Skip to Content

Profesional, Reunións

REUNIÓNS COAS FAMILIAS INICIO DE CURSO

6 de setembro: 4º EDUCACIÓN INFANTIL

8  de setembro: 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

HORARIO: 10.00

11 de setembro: 5º e 6º  EDUCACIÓN INFANTIL

18 de setembro: 1º, 3º e 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

25 de setembro: 4º e  6º EDUCACIÓN PRIMARIA

HORARIO: 17.00 - 18.00

VI XORNADAS ARTEIXO INNOVACIÓN

Celebración do VI Encontro de Experiencias das Xornadas Arteixo Innovación no Centro Tecnolóxico.

Días: 12 e 13 de abril de 2023

O xoves 13 participaron os centros de Educación Infantil e Primaria.

Programa no adxunto

 

Os noso proxectos

  • Agrupación de centros educativos 2022: Centros participantes

CEIP ISIDRO ALMAZÁN DE GUADALAJARA

CEIP EDUARDO LUCENA DE CÓRDOBA

CEIP LOS VALLES DE LAGUNA DE DUERO - VALLADOLID

CEIP DE GALÁN  DE ARTEIXO- A CORUÑA

PROXECTO: ACTIVOS POR LA INCLUSIÓN

  • VIII Concurso de traballos por proxectos

Centro premiado co proxecto: Martiño e Testa, unha viaxe espæcial ( BiblioGalán)

  • PFPP. Plan de Formación Permanente do Profesorado

Implementación do Plan Dixital

A biblioteca escolar como laboratorio de aprendizaxes

  • Plan Dixital de centro
  • EduExchanges  intercambio en liña ( curso 2022-2023)

Intercambio de alumnos e alumnas de 6º con alumnado dun centro de Suecia

  • Arteixo Innovación

Proxecto no que o centro participa a través das actividades: mantemento e investimento

  • Proxecta +. Alimentando a inclusión no Galán

O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

A través da desgustación da froita, do leite e e as conservas, xunto co traballo que envolve todo ese proceso, e que se vai a  traballar nas aulas a distintos niveis no noso centro... traballaremos a importancia dunha alimentación sá de cara ao benestar físico, pero que indudablemente está relacionado co benestar emocional do individuo.

  • Clubs de lectura

Clubs de Lectura para alumnado, concretamente O Fantasy Club e Magic Club

Clubs de Lectura para o profesorado

  • AbalarMóbil

Aplicación de mensaxería do centro

  • FOGGA

Fondo Galego de Garantía Agraria, que subvenciona o reparto de froita de tempada e leite escolar ao alumnado.

  • Plan Director para a convivencia nos centros

O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

  • Voz Natura

Voz Natura é o programa de educación ambiental de La Voz de Galicia desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre desde o curso 1997/1998. O seu obxectivo é concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.

  • Seccións Bilingües

Este programa supón a organización do ensino dunha área ou materia non lingüística que se cursa dun xeito bilingüe nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira utilizada como mínimo durante o 50% do horario lectivo.

A Sección bilingüe é en Plástica en inglés nos cursos de 1º e 2º de educación primaria.

  • Auxiliares de conversa

Programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo prioritariamente nos Centros Plurilingües, Seccións Bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar o alumnado e profesorado á cultura do seu país.

Contamos con persoal auxiliar de conversa, este curso, de nacionalidade filipina.

  • E-Dixgal-EVA

Dende o ano 2010, vense desenvolvendo o Proxecto Abalar, coma unha iniciativa para transformar a aula tradicional nunha aula dixital, coa implicación de todas a comunidade educativa: pais, nais, titores/as legais, docentes, alumnado. Para conseguilo, Abalar proporciona aos centros e a comunidade educativa os seguintes elementos:

- A conectividade e o equipamento

- Os entornos virtuais de traballo e os contidos dixitais

- Accións de formación e difusión para docentes e familias

- Canles de participación a través de espazos webs, app e ferramentas; tanto para docentes como para familias.

 

CURRÍCULO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Distribuir contido


by Dr. Radut