Content

PLAN PROXECTA

PROXECTA + AS NOSAS ACTIVIDADES

Aquí tedes a ligazón ao blog do Proxecta +

https://alimentatebengalan.blogspot.com/2023/04/plan-proxecta-alimentate-ben.html

 AS NOSAS ACTIVIDADES

O alumnado de 4º B fixeron uns traballos fantásticos sobre diferentes froitas e asistiron ás aulas de Segundo a presentalas. Estamos aprendendo un montón! Grazas compañeiras e compañeiros!

 

Estampado de froitas en 2º A

O alumnado de 2ºA fixo estas pequenas obras de arte convertindo estas froitas estampadas en cartolinas, en personaxes.... Uns artistas!!!

Estampado de froitas 2º B

O alumnado de 2º B converteu as froitas estampadas en animais invertebrados.... A que quedaron chulísimas?

Estampado de froitas 2º C

Pois os alumnos e  as alumnas de 2º C decidíronse por convertir as súas froitas estampadas en medios de transporte!!! Quedaron espectaculares!!!!

Un mural diferente... Así son os Segundos!!!

O alumnado de 2º A cos seus personaxes, 2º B cos seus invertebrados e 2º C cos seus medios de transporte.... estamparon froitas primeiro en cartolinas, logo déronlle o seu toque persoal..... e o resultado foi esta auténtica marabilla de mural!!!

 

Recuncho da froita de 2º de E. Primaria

O alumnado de segundo armou no seu pasillo un xigante recuncho da froita, para salientar a importancia da froita nas nosas vidas, non como algo esporádico senón como un hábito saudable que debemos incorporar á nosa vida cotiá.

TAMÉN RECICLAMOS!!

Os restos da froita aproveitámolos para facer compost no noso composteiro e así poder logo abonar o noso horto.

COMEZAMOS CO REPARTO DE LEITE

O luns 29 de xaneiro, comezamos co reparto de leite ao alumnado, un brik de 200 ml de leite enteira.

A degustación será antes de baixar ao recreo.

Contamos coas nosas mascotas un ano máis, a vaca Galana e Blasa, a súa filla.

O DIARIO DE ARTEIXO PUBLICA A ACTIVIDADE ALIMÉNTATE BEN

Na seguinte ligazón podedes acceder á noticia.

Diario de Arteixo

Moitas grazas por publicar.

COMEZAMOS CO REPARTO DE FROITA

 Aquí vos deixamos un adianto da froita do luns 15, mazá, recreos saudables!!!!

REPARTO DE FROITA E LEITE NA ESCOLA 2023-2024

A partir do LUNS 15 de xaneiro e durante dúas semanas, o centro participa no programa  “Reparto de froita na escola”. O programa está subvencionado polo FOGGA. Este programa consiste no reparto e degustación de froita dentro do horario escolar.

A partir do 29 de xaneiro, comezaremos co programa de “Reparto de

leite na escola” que terá unha duración de 20 días lectivos.

O reparto consiste nun brick de 20 ml. de leite galega ao día, por cada neno

e cada nena.

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA PLAN PROXECTA + NUTRIESCOLAS

 

Resolución definitiva de centros admitidos no Proxecta +

REPARTO DE MARCAPÁXINAS E VASOS

O Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) informa que o noso centro escolar foi seleccionado como beneficiario da medida de acompañamento do “Programa escolar de consumo de froitas e leite” neste curso 2022/2023 e que consiste nun lote de marcapáxinas temáticos e un lote de vasos que repartiremos estes días entre o alumnado.

 

SEGUNDO PERÍODO DE REPARTO DE FROITA E LEITE NA ESCOLA

A partir desta semana de maio, comezamos de novo co segundo reparto de froita e leite para degustar á hora do recreo polo alumnado do centro.

Os produtos son totalmente gratis.

Para isto teñen que traer unha autorización asinada polas familias.

As froitas serán según o programado:

XOVES 18. Plátano

VENRES 19. Uvas.

LUNS 22. Melón.

MARTES 23. Cereixas.

MÉRCORES 24. Albaricoques.

XOVES 25. Arandos.

VENRES 26. Melocotón

LUNS 29. Nectarinas

MARTES 30. Melón

MÉRCORES 31. Uvas.

O leite: 100% galega enteira e leite tamén sen lactosa en briks de 200 ml.

