Skip to Content

VOZ NATURA

PROXECTO VOZ NATURA 2023-2024

PARTICIPAMOS EN VOZ NATURA NO CURSO 2023-2024

Listaxe de centros participantes. Pica  AQUÍ

O noso proxecto é  A CONTORNA DE GALÁN. 

 

A ALFOMBRA FLORAL DE GALÁN

Moitas grazas pola participación de todos os niveis, alumnado e profesorado!

A NOSA HORTA. COMEZAMOS COA PLANTACIÓN

 

Antes de plantar preparamos a terra, dividímola en parcelas para cada curso, e este é o resultado.

Moitas grazas á Isabel por deixárnola asi de ben. Xa plantamos as leitugas!

 

VOZ NATURA

VOZ NATURA 2022-2023

O proxecto ambiental, Somos Natureza, que presentamos para o Programa Voz Natura 2022-2023 foi definitivamente seleccionado.

21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

O luns 21 de marzo celebramos o Día da Árbore cunha actividade programada polo equipo de Voz Natura do centro para o alumnado de sexto de educación primaria.

Este curso participarán na plantación dunha árbore como recordo da fin da etapa de primaria e como " pegada " do seu paso polo centro.

Cabe a posibilidade que A Voz de Galicia nos publique a noticia no seu xornal dentro da sección de Voz Natura.

O 21 de marzo celébrase o Día Internacional dos Bosques 2022 para concienciarnos da importancia dos bosques.

Voz Natura 2021-2022

HORTO E INVERNADOIRO

Un grupo de nais do centro están a axudarnos a poñer a punto o noso pequeno horto e o invernadoiro do colexio.

Moitísimas grazas!!

 

 
 

COMEZA O PERIODO DE PLANTACIÓN CON VOZ NATURA

 O alumnado  de 3ºB están a plantar pementos de Padrón.

 

 

O alumnado de 6º de Primaria plantou arandos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut