Skip to Content

Educación física

ENCONTROS DEPORTIVOS PROFESORADO- ALUMNADO SEMANA SANTA 2024

Os encontros están organizados polo departamento de Educación Física do centro. Os xogos nos que participará alumnado e profesorado son: Datchball, Volei e Ultimate.

Educación Infantil

Celebrou un encontro deportivo entre as mestras e o alumnado o mércores día 20 nas dúas primeiras sesións da mañá.

Educación Primaria

No caso de Educación Primaria, os xogos son o xoves día 21 de 9:30 a 11:45 horas aprox.

Nestes xogos participará activamente o alumnado dos diferentes niveis de sexto (A,B,C), mentres que o resto do alumnado de Educación Primaria, acudirá en turnos rotativos ao pavillón para visualizar e animar nos diferentes encontros que se realicen no turno indicado.

Fotos da actividade na Galería, podedes acceder na ligazón:

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=150

 

 

 

ROCÓDROMO NO PAVILLÓN

Instalouse un rocódromo no pavillón cun fondo de montaña para as clases de Educación Física. Na galería tedes imaxes do mesmo.

Campo a través en Carballo

O pasado venres 29 de Novembro tivo lugar, en Carballo, no Campo de Fútbol de As Eiroas, a xornada de campo a través comarcal á

que acudiron as nenas e nenos de quinto e sexto de primaria.

 

Saímos as 9.30 do cole para chegar sobre as 10.15 ao percorrido, xusto para recoller os dorsais, poñelos e facer un pequeno

quecemento antes da primeira carreira na que participabamos o Equipo Infantil Masculino.

 

Posteriormente, sobre as 11, as que tiñan que enfundarse a roupa deportiva foron as nenas do Equipo Infantil Feminino, facendo un

gran papel na proba, chegando a liderala ao comezo da mesma.

 

A partir das 11.15, foi o momento do Equipo Alevín Masculino. Neste caso, pola gran cantidade de nenos participantes a proba dividiuse

en dúas tandas. Na primera delas foi onde obtivemos os mellores resultados tendo en conta que fomos quen de clasificarnos como

segundo mellor equipo para a proba Intercomarcal que se celebrará o día 18 de Xaneiro nos Menhires de A Coruña. Pero os da segunda

tanda fixeron unha gran carreira, copando parte dos primeiros postos ao comezo.

 

Finalmente, sobre as 11.30, foron as nenas de quinto, do Equipo Alevín Feminino, as que participaron na proba pechando andaina do

noso cole no campo a través. Saíron especialmente motivadas, algunhas un pouquiño nerviosas, pero cunhas ganas tremendas de

rematar a carreira da mellor forma posible, pasándoo ben e desfrutando desta nova experiencia.

 

Cando deron as 12.15 collemos de novo os buses para regresar ao cole, chegando as 13 horas para, como premio ao noso esforzo, ter

a clase de última hora da que taaaaantas gañas tiñamos...

 

Valoramos esta experiencia como moi positiva, querendo repetir para o ano que vén e desexando moita sorte aos nosos

compañeiros clasificados para o Intercomarcal.

PARABÉNS!

ATLETAS CLASIFICADOS NA CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINO

 

Posto

Marca

Dorsal

Nome

6

3,54

438

Brais García Pampín

8

4,01

429

Ángel Álvarez Souto

 

EQUIPO CLASIFICADO NA CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINO

 

Posto

Dorsal

Nome

6

438

Brais García Pampín

8

429

Ángel Álvarez Souto

9

452

Hugo Teixeira Sánchez

14

409

Martín García Costa

34

449

Iago Soneira de Pina

36

440

Martín González Creo

FUNDACIÓN ABRENTE - CLUB ENKI

Este xoves as nenas e os nenos de 6º de primaria recibimos a visita dos membros do club Enki, que viñeron contarnos como as persoas con discapacidade poden ser autónomas e facer deporte cos medios adecuados e por suposto coa súa forza de vontade.

En primeiro lugar contáronnos as súas experiencias dous deportistas; un de handbike (ciclismo adaptado ou paraciclismo) e outro que practica tenis en cadeira de rodas.

Despois tivemos a oportunidade de compartir pista con eles e experimentar en primeira persoa como poderíamos superar as dificultades coas ferramentas que eles nos ofrecían.

Tedes fotos da actividade na GALERÍA.

Campo a través (6º de Primaria)

Por fin chegou o día da carreira en Carballo, e inda que clima non foi o desexado, o venres 24  disfrutamos moito con esta nova experiencia.

Primeiro foron os nenos de categoría infantil masculina os que correron a distancia de 1200 metros e poideron comprobar o que significa correr unha proba de resistencia. Seguro que na vindeira ocasión cambiamos a estratexia para dosificarnos mellor e chegar todos máis frescos á meta. Pese a todo, todos finalizaron e principalmente pasárono ben.

Máis tarde, foron as nenas de categoría infantil femenina as que correron a distancia de 1000 metros. Fixeron un gran esforzo e tivemos en certos momentos da carreira nenas moi preto da cabeza. O importante é que acabaron contentas trala proba e con ganas de repetir.

Estamos á espera das clasificacións, pero o obxectivo de pasalo ben foi conseguido con creces. Na GALERÍA hai máis fotos.

                   CAMPO A TRAVÉS 2017

Campaña de baloncesto

Dende o Departamento de Educación Física e coa particpación do Club Baloncesto Arteixo levamos a cabo unha actividade co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria co fin de fomentar o gusto polo baloncesto, promover o deporte e animar aos diferentes cursos a que o practiquen. Levouse a cabo no pavillón do colexio ao longo dos días 5, 6 e 7 de xuño durante as sesións de Educación Física.

Disfrutamos e pasámolo moi ben! 

                                       CAMPAÑA BALONCESTO

 

Tedes máis fotos na GALERÍA.

Moitas grazas a todo o equipo que fixo posible esta labor e, en especial, a Fran e Iván pola súa colaboración.

PROXECTO ENKI

O pasado venres 16 de decembro o alumnado de 6º de Primaria participamos nun proxecto de sensibilización que achega o deporte adaptado como medio de integración e que se está a traballar dende o Concello de Arteixo, Repsol e a Fundación Abrente: "O PROXECTO ENKI". Gustaríanos compartir a nosa experiencia.

A xornada tivo unha duración aproximada dunha hora e media e levouse a cabo no pavillón do noso colexio. A actividade desenvolveuse en tres fases, coa participación de deportistas con diversidade funcional de recoñecido prestixio: Ángel López Fernández e Iván Montero Ferreiro.

  • Fase de apertura da xornada: explicación e presentación sobre a diversidade funcional e como o deporte actúa como medio de integración social. Coñecemos o deporte adaptado?
  • Fase de actividades deportivas e circuítos "Ponte no seu lugar":aprendemos a empatizar coas persoas con diversidade funcional, comprobando por nós mesmos/as as dificultades que poden existir de accesibilidade no medio. Realizáronse rotacións duns vinte minutos polas diferentes actividades: circuíto en cadeira de rodas, handbikes de competición e paseo, fútbol a cegas e  baloncesto en cadeira.
  • Fase de historias de superación: a xornada rematou cunha recollida de impresións conxunta sobre as dificultades observadas, o goce da xornada e a concienciación e recolleita de valores.

Queríamos mandar un saúdo a todo o equipo que visitou o noso centro e que nos regalou esta marabillosa experiencia. Moitas grazas, en especial, aos dous deportistas Iván e Iago; grazas pola vosa colaboración pero sobre todo, grazas por deixarnos coñecer máis sobre as vosas historias persoais e de superación, sodes un exemplo a seguir.

Hai máis fotos na galería.

 

               

               

Xogos e castañas en Galán

Hoxe celebramos o Magosto no colexio... Houbo xogos en Infantil e Primaria e degustación de castañas durante o recreo. Podedes ver no vídeo o ben que o pasamos!

Semana dos peóns

Dende o noso centro contribuiremos á conservación e recuperación de actividades lúdicas tradicionais.

Dende a clase de Educación Física realizaranse xogos e actividades con peóns.

Á hora do recreo as nenas e nenos do colexio poderán practicar e demostrar as súas habilidades co peón.

Arquivo de actividades aportado por Brinquedia ( Rede Galega de Xogo Tradicional)

Día da PAZ

Curso 2010-2011

O vindeiro venres 28 celebraremos o Día da PAZ.

No centro temos programadas diversas actividades, entre elas unha carreira pola Paz que todos os anos promove "Save the children", para concienciar aos escolares de miles de centros en toda España sobre as inxustizas que se dan no mundo con respecto aos dereitos dos nenos e as nenas.

Distribuir contido


by Dr. Radut