Skip to Content

ACTIVOS POR LA INCLUSIÓN

INFORMACIÓN Á COMUNIDADE EDUCATIVA. AGRUPACIÓN DE CENTROS

AGRUPACIÓN DE CENTROS: ACTIVOS POR LA INCLUSIÓN

1.       Descrición do proxecto

O proxecto de activos pola inclusión, como o seu nome di, consiste en traballar de maneira activa todos os aspectos posibles de cara a unha inclusión efectiva, real e eficaz.

Agrupámonos catro centros de España para desenvolver o proxecto de maneira común e coordinada:

CEIP ISIDRO ALMAZÁN de Guadalajara ( centro coordinador)

CEIP EDUARDO LUCENA de  Córdoba

CEIP LOS VALLES de  Laguna de Duero ( Valladolid)

CEIP de GALÁN de Arteixo ( A Coruña)

A inclusión potenciarase coa aprendizaxe e a relación con outros centros educativos agrupados para o mesmo fin. Pretendemos unha formación integral do alumnado, baseándonos na información e formación. O desenvolvemento do proxecto é ao longo de dous cursos

2.      Proxectos na web.

Os proxectos están expostos na web do centro e publicarase todo o relacionado co seu desenvolvemento.

3.      Actividades

Realizáronse diferentes actividades neste primeiro trimestre.

Dende o mes de outubro, o profesorado de distintos niveis estivo traballando co seu alumnado actividades que estaban programadas para o primeiro trimestre e outras que foron xurdindo de aportacións do profesorado e doutros estamentos públicos que se están sumando a participar.

· Sensibilización coa deficiencia visual

Traballouse de maneira prioritaria en cuarto de educación primaria.

Mural feito polo alumnado no que aparece o alfabeto braille no seu corredor.

Xornadas de sensibilización táctil.

Aprenderon a poñer o nome en braille. Primeiros, segundos e cuartos.

· Canción tradicional adaptada

O alumnado de terceiro traballará una canción tradicional cun xogo e co uso da lingua de signos.

· Sensibilización coa deficiencia auditiva

Contamos coa visita dun mestre con implante coclear, o venres día 18 de novembro que veu dar unha charla a todo o alumnado de primaria, explicando o que é un implante coclear e a súa experiencia.

· Inclusión de alumnado con dano cerebral

O 26 de outubro recibimos a dúas traballadoras da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) que nos trouxeron unha historia na que Mireia, dos Bolechas, conta as principais características do dano cerebral adquirido.

     · Bo día

Dende a megafonía do centro estívose escoitando a música do saúdo en diferentes idiomas. Todo o alumnado do colexio aprendeu a signar o bo día.

· Club de lectura do profesorado

O profesorado participante levará a cabo a lectura de Fun Home de Alison Bechdel, unha novela que conta as memorias dunha familia americana, lectura directamente relacionada coa diversidade afectivo - sexual.

       . Club de lectura do alumnado

Tamén se puxeron en marcha dous clubs de lectura entre o alumnado de sexto, con libros relacionados coa inclusión.

4.     Actividades previstas proximamente

·  Encontros cursos 2022-2023 e 2023-2024

Encontros de distintos centros participantes ao longo dos dous cursos para intercambio de experiencias e formación.

·Desprazamento de alumnado

O alumnado de 6º de primaria ( actualmente en 5º) visitará o CEIP Eduardo Lucena de Córdoba en xuño de 2024 para coñecer e visitar o centro educativo, coñecer os alumnos e as alumnas cos que estiveron intercambiando experiencias no transcurso do proxecto, á vez que visitan e coñecen a contorna cultural. Irán acompañados de profesorado do centro.

O alumnado do CEIP Los Valles de Laguna de Duero de Valladolid visitará o noso centro en abril de 2024. Durante a súa visita realizarán distintas actividades: convivencias co noso alumnado, visita guiada do centro educativo, talleres, mostra de actuacións, visita por Arteixo e a lugares de interese da Coruña.

·  Formación intercentros para o profesorado

1. Descansos activos en xaneiro, desde Guadalajara. A maiores nos proporcionarán a posibilidade de formación en “Escuelas visuales”

2. Patios inclusivos, desde Córdoba.

3. Dificultades auditivas en marzo, desde Oseiro-Arteixo.

4   Inclusión coas tics, desde Laguna de Duero.

5.      Dúbidas

Para calquera dúbida, suxerencia ou aportación que teñades, podedes poñervos en contacto a través do correo: agrupacioncentros.ceipgalan@edu.xunta.gal

 

Oseiro, 16 de decembro de 2022

O equipo directivo

PROYECTO DE CENTRO. ACTIVOS POR LA INCLUSIÓN

PROYECTO COMÚN. ACTIVOS POR LA INCLUSIÓN

AGRUPACIÓN DE CENTROS EDUCATIVOS 2022

O venres día 14 de outubro o CEIP de Galán foi admitido para participar no programa do MEC “agrupación de centros educativos”, destinado a promover agrupacións de centros educativos de diferentes comunidades autónomas, para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva e a innovación educativa.

Este programa desenvolverase ao longo dos cursos académicos 2022-2023 e 2023-2024.

“Activos por la inclusión”, é o título do proxecto no que participan xunto co CEIP de Galán, os colexios CEIP Isidro Almazán de Guadalajara, o CEIP Eduardo Lucena de Córdoba e o CEIP Los Valles de Laguna de Duero (Valladolid).

Tal e como o seu nome indica, este proxecto xira arredor da inclusión como obxetivo prioritario establecendo relacións colaborativas intercentros que propician experiencias educativas que van máis alá da simple adquisición de coñecementos.

Coas prácticas deportivas inclusivas, o coñecemento das tradicións e a expresión artística, configurarase un escenario educativo que ensalza valores como a aceptación e a empatía, posibilitando a participación de todos,  independentemente das súas características.

Desta maneira pretendemos a visibilización e sensibilización sobre a diversidade funcional, ao mesmo tempo que se promove a creación dunha cultura inclusiva na que se estableza de maneira natural o respeto á diferenza.

 

Enlace: Resoluciónde la Secretaría de Estado de Educación por la que seconceden ayudasdestinadas a promover agrupaciones de centros educativos para la realización y puesta en práctica de proyectos comunesque favorezcan laeducacióninclusivayla innovacióneducativa. Convocatoria 2022

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut