Skip to Content

E-DIXGAL

Proxecto E-dixgal

PROXECTO E-DIXGAL. SERVIZO PREMIUM DE ATENCIÓN E SOPORTE.

Servizo Premium

O contacto co Servizo Premiun pódese facer durante as 24 horas do día a través do número de teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es.

E-DIXGAL. Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA)

O proxecto de educación dixital EDIXGAL proporciona, aos centros educativos a posibilidade de presentar un proxecto integral para a incorporación de materiais dixitais en todas as materias. A administración ofrece o seu apoio en forma de, por unha banda, un entorno virtual de aprendizaxe, e por outra, coa provisión de materiais dixitais en formato, no seu caso, de libros dixitais.

 

Curso 2019-2020

Dotación de portátiles HP ao alumnado de nova incorporación ao proxecto, 5º de Primaria.

Curso 2018/2019

Familias e alumnado conta cun servizo e soporte técnico nas súas casas. Soporte Premium.

Editoriais da plataforma: Netex, Edebé e Planeta.

Curso 2017/2018

Durante os meses de  marzo e abril de 2018 entregaronse os portátiles HP substituíndo aos netbooks existentes. Alumnado de 5º e de 6º.

Curso 2016/2017

O venres 3 de marzo recibimos os novos netbooks E-Dixgal para substituír os antigos.

Continuidade nos niveis de 5º e 6º.

Curso 2015/2016

Participan os cursos de 5º e 6º no Proxecto.

Curso 2014/2015

Dende o mes de setembro de 2014 o alumnado de 5º de Primaria do noso centro participa no proxecto E-DIXGAL (implantación do libro dixital nos centros educativos).

Trátase de suprimir o libro de texto impreso e utilizar libros dixitais. Ante todo, aplícanse métodos interactivos.

A acollida por parte do alumnado foi boa; adaptándose rapidamente ao novo sistema.

Estes libros ofrecen diferentes posibilidades á hora de ampliar temas e de realizar consultas a ligazóns externas.

Na Galería hai fotos das diferentes aulas de 5º.

Para saber máis detalles sobre dito proxecto, premede na imaxe.

                                    E-DIXGAL

Distribuir contido


by Dr. Radut