Skip to Content

21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

O luns 21 de marzo celebramos o Día da Árbore cunha actividade programada polo equipo de Voz Natura do centro para o alumnado de sexto de educación primaria.

Este curso participarán na plantación dunha árbore como recordo da fin da etapa de primaria e como " pegada " do seu paso polo centro.

Cabe a posibilidade que A Voz de Galicia nos publique a noticia no seu xornal dentro da sección de Voz Natura.

O 21 de marzo celébrase o Día Internacional dos Bosques 2022 para concienciarnos da importancia dos bosques.



page | by Dr. Radut