Skip to Content

ANPA

AGRADECEMENTO A ANPA MANUEL MURGUÍA

O CEIP de Galán manifesta o seu agradecemento a ANPA do centro pola súa colaboración na visita a Córdoba na semana do 21 ao 26 de abril de 2024.

A ANPA entregou unha gorra para levar na visita a cada alumna e a cada alumno de sexto. O profesorado tamén recibiu unha.

Moitísimas grazas!

COMUNICADO ANPA. RECOLLIDA DE ACEITE

Nova directiva da ANPA

Nova directiva da ANPA do centro, decembro de 2022

Presidenta: Paula Mª Corral Zas.

Vicepresidente: Raimundo Neira Martinez.

Secretaria: Maria Recarey Gómez

Tesoureira: Adriana Torres Fructuoso.

Vogal: Patricia Barbeito Rodríguez

Vogal: María del Mar Rey Martínez

Vogal: Diego Álvarez Penedo.

 

 

V Recollida Solidaria de Alimentos

O CEIP de Galán colabora coa Asociación O Grilo na Recollida Solidaria de Alimentos que organizan nas vésperas do Nadal en beneficio do Banco de Alimentos Rías Altas.
Desde o mércores 15 ata o luns 20 haberá unhas caixas solidarias no centro para que poidades facer a vosa aportación da man das nenas e nenos, se así o queredes.
Moitísimas grazas pola vosa solidariedade!

26 DE NOVEMBRO, MAXIA POLA IGUALDADE

O 26 de novembro levouse a cabo a actividade, Maxia pola Igualdade, actividade organizada pola ANPA do noso centro dirixida ao alumnado de educación infantil.

Moitas grazas pola maxia!

Actividade da ANPA: Magosto o día 19 de novembro

PICADE AQUÍ PARA VER O DÍPTICO

Xornada de formación para as familias

Estimadas familias,

tedes unha actividade da ANPA do centro, unha xornada que leva por título, Formación sobre diversidade afectivo-sexual e familiar. Será o vindeiro xoves día 11 de novembro.

Picade aquí para ver toda a información. A inscrición é no correo electrónico da ANPA.

Moitas grazas.

O equipo directivo

A ANPA MANUEL MURGUÍA ENTREGA MÁSCARAS POLA IGUALDADE

A ANPA fará entrega no centro de máscaras pola igualdade para repartir ao alumnado de E. Primaria, material de difusión elaborado no marco do proxecto de promoción da igualdade entre homes e mulleres das ANPAs do CEIP Galán, IES Pastoriza, EI Barrionovo e EI de Larín (subvención concedida pola Secretaría Xeral de Igualdade con Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero).

Cando se fará entrega ao alumnado?  O venres día 18 de decembro.

Moitas grazas pola colaboración!

Características técnicas das máscaras. Nos adxuntos.
 
 
 

COEDUCACION EMOCIONAL PARA AS FAMILIAS. OBRADOIRO EN LIÑA. ORGANIZA ANPA MANUEL MURGUÍA

VÍDEO PARA OS NENOS E NENAS DE GALÁN

A partir de hoxe día 26 de abril xa podedes saír a dar uns  pequenos paseos. Deixámosvos un vídeo explicativo.

Sodes todos os nenos e nenas uns campións por estar tanto tempo nas casas e por riba traballando.

 

Un aplauso do voso profesorado! Ánimo.

Distribuir contido


by Dr. Radut