REPARTO DE FROITA NA ESCOLA

A partires do xoves 19 comezaremos co reparto de froita. As froitas que se repartirán son:
Plátano. Xoves 19
Laranxa. Venres 20
Pera. Luns 23
Melón. Martes 24
Uvas. Mércores 25
Arandos. Xoves 26
Kiwi. Venres 27
Mazá. Luns 30
Mandarina. Martes 31
Uvas. Mércores 1
Encargarase de repartila en cada aula o alumnado de sexto coa axuda dun mestre ou mestra no momento que esté lista (preferentemente será a primeira hora).

Colaborarán na preparación as familias que poidan achegarse ata o centro no horario de 8.30 a 9.30 horas.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!

 

PROXECTA +. ALIMÉNTATE BEN

Publícase a lista definitiva de centros admitidos no Plan Proxecta +. O noso centro é un deles.

O proxecto "Aliméntate ben" está enmarcado dentro da estratexia educativa do Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia) da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta+ de innovación educativa.
As modalidades de "Aliméntate ben" buscan traballar todas as dimensións do feito alimentario dun xeito integral e transversal na comunidade de referencia do alumnado. Responde á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados.
Na temporalización contaremos con actividades e tarefas previas ao reparto do leite e da froita. Con esto pretendemos que a actividade non se reduza únicamente a un momento determinado no tempo, senón que o que queremos é que sexa unha actividade basada na transversalidade e a interdisciplinariedade, e cunha temporalizadión ao longo de todo o curso académico con distintas actividades relacionadas coa alimentación, a inclusión e co ámbito emocional dos hábitos alimenticios do alumno.
O desenvolvemento da actividade farase ao longo de dúas quendas. A primeira quenda terá lugar en xaneiro e desenvolverase ao longo de seis semanas, nas que as dúas primeiras se degustarán as froitas de tempada do inverno insitindo naquelas froitas que nunca probaron e fomentando habituar o padal ás froitas que aínda que son coñecidas non están entre as máis favoritas do alumnado. Todo eso cunha reflexión anterior, durante e posterior sobre aspectos nos que repercute a froita, a súa imporatancia na pirámide alimenticia, a súa procedencia, o seu cultivo e posterior colleita, a importancia dunha alimentación sa, hábitos de hixiene, e a recollida dos desfeitos e restos.
Todo esto vinculado en todo momento cos obxetivos da axenda ODS 30 en canto á produción e consumo responsable e en canto á saúde e benestar.
A continuación, nas seguintes catro semanas pasaremos ao reparto do leite, que ao igual que as froitas, estudando a súa procedencia, os materias de refugallo que xeran, a súa importancia nunha alimentación sa, os seus derivados....
A presentación tanto da froita como do leite será de maneira atractiva e coa menor manipulación posible, e por suposto sempre tendo en conta as normas básicas de hixiene.
No mes de abril faráse unha segunda quenda cunha estructura similar á anterior, pero esta vez faráse primeiro o reparto do leite ao longo de 20 días lectivos e a continuación os 10 días de froita.  Esta vez centrándonos nas froitas de verán como eixe vertebrador.
No caso do recurso, "faille clic ao teu bocata", centrarémonos no segundo ciclo  primaria inicialmente, para poder valorar a súa ampliación de cara ao vindeiro curso.
En todo momento, a metodoloxía sexa variada. Temos que pensar que ao estar involucrado todo o centro, traballaremos todo o proxecto relacionándoo co currículum dende as tic, as ciencias, a educación artística, as linguas, as matemáticas, a biblioteca, as actividades complementarias e extraescolares, etc...
Ademáis promocionarase a participación activa en todo o momento, dando protagonismo en distintas tarefas a distinto alumnado fomentando a en todo momento a inclusión, como o reparto da froita polas aulas, a publicidade , a elaboración de carteis, a creación de recetarios coa axuda das familias, a importancia das alerxias alimentarias, a lectura de libros propostos polos equipos de biblioteca e/ou o EDLG, e  distintas tarefas que vaian surxindo.
Non debemos esquecer, que todos eses procesos de traballo serán reflectidos en diversos traballos finais, como exposicións, libros de receitas, guías de froitas, diferentes muráis, artigos para a revista escolar e para os periódicos locais, etc. Pero sempre valorando o proceso que se seguiu para esa elaboración final, os pasos que se seguiron, os cambios que se adoptaron, os axentes implicados, as dificultades, ou as modificacións executadas para un correcto desenvolvemento da actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut