Skip to Content

PROXECTO ENKI

O pasado venres 16 de decembro o alumnado de 6º de Primaria participamos nun proxecto de sensibilización que achega o deporte adaptado como medio de integración e que se está a traballar dende o Concello de Arteixo, Repsol e a Fundación Abrente: "O PROXECTO ENKI". Gustaríanos compartir a nosa experiencia.

A xornada tivo unha duración aproximada dunha hora e media e levouse a cabo no pavillón do noso colexio. A actividade desenvolveuse en tres fases, coa participación de deportistas con diversidade funcional de recoñecido prestixio: Ángel López Fernández e Iván Montero Ferreiro.

  • Fase de apertura da xornada: explicación e presentación sobre a diversidade funcional e como o deporte actúa como medio de integración social. Coñecemos o deporte adaptado?
  • Fase de actividades deportivas e circuítos "Ponte no seu lugar":aprendemos a empatizar coas persoas con diversidade funcional, comprobando por nós mesmos/as as dificultades que poden existir de accesibilidade no medio. Realizáronse rotacións duns vinte minutos polas diferentes actividades: circuíto en cadeira de rodas, handbikes de competición e paseo, fútbol a cegas e  baloncesto en cadeira.
  • Fase de historias de superación: a xornada rematou cunha recollida de impresións conxunta sobre as dificultades observadas, o goce da xornada e a concienciación e recolleita de valores.

Queríamos mandar un saúdo a todo o equipo que visitou o noso centro e que nos regalou esta marabillosa experiencia. Moitas grazas, en especial, aos dous deportistas Iván e Iago; grazas pola vosa colaboración pero sobre todo, grazas por deixarnos coñecer máis sobre as vosas historias persoais e de superación, sodes un exemplo a seguir.

Hai máis fotos na galería.

 

               

               



page | by Dr. Radut