Skip to Content

ACTIVOS POR LA INCLUSIÓN

O CEIP DE GALÁN VISITA O CEIP EDUARDO LUCENA DE CÓRDOBA

Agrupaciones Centros Educativos 2022-2024

O CEIP de Galán dentro da súa participación no programa do MEC, Agrupaciones Centros Educativos, iniciativa destinada a promover agrupacións de centros escolares de diferentes comunidades autónomas e que se está a desenvolver nos cursos académicos 2022-2023, 2023-2024, co nome " Activos por la Inclusión", viaxou a Córdoba do 21 ao 26 de abril de 2024 para que o alumnado de sexto de educación primaria do CEIP de Galán e do CEIP Eduardo Lucena de Córdoba participara en xornadas de convivencia e interralacionara entre si.

Na visita, o alumnado dos dous colexios participou nunha xornada de deporte inclusivo dirixido por alumnado da Universidade de Córdoba e nunha ruta de sendeirismo polos arredores de Córdoba. Ademais, durante os cinco días da viaxe, o alumnado aproveitou para coñecer os monumentos máis importantes da cidade como a Mezquita-Catedral, a Xudería, a Ponte Romana, os patios cordobeses e o Alcázarar dos Reis Cristianos, así como dun tempo de lecer nas magníficas instalacións do Albergue Xuvenil do Cerro Muriano. Máis alá da cidade de Córdoba, visitaron o Castelo de Almodóvar e o Museo do Cobre no Cerro Muriano.

Durante o traxecto de ida e volta poideron coñecer, a través de visitas guiadas, cidades como Cáceres, Mérida e Salamanca, cidades Patrimonio da Humanidade.

Unha viaxe cun compoñente cultural moi importante, pero sobre todo de enriquecemento persoal a todos os niveis, obxectivo perseguido dende todos os axentes educativos implicados neste proxecto, profesorado participante, familias e o propio alumnado. Foi unha experiencia inolvidable!

Unha mención especial, para rematar este resumo da visita,  de agradecemento a todas as familias do alumnado de sexto pola súa colaboración, pola confianza depositada e sobre todo polas súas palabras de gratitude amosadas. Un agradecemento tamén á ANPA Manuel Murguía do noso centro pola súa participación e apoio neste proxecto.

Aviso: contamos con moitas fotografías, algunhas tomadas polas propias alumnas e polos alumnos, que temos que seleccionar para publicar na Galería desta páxina. Enviarase un Abalar cando as publiquemos.

ADACECO VISITA GALÁN

Este venres 1 de marzo visitáronnos do centro ADACECO (Asociación de Dano Cerebral da a Coruña)

dentro das actividades do noso proxecto de Agrupación de Centros do MEC “Activos por la inclusión”.

Unha psicóloga, unha terapeuta ocupacional e unha fisioterapeuta explicáronnos o que é o dano cerebral

adquirido e as 3 efes fundamentais de alerta para un recoñecemento rápido de dano cerebral, ao alumnado

de 1.º e 2.º de Primaria.

Ademais, os nosos nenos e nenas tiveron a oportunidade de vivenciar de primeira man as dificultades ás

que se enfrontan as persoas con dano cerebral adquirido, dende como abrir unha botella de auga a poñerse

un calcetín...

Non só aprendemos, senón que foi moi divertido… Marta, Lucía e Pili, moitas grazas!!

 

 

FORMACIÓN INTERCENTROS. AGRUPACIÓN DE CENTROS 2022/2024

luns 19 de febreiro o CEIP Los Valles de Laguna de Duero, impartirá o curso  “Inclusión del alumnado que presenta barreras a través de las TIC”, enmarcado dentro da formación intercentros da Agrupación de Centros.

Será de maneira telemática e aberto a todo o profesorado do centro.

Foto de arquivo, formación intercentros

 

ENTREGA DA CESTA DE NADAL!

Entregamos a cesta de Nadal ao número premiado. Aquí vos deixamos unha imaxe.

OS NOSOS PARABÉNS!

 

UNHA VISITA MOI ESPECIAL!!! Coñecemos os comezos de Galán!

A visita dunha mestra.
O pasado mércores 13 de decembro, contamos coa visita de Raquel Vilar Vázquez, unha mestra que estivo no CEIP de Galán ao longo de nin máis nin menos que 35 anos dos 42 anos cos que conta o noso centro. Raquel, coñece de primeira man os comezos do noso colexio e a súa historia.
Tivemos a sorte de coñecer como era o noso colexio ao principio, sen pavillón, sen ordenadores, con máis de 800 alumnos e alumnas…. E outras anécdotas como cando en outubro do ano 1984, co ciclón Hortensia, voou o tellado de uralita do colexio….
A actividade foi dirixida  ao alumnado de 5º de Primaria,  relacionada co ODS nº 4 da Axenda 2030  que se está a traballar ao longo deste curso neste nivel e tamén dentro dos obxectivos enmarcados dentro da Agrupación de Centros Escolares “Activos por la inclusión” á que pertence o noso colexio.
Temos que agradecer a Raquel que volvese ao cole, como tantas veces fixo ao longo de todos esos 35 anos da súa vida profesional, a contarnos a súa experiencia. Foi unha visita moi especial!

Moitísimas grazas, Raquel!

 

 

VÍDEO DA AGRUPACIÓN DE CENTROS

Na seguinte ligazón da web Agrupación de Centros, celebrando o Día Internacional das persoas con discapacidade, podedes ver un bonito vídeo da canción: "Soy igual que tú" de Nati Baldominos.

Elaboración dos catro centros.

Está ubicado en Proyectos Comunes despois do PADLET. Esperamos que vos guste!!!

 

REVISTA ESCOLAR INCLUSIVA

PUBLICACIÓN DA REVISTA INCLUSIVA. AQUÍ

ACTIVOS POR LA INCLUSIÓN. AGRUPACIÓN DE CENTROS

El CEIP de Galán  participa en el programa del MEC, agrupaciones de centros educativos 2022. Esta iniciativa está destinada a promover a agrupaciones de centros de diferentes comunidades autónomas. El objetivo es diseñar y poner en práctica proyectos comunes que favorezcan la educación inclusiva y la innovación educativa.

Este programa que se desenvuelve a lo largo del curso académico 2022-23 y 2023-24  y lleva por nombre “Activos por la Inclusión”.

El CEIP de Galán de Oseiro (Arteixo), recibió la visita de profesorado de los colegios participantes:

CEIP Isidro Almazán (Guadalajara)

CEIP Eduardo Lucena (Córdoba)

CEIP Los Valles de Laguna de Duero (Valladolid).

 

La visita de estos docentes a Arteixo tenía como objetivo enriquecerse y vivenciar la puesta en práctica de las actuaciones del CEIP de Galán para hacer una observación directa de las líneas de actuación establecidas del centro y recoger las ideas y dinámicas vinculadas con el proyecto, a la vez que visitan y conocen el entorno cultural.

Entre los principales objetivos de esta agrupación de centros es el estableciendo de un marco de actuación que permita crear redes colaborativas intercentros que supongan un enriquecimiento de la práctica docente y el desarrollo de medidas de actuación conjuntas.

De vital importancia es impulsar dinámicas de coordinación intercentros que tengan un impacto directo en la Comunidad Escolar, fomentar e impulsar los intercambios comunicativos del profesorado y el alumnado de ambos centros  y, visibilizar y sensibilizar sobre la diversidad funcional y la diferencia. Promoviendo la creación de una cultura inclusiva en la que se contemple la diversidad como factor enriquecedor y se establezca el respeto a la diferencia.


Todas las actuaciones dentro del proyecto están ideadas para la participación efectiva de todo el alumnado en igualdad de oportunidades, y durante esta visita contamos con la colaboración, implicación y apoyo de las familias, con la implicación de la comunidad educativa (profesorado, ANPA y familias), así como las colaboraciones con la Universidad de A Coruña, la ONCE, con ENKI y el  Ayuntamiento de Arteixo.

Desde el CEIP de Galán creemos en la inclusión y que esta debe formar parte de nuestra formación de manera prioritaria para el enriquecimiento personal, cultural y   formativo de nuestro alumnado.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut